20071220

Texto integro das Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no Porto Exterior de Ferrol

AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL


VÍCTOR LEDO SUÁREZ, Coordinador local de Esquerda Unida-IU de Ferrol, con DNI *, e enderezo a efectos de notificacións R/ Sol 124 entrechán esq. de Ferrol, ante vostede comparece e EXPÓN:

Que estando aberto o trámite de alegacións ao outorgamento de licencia de obras e de apertura ao Proxecto de Construcción dunha Planta de Producción de Biodiesel que ten como promotora á Empresa Infinita Renovables S.A., en tempo e forma, presenta as seguintes

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA.- A industria en cuestión está incluida dentro das actividades reguladas no Decreto 2414/1961, de 30 de novembro (RAMINP). Polo tanto, debe cumprir as distancias mínimas que o dito regulamento establece en relación cos núcleos habitados máis próximas (Cariño, O Pieiro, Liñares, Espiño) non encontrándose no expediente xustificación algunha en relación para eximir do cumprimento da normativa.

O procedimento para a tramitación das licencias de apertura reguladas nos arts. 29 e ss. do RAMINP taxativos a tramitación debe realizarse cun período de información pública por 10 días, quen subscribe non ten documentación para acreditar que isto se realizara, polo que solicita, no caso de non terse realizado, a nulidade de procedimento. Esta información pública debe realizarse de xeito persoal aos veciños do emprazamento, consonte co art. 30.2 a) do RAMINP, e do que si en constancia é que esta información persoal non se realizou motivo mais que suficiente para declarar nulo ou anulable o procedimento.

O apartado d) do mesmo precepto indica que os técnicos municipais deben informar sobre a posibilidade da creaciónde efectos aditivos pola presencia de actividades análogas nas proximidades. No caso que nos ocupa non só existe unha empresa cunha actividade análoga senón que ten a mesma actividade. Pero, curiosamente e en términos de recurso, o técnico municipal no formulario para actividades, molestas, insalubres, nocivas e perigosas de data 23 de novembro de 2007 deixa en branco este apartado. Cando é obvio a presenza dunha instalación adicada á mesma actividade. Non pode pasarse por alto, ou deixar en branco, unha obriga legal deixando sen informar algo ao que por Lei temos dereito a coñecer os veciños e veciñas de Ferrol. Polo tanto, o procedimento debe ser declarado nulo ou anulable.

SEGUNDA.- Segundo a normativa ambiental existente, se vista como se vista, a Instalación que nos ocupa debe pasar polo control ambiental previo. Que en termos xurídicos non é outra cousa que o Procedimento de Avaliación Ambiental. Non se entende, en termos de recurso, como unha Planta que vai producir 300.000 Tn ao ano de combustible se lle exime da presentación do estudio ambiental e da conseguinte avaliación.

TERCEIRA.- A localización da Empresa non parece a máis axeitada nin por razóns ecolóxicas nin económicas. Respecto das primeiras porque atoparíase nas proximidades do LIC Costa Ártabra e xa que se lle exime do control ambiental e non se informa como legalmente procede deberíase aplicar o recoñecido principio do dereito ambiental de cautela.

En canto as segundas está claro que instalar unha industria desta natureza ocupará un espazo considerable dun dos futuros motores do noso Concello, o Porto Exterior. Dita infraestructura está pensada para o atraque e desembarco de cargas non como Polígono Industrial. Esta industria debería estar instalada nunha zona industrial e non nun Porto, o permitir instalar este tipo de industrias en solo público portuario non estamos velando polo interese xeral senón polos intereses económicos da propia empresa, xa que aforraría a consturción dun oleoducto, como así manifestou o Director Xeral de Infinita Renovables aos medios de comunicación o pasado 3 de novembro.

Polo exposto,

SOLICITO: Que teña por presentado este escrito, por formuladas as alegacións nel contidas, e proceda a declarar nulo ou anulable, consonte as mesmas, a licencia aquí recorrida.

Ferrrol, a 19 de decembro de 2007


Asdo. Víctor Ledo Suárez
______________

Información relacionada no Blog da PA21:

Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol e enlaces para documentación e lexislación
______________

Nenhum comentário: