20080228

A tsunami de cemento

A tsunami de cemento
Manuel M. Barreiro
Tempos Novos - Xaneiro de 2007


Unha desmandada tsunami de cemento desola a costa, estraga espazos naturais e imponse como motor dunha economía baseada no lucro depredador e no consumo seriado. Xera riqueza express, ordena veladamente intereses políticos e obedece paulovianamente a voraces promotores inmobiliarios. As grandes áreas metropolitanas do Estado foron banco de probas, colonizou logo a costa mediterránea e aleitou fabulosas fortunas. Eivadas as tradicionais bolsas de solo urbanizábel, a vaga urbanizadora ameaza o litoral galego.

Galiza posúe o 35% da liña costeira do Estado e soporta na súa beiramar unha cota de superficie urbanizada do 15,8%, sobardando en case tres puntos a media estatal. Os nosos concellos ribeiráns suman 816.000 vivendas e, en 2010, terán, de cumprirse as previsións, outras 620.000 máis.

O arquitecto Rem Koolhaas estudou as cidades xenéricas, produto urbanístico sen identidade, liberado da historia e afincado na ausencia de norma. A cidade xenérica comparte ADN co modelo urbanístico que devasta o noso litoral, xorde da táboa rasa e da proscrición do planeamento, descoida a calidade de vida dos cidadáns e alenta a corrupción.

As pequenas marbellas nadas da euforia urbanizadora son espazos políticos sedados, acalmados pola permisividade da infracción e por un clientelismo redistribuidor das frangullas marxinais da especulación. Son feudos domeñados por alcaldes con amplos poderes no mercado do solo e fixan autoritariamente o skyline do concello. A súa política despreza o coidado do público e dos servizos básicos, sabedores de que os novos enclaves só estarán ocupados temporalmente –segunda residencia, praza estival...– por cidadáns en tránsito que demandan ocio rotineiro, zonas de compra e seguridade, pero que non castigarán electoralmente o feismo construtivo ou o derrame do patrimonio natural. Unha democracia de esixencia cero.

A Xunta adiantou que impedirá desenvolver solo urbanizábel a menos de 500 metros do mar. A lei entrará en vigor a mediados de 2007 se a súa vontade política non abranda tras a guerra do ladrillo que iniciarán grandes promotores e alcaldes investidos como empresarios político-inmobiliarios. Combate desigual se non se encara coa axuda dunha cidadanía esixente e cun programa firmemente sostido por PSdeG e BNG.

No debate sobre a megaexplotación urbanística da costa non intervirá positivamente unha cidadanía atomizada por un raizado individualismo propietario que aplaude a liberalización absoluta do solo para gañar máis no zoco inmobiliario. Tampouco han ser sostén do goberno políticas reactivas, ao xeito de non-no-meu-patio, coas que, ás veces, coidamos do benestar próximo fronte aos desmandos ambientais ou a construción de maldeseñadas infraestruturas.

O urbanismo, invisibilizado pola súa xestión tecnocrática, é das políticas públicas menos accesíbeis e a que máis eficazmente reduce ás persoas aos roles de propietario ou consumidor. Coa prohibición non bastará, hai que armar consenso cívico. O goberno galego deberá investir máis en comunicación social e facer un esforzo na implicación dos cidadáns, se quere ter aliados fronte á coalición de intereses inmobiliarios, financeiros e mediáticos e os xestores políticos municipais.

Axendas locais para a habitabilidade, a humanización dos espazos urbanizados, a dotación de servizos de calidade ou a protección do medio poden parecer fráxiles diques diante da tsunami de cemento e ladrillo mais son, porén, unha peza imprescindíbel dun eco-urbanismo sustentábel co que evitar á destrución do país que, sen a implicación cidadá, non será posíbel.
______________

http://dpaso.blogspot.com
____________

É tempo, pois -nunca mellor dito-, de lér Tempos novos

ARREDOR DE NÓS
Información plural intoxicación e `marketing´
Agustín Rodríguez Caamaño
22-Marzo- 2007
laopinióncoruña.es


Acarón de tanto balbordo nos medios, existe unha publicación mensual de información para o debate que leva dez anos de vida sen incumplir un só mes o compromiso editorial cos seus lectores; iste feito resulta soprendente nun sector editorial galego diversificado onde o índice de lectura é baixo e onde levan esmorecido polo camiño outras iniciativas semellantes. Emporiso hai agora un certo alento esperanzador por mor da nova e oportuna Lei do Libro e da Lectura, aprobada por acordo xeral no Parlamento galego o pasado 12 de decembro que se agarda posibilite revitalizar a industria editorial.

Ista revista mensual, supoño, vive só da fidelidade dos suscriptores, mais resulta esencial aos lecores con inquedanzas, para estaren ao día e segui-lo latexo dos temas sociais políticos,económicos e cultuurais do País e do mundo.

