20070403

A Planta de Gas de Mugardos e a navegación de buques gaseros pola Ría de Ferrol: presentación do Fundamento 3º

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de Abril de 2007 10:26
Asunto: A PLANTA DE GAS DE FERROL E A NAVEGACION DOS BUQUES GASEROS POLA RÍA



A PLANTA DE GAS DE FERROL E A NAVEGACION DOS BUQUES GASEROS POLA RÍA

www.f-cape.org, blog opositor á ubicación da planta de Gas Natural Licuado dentro de Ría de Ferrol

ROGAMOS A MAXIMA DIFUSION A PERSOAS e ORGANISMOS INTERESADOS. Grazas.

Olá de novo:

Tal como prometeramos, enviamos o FUNDAMENTO 3º (Arquivo achego) que invalida técnica e legalmente a ubicación da planta que está construíndo REGANOSA na ría de Ferrol ( Galiza - España )

Os dous FUNDAMENTOS enviados anteriormente corresponden a:

FUNDAMENTO 1º - NON CUMPRE CO R.A.M.I.N.P (Reglamento de Actividades Molestas Insalubres Nocivas e Perigosas)

FUNDAMENTO 2º - NON CUMPRE CO R.D. 6 / 2001 SOBRE EVALUACION DE IMPACTO AMBIENTAL

Hoxe enviamos o FUNDAMENTO 3º sobre a imposibilidad de navegación dos buques gaseros na súa saída a alta mar en caso de urxencia. Se algunha persoa desexa recibir os Fundamentos 1º e 2º, rogámoslles solicítennolos a. ferrol-cape@gmail.com. Tamén se poden ler en ; www.f-cape.org

Canto máis analizamos este "caso" máis escandalosa vemos a decisión de situala dentro de ríaa de Ferrol. Debemos recordar a algunhas "persoas" que os países democráticos e europeos réxense por directivas e leis propias de cada país e que non vale a forza dos votos nin a do poder económico e nin sequera o engano nin o chantaje á cidadanía para chegar a cabo, pola forza política e a estratexia de feitos consumados, un quebranto moi grave dos dereitos da cidadanía e por suposto en confrontación coa Constitución española. Este tipo de actuación corresponde a países de moi baixa calidade democrática e impropia dun estado de dereito.

Non nos cabe nin a máis mínima dúbida que os xuíces van impedir o funcionamento desta planta . Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS. Os comentarios pódense facer en ferrol.cape@gmail.com
Ao final desta serie de FUNDAMENTOS publicaremos unha ALTERNATIVA TECNICA á planta de Gas de Mugardos que permita recibir GAS NATURAL para o consumo dos Ciclos Combinados de Galicia sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseros e cun moi baixo custo económico, ambiental e sen riscos para a poboación.

Rogamos aos profesores universitarios de Sociología e Dereito que analicen detidamente este "caso" pois nel atoparán traballo de campo suficiente para unha tese doctoral. Estamos á vosa disposición.

Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org
¡NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!

Realiza: Colectivo universitario opositor á planta de GNL dentro de Ría de Ferrol.

Enlace co Fundamento 3º nos Arquivos Ártabros

_____________________

Um comentário:

Santolo disse...

A os pechados no Concello de Mugardos

Esta tríada non pretende ofender a colectivos non implicados directamente na posición favorable a Planta de Gas en Mugardos.



Xa no século pasado:
primeiro coa forestal
logo o desgasificado

foron coméndolle o mar
despois coméronlle a terra
e pa poderse fartar

hortas, casas e camiños
(mesa de luxo e mantel)
queren comelos veciños.


Que loita máis desigual
David se encarna en Mehá
Goliat en capital:

Atacan por estribor
Tojeiro , Caixa , Fenosa
Xunta e Concello a babor

Veñen como formigas,
os amigos do poder
recrutan bandas amigas,


Súmanse a eles cegos,
mudos, oportunistas,
políticos, civís e cregos

Xuíces e avogados,
os que se deixan levar,
e os que levan os deixados.

Santos de última hora
que camiñan baixo palio
revolución a deshora

que fan do nacionalismo
a terra como bandeira
a bandeira do arribismo

da nazón de Breogán
a nazón dos poderosos
deixando os probes sen chan

e que bos e xenerosos
son os que teñen cartos
e os demais son revoltosos

os que creando partido,
¿independente de quen?,
déronlle a vida sentido

No ameto municipal
fan defensa do inimigo.
fariña doutro costal.


Os amigos do armador
levan bandeira pirata
e piratas no motor

Mentres na nosa chalana
que só pretende ser bote
A luz marina se afana:

Primeiro en mantela a flote
e despois vendo o xigante
confiándose na sorte

Intenta arribar a porto
camiño dos carabés
e alí cheiraba a morte

pon proa a Escalerilla
e non se puido acercar
pois mandaba “Pancho Villa”

(segundo un empregado,
con acento canadense,
e con cara de apampado)

¡Cara a Punta Promontoiro!,
berrou sinalando a Rampla,
¡Bágoas de mal agoiro!

Xa nos roubaran as pedras
As pedras da no nosa infancia
Hai tanques en vez de hedras

Pasamos polo Loureiro,
Esteirón, Punta de Cotos
I enfronte o Galiñeiro

Na rica entrada da Barca,
Onde naceu o marisco
Alí onde o mar se acaba

Varou a nosa chalana
(xa tiña pinta de dorna)
i empezamos esta andaina:

Cañota, Eira, Cardido,
O Penedo, e A Predeira
Penela, Casilla, rilo,

Areosa e os casás
Fontenova, Fontegrande
Fieiteiras e os Corzás

Fomos gañando unidades
Decenas, incluso centos,
Convictos, sen vaguidades.

Recluídos no concello
Mentres chegan os reforzos
Pensaba en voz alta un vello:

Amigos de Breogán:
cando a nosa voz pregoa
os bos, ¿ónde estarán?.

Onde están os xenerosos
dos que falaba Pondal
¿serán estes poderosos?

De verdade, ¿quenes son?.
A nosa voz non entenden
nin o noso ronco son

Son imbéciles e escuros,
aínda que non iñorantes,
si son féridos e duros.


Mentres dorme tranquilo
o corazón de Mugardos
comen no Pazo de Rilo

os “capos” de Reganosa
as “panzas agradecidas”
xerifaltes de Fenosa.


Pensaba o vello en voz alta:
se os ricos están xuntos
nesta loita, ¿quen nos falta?.

Enfronte témolos pillos.
Se nos témola razón
envíanos os teus fillos,

Se fuches pai Breogán,
e miras desde o Penedo
a enorme planta de gas

Te esperamos no concello…
Suma os teus achegados,
seguía pensando o vello,

A os veciños de Mehá,
súmaos a nosa causa
e cumprido fin terán.




Stlalvarellos.