20071007

O caso Brindis en Italia: segundo a axencia Reuters, o goberno italiano deroga o decreto de aprobación da planta de gas

O CASO BRINDISI (ITALIA)

En Italia, os rexeitamentos as plántas regasificadoras propostas a situar en zonas próximas a poboacións agrupadas sucédense, como na ría de Ferrol, desde hai varios anos. Unha planta de almacenaxe e regasificación de Gas Natural Licuado (GNL) que se proxectaba instalar próxima a Monfalcone (Triestre), no Golfo de Venecia, norte do Mar Adriático, foi rexeitada pola poboación mediante referendo popular por un 62% de votos en contra. Era o ano 1996.

Pouco despois no ano 2001, a compañía británica British Gas e a italiana Enel Trade propón situar outra planta no porto de Brindisi, en Capo Bianco, nunha zona no exterior do porto principal de pasaxe. O concello de Brindisi e asociacións de ecoloxistas comezan unha fortísima campaña en contra da planta porque a consideran daniña ecoloxicamente, perigosa e contraproducente para o turismo moi importante desta cidade.

Logo dunha lenta xestión coas autoridades centrais e vendo que os "papeis" non se movían Tony Blair coméntalle a Berlusconi a conveniencia de axilizar "os permisos", (como sucedeu na planta da Ría de Ferrol). Conseguen a autorización de construción a finais do 2002 e con data de comezo das obras a principios do ano 2004. As asociacións de veciños, culturais, partidos políticos, etc, recorren esta autorización. As autoridades provinciais súmanse á oposición á planta de GNL en agosto de 2004. As primeiras denuncias envíanse a Europa en xaneiro do 2005 e en febreiro do mesmo ano ao goberno central.

Enel Trade, vendo o curso dos acontecementos, cede por fin a British Gas (BG) o seu 50% o 17 de xaneiro do ano 2005 (cando comezan as queixas en Europa). Coméntase no sector que British Gas creu que sen Enel Trade a construción da planta aceleraríase.

Un ano despois recoñécese que a autorización da planta violou leis italianas así como directivas europeas, en concreto : A Directiva 97/11/EC sobre Avaliación de Impacto Ambiental (Non se realizou) e a Directiva 96/82/EC - sobre Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas, tamén coñecida como -Lei Seveso II- (Non se aplicou, en especial o artigo 12 e o 13 sobre "ordenación do territorio e consulta á poboación", ademais os pescadores da ría de Brindisi opuxéronse á vertedura da auga de mar impregnada con hipoclorito sódico. Nesta planta de gas natural de Brindisi vemos unha concordancia de ilegalidades con respecto á de Mugardos.

En paralelo leva unha investigación policial co resultado de arresto, baixo sospeita de SUBORNO, das seguintes persoas relacionadas co proxecto:
  • Presidente de Bristish Gas de Italia, Franco Fazio

  • Dous directivos anteriores de BG, Fabio Fontana e Yvonne Barton

  • O anterior alcalde de Brindisi, Giovanni Antonini

  • Luca Scagliarini un home de negocios de Brindisi
Hai outras 27 persoas baixo sospeita e en proceso de investigación. Ademais precíntase a planta por orde xudicial.

Hai uns tres meses, o Ministro de Medio de Italia informa da súa solicitude de cancelación da autorización desta planta ao Ministro de Desenvolvemento Económico e convoca unha reunión sobre este asunto co ministro anterior, co alcalde actual de Brindisi e autoridades da rexión de Puglia.

En novembro pasado Tony Blair queixouse a Romano Prodi de que os traballos da planta se "demoraran innecesariamente". Prodi comentoulle o da oposición á planta e que non podía soslaiar ás autoridades locais e provinciais, e menos á xustiza. [Os opositores xa coñecían o interese de Tony Blair por esta regasificadora, pois son moi comentadas as súas conversacións con Silvio Berlusconi. De feito as asociacións opositoras á planta enviáronlle unha carta a Blair suxeríndolle que a colocaseno Támesis a lado de Westminster ou o London Bridge e recórdalle que Brindisi non é Súan, India ou Exipto).

Ademais a planta de gas natural licuado da Ría de Ferrol ten un grave inconveniente para poder partir o gasero en caso de emerxencia. Non se entende como o Ministro de Fomento Sr. Alvarez Cascos emite unha orde ministerial o 10 de maio de 2001, argumentando a ocupación urxente de terreos para comezar as obras do porto exterior de Ferrol porque "A CANLE DE ENTRADA NA RIA É PERIGOSA" e logo tres anos máis tarde INFORMAN FAVORABLEMENTE sobre a entrada e saída de buques gaseros polo mesmo canle.

Non se entende como o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol informa no ano 2001 da obrigatoriedade da norma UNE NE 1532 sobre saída á mar de buques gaseros en caso de emerxencia, para a aprobación previa e con todo no ano 2004 o novo presidente da mesma Autoridade Portuaria de Ferrol Sr. Angel do Real Gamundi, coñecido por ser o capitán marítimo da Coruña cando o Prestige, NON INCLÚE esta norma de NE 1532 , de obrigado cumprimento, entre outras 20 condicións que impón, para INFORMAR FAVORABLEMENTE no momento de aprobación para a construción da planta.

Recordamos aos lectores, fiscais, xornalistas e avogados das asociacións de veciños que os incumprimentos que, de momento, vanse a suceder na planta de Mugardos se chegase a emitirse o Acta de funcionamento da mesma son os seguintes:

  • Zona de exclusión térmica ao redor da planta. Imposible de cumprir, segundo norma UNE NE 1473 , NFPA 59 A e Decreto 2414/ 1961. (RAMINP).

  • Imposibilidade de cumprir coa norma UNE NE 1532, sobre saída do gasero á mar en caso de urxencia e co dimensionamiento da canle de acceso á ría de Ferrol segundo as recomendacións do boletín nº 14 da SIGTTO (Sociedade internacional de armadores de buques gaseros e operadores de terminais de GNL).

  • R.D. 9 / 2.000 (Directiva 97/11/EC) sobre Avaliación de Impacto Ambiental. Non se realizou.

  • R.D.1254 / 1999 (Directiva 96/82/EC ? Lei Seveso II?). Non se seguiu en canto á ?política de asignación do chan?. Os veciños non foron consultados.

Onte 6 de outubro e segundo a axencia Reuters, o goberno italiano derroga o decreto de aprobación da planta de gas. Triunfou alí a legalidade, o rigor político e os dereitos dos cidadáns. Aquí en Galicia, ...

Máis información:

http://www.agitproponline.com/
http://en.wikipedia.org/wiki/BG_Group
http://business.guardian.co.uk/
http://www.brindisitg24.it/
http://www.planetark.com/
http://investing.reuters.co.uk/
_________

Nenhum comentário: