20071119

Ditame 08/07 sobre o anteproxecto de Lei de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais

Ditame 08/07

sobre o anteproxecto de Lei de creación da

Axencia Galega das Industrias Culturais

Antecedentes

1.- En data 26 de setembro tivo entrada no Consello Económico e Social oficio do presidente da Xunta de Galicia, remitindo, para o seu preceptivo ditame, o borrador do anteproxecto de Lei de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados/as de Galicia

2.- O texto do borrador foi enviado, o 27 de setembro, ao presidente e aos membros da Comisión Sectorial nº 2: Sector público e benestar social, competente por razón da materia, para a elaboración da correspondente proposta de ditame. Así mesmo, tal como establece o Regulamento de Réxime Interno do CES, deuse conta á Comisión Permanente, na mesma data, da entrada da solicitude de ditame.

3.- Na mesma data, o seu presidente convoca á Comisión Sectorial nº 2 para o 1 de outubro, co fin de iniciar os traballos de reflexión sobre a proposta de ditame.

4.- A Comisión Sectorial, na súa sesión 16/07, acorda aprobar por unanimidade a proposta de ditame, con data 24 de outubro, e a remite ao presidente do Consello para a súa tramitación.

5.- O presidente do CES, de acordo coa Comisión Permanente do organismo, convoca o Pleno do Consello, que, na súa sesión 9/07, de 31 de outubro, e tras coñecer o texto remitido, acorda aprobar por unanimidade o seguinte

DITAME

sobre o anteproxecto de Lei de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais

Estrutura e contido

O anteproxecto sometido a ditame está estruturado nunha exposición de motivos, dezasete artigos, agrupados en tres títulos (Disposicións xerais, Organización, Réxime de persoal e Réxime económico e financeiro), tres disposicións transitorias, dúas derrogatorias e dúas disposicións derradeiras.

O obxecto do anteproxecto de Lei sometido a ditame é a creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), que nace como unha organización instrumental especializada ao servizo do impulso e consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego. Neste senso, a Axencia cooperará “na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos, e na asignación de ingresos suficientes e estables”.

Consideracións xerais

1.- A Axencia Galega das Industrias Culturais configúrase como unha entidade de dereito publico ao que se lle incorpora parcialmente un conxunto de especialidades recollidas no réxime das axencias estatais para a mellora dos servizos públicos reguladas pola Lei estatal 28/2006, do 18 de xullo.

En opinión do CES na normativa autonómica existen deficiencias normativas para regular, conceptuar e delimitar con claridade os distintos entes instrumentais da Administración, polo que demanda unha norma de carácter xeral, similar á Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración, onde se conceptuase e se establecese unha regulación mínima destes entes e organismos públicos.

A falta do anterior, o certo é que a norma base debe partir non só do recoñecemento xeral que se contén no artigo 39 do Estatuto de autonomía, que lle recoñece á CA a capacidade para a creación e estruturación da súa propia Administración, senón que tamén debe partirse, sequera por coherencia, do disposto nos artigos 11 e 12 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, onde se definen e regulan os organismos autónomos e as sociedades públicas autonómicas (incluídos os coñecidos como entes públicos).

O CES avalía negativamente a nova forma de personificación desta Axencia, que vai substituír ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo autónomo adscrito á Consellaría de Cultura e Deportes, na medida en que supón máis un paso no fenómeno de “fuxida do Dereito Administrativo” que, en aras a unha pretendida “eficiencia”, non é máis que unha escusa para evitar os controis propios do dereito público. No caso da AGADIC, esta “fuxida” é máis rápida e controvertida se cabe xa que o ente aquí proposto afonda máis no panorama moi fragmentado de entes, organismos e fundacións que incrementan a confusión institucional.

2.- O CES reitera a consideración xa incluída noutros ditames en relación á falta dunha memoria económica que debe acompañar a todo anteproxecto de lei na súa tramitación. Este requisito é especialmente importante no caso da creación da AGADIC xa que non só “sucederá ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais no exercicio das funcións que desenvolve”, senón que incorpora novas funcións non atribuídas ao IGAEM.

3.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) nace como unha entidade de promoción económica das “industrias culturais” no mercado da cultura, o que parece excluír a promoción das manifestacións e actividades culturais non vehiculadas por empresas ou profesionais, nomeadamente as emanadas do movemento asociativo e cultural de base.

O CES considera que o anteproxecto de lei debería ser máis preciso en relación con esoutro tipo de iniciativas culturais, incluíndoas ou excluíndoas de forma expresa do ámbito de actuación da AGADIC e, en caso de exclusión, indicando os órganos administrativos que asumen competencias e funcións sobre estas, para outorgarlle así a debida protección e promoción.

4.- Como se reflicte na exposición de motivos, coa creación Axencia Galega das Industrias Culturais non se pretende "só promover o acceso e a participación dinámica dos cidadáns na cultura", senón que tamén se pretende, como expresamente sinala no seu apartado II, a "creación dunha organización instrumental especializada ao servizo do desenvolvemento do tecido empresarial propio do mercado cultural galego", coa finalidade, entre outras, de "promover a consolidación de empresas e industrias culturais galegas".

O CES opina que isto pode dar lugar a confusións xa que non se delimitan dunha forma clara e ordenada as competencias que o pretendido ente podería ter.

Do mesmo xeito, debe sinalarse que se, como di a exposición de motivos, pretende que sexa a citada axencia a que "execute os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas", tamén nos atopariamos, se non se regula dunha maneira más explícita, cunha certa duplicidade das competencias que teñen asumidas outros organismos en materia económica, como pode ser o Igape.

5.- No que respecta ao título III deste anteproxecto de lei, relativo ao persoal, aínda que a xefatura do persoal corresponde á Dirección (artigo 9.3.h), o CES opina que dado o volume de traballo e persoal que esta nova Axencia vai ter, nas normas de desenvolvemento debería contemplarse a creación dunha área de coordinación específica para os temas de persoal. Cómpre salientar que na planificación dos recursos humanos é importante seguir unha impronta “proactiva” e non “reactiva”, e a anticipación, contando con datos actualizados de carga e distribución de traballo, é unha boa forma de previr problemas de persoal.

O CES considera que o anteproxecto de lei tería de ser máis preciso no que atinxe ao persoal directivo, xa que as posibilidades de designación deste persoal quedan excesivamente abertas e ambiguas. Asemade, entende que debe aclararse o réxime de acceso por posible contradición entre os artigos 9.3.i., que establece que o seu nomeamento se fará “(...) de acordo con criterios de profesionalidade, mérito e capacidade (...)”, e o 16.2, que recolle que debe garantir os “(...) principios de mérito, capacidade, concorrencia e a publicidade”.

Considérase prematura a utilización da figura persoal directivo, figura novedosa que posibilita o Estatuto Básico do empregado público e aínda non suxeita a adaptación autonómica. Parece axeitado reformular a figura do persoal directivo acomodándoa ás existentes á espera de ver como se configura autonomicamente este tipo de persoal.

6.- Por último, o CES comparte na súa integridade, dándoas aquí por reproducidas, as acertadas obxeccións que realizou a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galiza no seu informe ao anteproxecto de lei, nomeadamente en relación coa introdución de fórmulas “flexibilizadoras” en materia de persoal e de xestión económico-financeira inspiradas na Lei 28/2006, do 18 de xullo, de axencias estatais para a mellora dos servizos públicos, que non é de aplicación aos entes públicos da C.A. de Galicia, como recoñece o propio preámbulo do anteproxecto de lei.

* CONSIDERACIÓNS PARTICULARES

1.- No que respecta ao artigo 1.- Natureza e adscrición, o CES considera necesario resaltar o carácter indeterminado do nome da axencia que se pretende crear, por canto, ao facer referencia a "industrias", introduce un concepto certamente laxo.

Por outra parte, no apartado 2 indícase que “AGADIC é unha Entidade de Dereito público das reguladas no artigo 12.1.b) TRLRFO, con personalidade xurídica......funcións”.

O CES considera que, en aras dunha boa técnica xurídica, non deben citarse mediante siglas as normas legais ás que se remite o texto obxecto de ditame, máxime cando, como sucede neste caso, non houbo identificación previa das siglas TRLRFO nin na Exposición de Motivos nin ao longo do texto articulado.

Aínda que para os profesionais da Administración e do Dereito sexa fácil saber que se trata do Texto Refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non resulta así de sinxelo coñecelo para a cidadanía non familiarizada con dita terminoloxía.

Por isto, o CES entende que o apartado 2 de dito precepto debería ser redactado de forma que se puidese identificar a mencionada norma legal mediante a súa correcta e completa referencia.

2.- O artigo 4 deste anteproxecto de Lei establece os fins da Axencia Galega das Industrias Culturais. O seu apartado d) atribúelle á devandita axencia competencias que, conforme ao Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, poderían corresponderlle á mencionada Consellería, coa agravante de que a competencia se adxudica por lei, coa dificultade de ser modificado.

3.- O artigo 7 do anteproxecto establece cales son os órganos de goberno da AGADIC mencionando, exclusivamente, ao Consello de Dirección e á Dirección, para de seguido indicar no artigo 8.1. o carácter de órgano colexiado do Consello de Dirección e no punto 2 do mesmo artigo a súa composición.

Sen embargo, despois de relacionar as atribucións do Consello no punto 3 e indicar que os seus acordos “porán fin á vía administrativa” no punto 4, o anteproxecto fixa, no punto 5 deste artigo, as competencias da presidencia do Consello de Dirección polo que sen definilo así, lle outorga o carácter de órgano unipersoal con competencias propias, excluíntes e diferenciadas das do Consello de Dirección.

O CES considera que aos efectos de deixar claramente delimitadas as funcións e competencias, debería analizarse a posible reordenación dos diferentes órganos en artigos separados diferenciando entre órganos colexiados e unipersoais, máxime cando, como no caso da presidencia do Consello de Dirección, se lle atribúan competencias exclusivas que non figuran entre as do Consello de Dirección e que poden supoñer obrigas para AGADIC, tales como as derivadas da sinatura de Convenios ou as de persoarse en xuízo coa facultade de outorgar poderes para pleitos.

4.- En canto aos órganos de goberno que se reflicten no título II, o artigo 8.3.i atribúe á Axencia a "determinación dos criterios de selección de persoal, así como a aprobación da RPT", tratando de imitar a Lei estatal de axencias, pero apartándose desta no sentido de que a Lei estatal prevé a aprobación conxunta deste instrumento (RPT) por orde conxunta dos ministerios de adscrición, de Administracións Públicas e de Economía (ver art. 13 da lei estatal); no caso de AGADIC, non se prevé nada ao respecto, nin sequera a intervención da consellería competente en materia de función pública, o que contradí, tamén e á par, a propia Lei de función pública, que ten por "obxecto ordenar e regular todo o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia", e conforme á citada lei, correspóndelle ao Consello da Xunta aprobar as normas de clasificación e as relacións de postos de traballo da Administración e ordenar a súa publicación.

5.- O artigo 9.- Dirección do anteproxecto de Lei sometido a ditame, no seu apartado 3º, reflicte que “Correspóndelle ao Director ou Directora as seguintes funcións: (...)”. O CES entende que se debe substituír a devandita expresión Director ou Directora pola de “Dirección”, empregada nos apartados 1 e 2.

No artigo 9.4. disponse que a Dirección está suxeita ao “control de resultados en relación cos obxectivos que lle foran fixados” sen indicar quén é o responsable de establecer estes obxectivos.

O CES considera que aínda que por lóxica parece que debería ser o Consello de Dirección segundo pode desprenderse do establecido no apartado d) do artigo 8.3., non estaría de máis que así figurase no artigo 9.4. engadindo á derradeira frase a locución “...fixados polo Consello de Dirección”, se isto é o que realmente quere establecerse.

En opinión do CES parece improcedente que unha axencia inclúa un desenvolvemento e aplicación do complemento de produtividade (apartado 5º), cando dito complemento non se está a utilizar na administración autonómica. Permitirlle regular este complemento a unha axencia implica xerar un novo punto de fragmentación do sistema retributivo da administración autonómica cando a tendencia debe ser a dun sistema homoxéneo para evitar os agravios comparativos e indirectamente, un factor de desmotivación.

6.- No que atinxe ao artigo 10.- Consello asesor, o CES entende que, na medida en que é un órgano de representación da sociedade civil, debe contemplarse o dereito das asociacións empresariais e centrais sindicais máis representativas no ámbito da comunidade autónoma á participación no devandito Consello.

7.- O artigo 13 está dedicado ao persoal da AGADIC, establecendo no seu apartado primeiro quen constitúe o persoal ao servizo da AGADIC. O CES opina que no artigo 13.1.c., onde di “mediante probas selectivas convocadas ó efecto nos termos establecidos nesta lei” debería dicir

“mediante probas selectivas convocadas ao efecto nos termos da lexislación aplicable en materia de función pública” .

Asemade, tendo en conta que o artigo que regula o persoal directivo é o 16, neste apartado 1, onde di “(...) persoal directivo previsto no artigo 17, (...)” debería substituírse por “(...) persoal directivo previsto no artigo 16, (...)”

8.- En relación á ordenación de postos de traballo, artigo 15, falta unha referencia á participación das organizacións sindicais para a aprobación das relacións de postos de traballo como se recolle na modificación da Lei de Función Pública de Galicia 13/2007 do 27 de xullo.

Neste sentido proponse un segundo parágrafo, tal como:

“A dita relación de postos deberá someterse a informe tanto na súa elaboración como en modificacións posteriores polos correspondentes órganos de representación de empregadas e empregados públicos”.

9.- No que se refire ao artigo 16, que regula o persoal directivo da Axencia, agás a persoa que ostenta a dirección, o CES entende que a súa situación administrativa non debe ser a de “servizos especiais” senón a de servizo activo xa que a primeira non é de aplicación, cos supostos que se contemplan neste anteproxecto, de acordo coa actual normativa de función pública.

No apartado 2 deste artigo, a cualificación que ten que ter o persoal directivo, o CES propón substituír a expresión “titulares superiores” por “titulados universitarios”.

10.- O anteproxecto de Lei adoece de imprecisión ao referirse aos centros de produción, arquivo, información e investigación cultural dependentes do IGAEM, que fican provisoriamente adscritos á AGADIC “entanto non se cree un ente específico para a xestión e coordinación dos centros de produción cultural de titularidade pública” (D.T 2ª).

O CES entende que esa non parece a solución máis adecuada e que sería máis prudente que estas competencias sexan asumidas pola propia Axencia. En todo caso, ambos entes deberían crearse de forma paralela para garantir a continuidade da prestación dos servizos, evitando unha situación de interinidade que pode prolongarse indefinidamente.

________________

Voltar ao Artigo:

Demoledor informe do Consello Económico e Social contra a privatización da Cultura
_____________

20071114

Carta ao Delegado Provincial da Consellería Educación sobre perigosas visitas escolares a REGANOSA

Sr Delegado Provincial Consellería Educación

Edif. Servizos Múltiples, 7º Andar
Salvador de Madariaga, s/n - 15008 A Coruña
Tel.: 981 184 701 - Fax: 981 184 785
Correo-e: delegado.coruna@edu.xunta.es

Carmelo Teixeiro Menéndez, con domicilio a efectos de notificacións en Rua XXXXXXXXXXXXX, Ferrol XXXX, teléfono XXXXXXXXX, na súa condición de Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no que están integradas un gran número de entidades cidadás, culturais e ecoloxistas coa finalidade desde o ano 2001 de que a Planta de Gas sitúese no seu lugar previsto desde o ano 1994 en Cabo Prioriño e que a Reganosa sexalle denegada a autorización de funcionamento, EXPÓN:

Pola prensa coñecemos que Reganosa invitar aos Institutos da Comarca para que os seus alumnos visiten as instalacións da Planta de Gas. Adxunto un recorte de prensa do Diario La Opinión de 1 de novembro no que se ve un grupo de Alumnos do Instituto Sofía Casanova de Ferrol, todos eles sen casco protector e con tenis deportivos, dentro das instalacións de Reganosa, á beira dos tanques que almacenan cada un 150.000 m3 de gas natural licuado.

Reganosa desde o mes de maio está en funcionamento en probas. O gas natural licuado é regasificado e en estado gaseoso é comprimido á presión de 80 bares (uns 81 kg/cm2) antes de ser inxectado nos gasodutos a uns 50 metros de onde ven eses alumnos na foto da Opinión. O Gas Natural Licuado non ten cheiro polo que logo de ser regasificado engádenlle un odorante, pero antes pode matar por asfixia sen que as victimas decátense diso. A Planta de Reganosa foi construída encostada a un complexo petroquímico con tanques que almacenan 280.000 m3 de combustibles: fuel, gasoleo, etc. (de metanol hai almacenados uns 15.000 m3), mais outros produtos químicos cancerigenos como o Fenol, formaldehídos etc. para a fabricación de cola de urea. Un incendio nese complexo petroquímico é fácil de que se produza e sirva de detonante para unha catástrofe que pode provocar miles de victimas

Existe un perigo e uns riscos para a poboación próxima, pero máis para quen estean dentro desas instalacións. Esas visitas Reganosa estaas utilizando como publicidade e para ?maquillar? a súa traxectoria de ilegalidades e irregularidades á conta de que os alumnos dos institutos que lles visiten afronten uns riscos que non deben soportar e que neste caso prodúcense coa finalidade torticera de mostrar a eses alumnos como ?cobayas humanos? de visita nunha instalación perigosa para dar a mensaxe falsa de que non existe perigo. Temos noticia de que hai institutos que se están negando á visita. Unha inmensa maioría da poboación de Ferrolterra rexeita a localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol.

Por todo iso SOLICITO adopte as medidas que procedan para que os alumnos dos Institutos de Ferrolterra non sexan utilizados ou instrumentalizados por Reganosa. Acompáñolle como anexo o noso boletíns últimos que lle informan sobre os efectos negativos de Reganosa para a vida humana, para a riqueza marisqueira e patrimonio histórico da Ría de Ferrol.

Sen máis reciba un cordial saúdo.

Ferrol 13 de novembro de 2007.


Carmelo Teixeiro Menéndez.
___________________

[Para ampliar a imaxe clicaracima dela]

_________________

20071111

Informe da Situación para a XVII Asemblea Cidadá, do 9 de novembro de 2007, celebrada no Ateneo Ferrolán

INFORME DA SITUACIÓN PARA A XVII ASAMBLEA CIDADAN, 9 DE NOVEMBRO DE 2007

Desde xuño de 2006 vimos expondo ao Ministro de Industria que revise os condicionados a Reganosa na súa autorización de construción de febreiro de 2004, algúns imposibles de resolver. Un deles a distancia suficiente ata a poboación segundo require o articulo 12 dá Directiva Sevexo II, Real Decreto 1254/99, que en España ten ademáis como aplicación o mínimo de dous quilómetros do RAMINP. Outro condicionado é a saída ao mar aberto dos buques gaseros en caso de urxencia durante a descarga. Con estes dous condicionados é suficiente para que a Reganosa non lle sexa aprobada o acta de posta en funcionamento. A isto engádese que Reganosa vulnera ou articulo 8 dá directiva Sevexo II, sobre o efecto dominou, que Reganosa non tivo en conta coa existencia dun complexo petroquímico encostado, onde un incendio é fácil que se poida producir e servir de detonante para unha catástrofe con miles de victimas.

Ao longo do ano 2007, con escritos e entrevistas, (Delegado do Goberno, Director do Área de Industria e Enerxía dá Coruña, Ministro de Industria) solicitóuselles que a Reganosa non lle sexa aprobada o acta de posta en servizo. Na primavera os “muros de silencio” romperonse, con axuda dos mariscadores nas mobilizacións e bloqueo contra os gaseros que chegaron a Reganosa. A esa rotura dos “muros de silencio” tamén contribuíron a Reportaxe de TVE-2-Linea 900, o Libro “Muros de Silencio” de Fuco Buxan, o vídeo “ O Salario do Silencio” de Namche Films e o peche dos veciños de Mugardos no seu concello apoiados con mobilizacións do Comité Cidadán. Ademais o Comité Cidadano integrado en “Rede Litoral Vivo” (Galicia non se vende) vén participando en mobilizacións, a última en Corrubedo. A solidariedade doutras plataformas de Galicia quedou reflectida na manifestación maioritaria do 30 de setembro en Ferrol.

En agosto unha representación do CCE tivo unha entrevista en Madrid coa Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, na que éstes se comprometeron a solicitar novos informes aos organismos que foran consultados anteriormente, a fin de que manifestasen se consideran resoltos os condicionados da autorización de construcción. O Ministerio de Industria, por primeira vez nun expediente de Planta de Gas, solicitou un terceiro informe aos organismos anteriormente consultados, entre eles ao Ministerio de Defensa, Dirección Xeral de Urbanismo, Autoridade Portuaria de Ferrol e Comisión Nacional de Enerxía, a os que o Comité Cidadán á súa vez envioulles senllos escritos en relación cos seus condicionados sen resolver.

O Ministerio de Industria e competente para denegar a Reganosa o acta de posta en servizo, sen ter que pagar indemnizacións aos seus promotores, pola falta de cumprimento dous requisitos que esixe a Lei de Hidrocarburos e que foron trasladados en forma de condicionados á autorización de construción de febreiro de 2004. Reganosa deu por finalizadas suas obras sen ter cumprimentados tales requisitos, e coa lei na man sua planta de gas non pode entrar en funcionamento definitivo nin formar parte do sistema gasista.

A Comisión Nacional de Energía e ao Ministerio de Industria, lle comunicamos que a Planta de Gas de Reganosa non é necesaria para Galicia nin para os tres ciclos combinados construídos, por Endesa e por FENOSA, que traballarán a menos do 25% dá súa capacidade, porque non existen redes eléctricas para exportar o 100% dá súa capacidade. É dicir, que o gas natural que chega por gasoduto a Galicia é suficiente para atender a demanda galega de gas e a Planta de Gas de Reganosa non é necesaria nin estratéxica.

O Ministerio de industria debe ter en conta o maior valor dá vida humana e non debe ceder ás presións de Endesa, FENOSA, Caixa Galicia e Xunta de Galicia, preocupadas polos seus investimentos en Reganosa. O 5 de novembro na SER o Conselleiro de Vicepresidencia José Luís Méndez Romeu interveu á defensiva desesperada, con mentiras de Reganosa amosando sua preocupación polos investimentos realizados.

Cando se trata de paralizar a ameaza de Reganosa para a vida humana, para a riqueza marisqueira e para o medioambiente na Ría de Ferrol, a vía administrativa nunca se pode dar por terminada e, antes de que ocorra unha catástrofe con miles de victimas, un goberno responsable terá que tomar a decisión de paralizar a actividade de Reganosa. Esa decisión pode ser tomada pola Administración, por se mesma ou obrigada por unha decisión xudicial nos contenciosos abertos. Se o acta de posta en servizo se fai definitiva, despois a paralización de Reganosa terá custos para todos os contribuíntes, porque ese acta dálle dereito a percibir retribucións e custear todo o investimento con diñeiro achegado por todos os consumidores de gas.

Canto antes sexa posible hai que presentar recurso de alzada ao Delegado do Goberno para que o Ministerio de Industria anule o acta de posta en servizo aprobada o 7 de novembro pola área de Industria e Enerxía da Coruña, sen ter en conta os condicionados imposibles de resolver por Reganosa. Ademais para o vindeiro 29 de novembro presentaremos en Bruxelas unha nova denuncia polo feito de que a Planta de Reganosa estea en funcionamento vulnerando a Directiva Europea Seveso II.

_____________

DOCUMENTO ANEXO AO INFORME DA SITUACIÓN PARA A XVII ASAMBLEA CIDADÁ, 9 DE NOVEMBRO DE 2007

NON É DEFINITIVA, o acta de posta en servicio de Reganosa
Anexo a Informe da situación a XVII Asamblea Cidadá
9 DE NOVEMBRO DE 2007

En setembro Reganosa deu por finalizadas as súas obras e solicitou o acta de posta en servizo. O titular do Area de Industria e Enerxía da Coruña desde mediados de setembro está de baixa por enfermidade e substituéuno a titular de Lugo, Alicia Sanpedro Cachedra, quen en funcións na oficina de A Coruña, con data 7 de novembro aprobou o acta de posta en servizo de Reganosa, copia da cal o Comité Cidadán recibiu o 8 de novembro por correo certificado. O devandito acta “non esgota a vía administrativa” e contra ela cabe recurso de Alzada no prazo dun mes ante o Delegado do Goberno en Galicia.

Pola precariedade de Reganosa, debido aos contenciosos a trámite contra as súas ilegalidades e por sua inviabilidad económica, mais tarde ou cedo a Administración Central terá que paralizar a actividade de Reganosa. Por iso ese acta de posta en servizo parece unicamente un cheque en branco a fin de que os promotores: Endesa, FENOSA, Caixa Galicia, Xunta de Galicia, Grupo Tojeiro(Gadis), Banco Pastor, Caixa Nova e Sonatrach, recuperen os seus investimentos á conta dos consumidores, ademais de ameazar a vida da poboación e o medioambiente na Ría de Ferrol. Se este acta se fixese definitiva, posteriormente os promotores de Reganosa reclamarían indemnizacións se lles paralizan a instalación.

Tal acta de posta en servizo non é definitiva, pois admite a posibilidade de que se lle presente un recurso de alzada ao Delegado do Goberno. Polo tanto é falsa a afirmación de que Reganosa ten todos os permisos. Se ese acta resultase anulada Reganosa non tería dereito a funcionar nin a percibir retribucións do sistema gasista. Os promotores terían que tragarse o marrón, quedar coa planta construida pero sen funcionar, ou reciclar as instalacións de Reganosa noutras actividades compatibles co desenvolvemento sostible da Ría de Ferrol, todo iso sen dereito a percibir indemnización algunha, pois non pode funcionar debido a que non cumprimentaron os requisitos e condicións das súas autorizacións.

En próximas semanas presentarase un recurso de Alzada á Delegación do Goberno para que o Ministerio de Industria anule ou revogue a decisión da área de Industria e Enerxía da Coruña, do acta de posta en servizo de Reganosa, que aprobou sen ter en conta os condicionados imposibles de resolver por Reganosa en distancias ás poboación e de saída de urxencia dos buques gaseros.

Co devandito recurso de Alzada a vía administrativa situarase no Ministerio de Industria, a quen ten que representar o Delegado do Goberno en Galicia. En o CCE non se da por pechada a via administrativa nin as conversacións que no mes de agosto iniciáronse con representantes do Ministerio de Industria, para que a Reganosa non lle fose aprobada o acta de posta en servizo, precisamente en base aos condicionados que ten imposibles de resolver coa súa localización dentro da Ría.

Nota.-
Achegase copia [en formato -jpg- da páxina 17do acta de posta en servicio donde consta que non esgota a vía administrativa.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]


________________

Votar á páxina da Información da Asemblea Cidadá
____________________