Agora ben, Tempos Novos, o texto que comentamos, é descoñecido pola maioría dos cidadáns/ás co costume normal pola lectura e a información no entorno actual de marketing, de autobombo xeralizado e medios partidarios, onde che meten sen decartarte farelo relón, por fariña; istas eivas son máis evidentes aquí nun País sen conciencia de eu en xeral, desinformado. En resume, cunha montaxe de diseño moi actual, Tempos Novos non ten o espallamento, a difusión social e mediática merecente, pois só atopámola á venda nos quioscos moi ben surtidos e nalgunhas librerias que venden xornais e revista.

Cal é, daquela, a razón da continuidade no noso estreito mercado? Quizais esté nun traballo feito con empeño, profesionalidade e amor á nosa comunidade nacional. E de acordo co recolllido nos tres últimos numeros que examinamos de Tempos Novos, o segredo de manterse débese a que "o traballo duro e milagroso dos comenzos traducíuse nun medio de comunicación en compromiso coa verdade e a independencia de calquer tipo de poder"; pero do mesmo xeito renovou tamén "o compromiso coa sociedade e con Galiza", abríndose a unha nova e creativa etapa, reforanzando o posicionamento crítico contra os embaixadores do pensamento único e destapándose á participación, á pluralidade dos puntos de vista e ao debate de ideas".

A publicación está dirixida polo periodista Luis Álvarez Pousa. Nos tres últimos exemplares figuran entre outros moitos, os colaboradores: Xavier Alcalá, Bieito Iglesias, Iago Martínez, Belén Puñal, Justo Beramendi, Fermín Bouza, Xoán López Facal, Albino Prada, Xaquín Marín, Pepe Carreiro, Suso de Toro, María Xosé Porteiro, Olga Nogueira, Inma López Vila,

Fernández Leiceaga, Anxo Guerreiro, Xaime Subiela, Xosé Veiras García, Jaime Barreiro Gil, Xavier Vence

Deza...

Por razóns de espacio escollemos só un tema de doente actualidade da autoría de Manuel M. Barreiro; trátase do traballo A tsunami de cemento. Velaquí unha síntese: "Unha desmandada tsunami de cemento desola a costa, estraga espacios naturais e imponse como motor dunha economía baseada no lucro depredador e no consumo seriado e obedece a voraces promotores inmobiliarios. As grandes áreas metropolitanas do Estado foron banco de probas, clonizou logo a costa mediterránea e egordou fabulosas fortunas. Eivadas as tradicionais bolsas de solo urbanizábel a vaga, a onda urbanizadora ameaza o litoral galego".

"Aquí as pequenas marbellas son espazos politicos acalmados pola permisividade da infracción e por un clientelismo redestribuidor das frangullas da especulación. Son feudos domeñados por alcaldes con amplos poderes no mercado do solo".

É tempo, pois -nunca mellor dito-, de lér Tempos novos.
________________________

20080226

Autorización ambiental integrada

Autorización ambiental integrada

Protección medio ambiente. Normativa ecolóxica española. Intervención Comunidades Autónomas


INTRODUCIÓN

A Lei 16/2002 de 1 de xullo de Prevención e Control Integrados da Contaminación é unha transposición da Directiva Comunitaria 96/61/CE do Consello de 24 de setembro e supón unha das actuacións máis ambiciosas para a aplicación do principio de prevención da contaminación no funcionamento de determinadas instalacións industriais.

Na liña que a norma se transpone, a nova Lei exponse como obxectivo evitar ou polo menos reducir, a contaminación da atmosfera, a auga e o chan, para alcanzar un nivel elevado de protección do medio ambiente no seu conxunto. É dicir, trata de evitar que o control de emisións por separado contribúa a que a contaminación transfírase a de un a outro medio e conseguir a mellora do medio ambiente en xeral.

Con iso preténdese integrar os criterios e variables ambientais no sector industrial para, a través da mellora tecnolóxica e a consecuente redución de emisións contaminantes, contribuír á loita contra procesos como o cambio climático ou a choiva aceda.

Como sabemos, esta Lei non afecta a todos os sectores industriais senón que soamente aplícase a aqueles descritos no Anexo 1 da Lei que poderían resumirse en: Instalacións de combustión, produción e transformación de metais. Industrias minerais, industrias químicas, xestión de residuos, industria do papel e cartón, industria téxtil e do coiro, industrias agroalimentarias e explotacións gandeiras, consumo de disolventes orgánicos e industria do carbono. A todo isto debemos engadir como excepción as instalacións ou partes das mesmas utilizadas para a investigación, desenvolvemento e experimentación de novos produtos ou procesos.

O principal instrumento que crea a Lei PCIC para intentar lograr os seus obxectivos é a creación da Autorización Ambiental Integrada, esta autorización que despois desenvolveremos máis profundamente consiste basicamente nun permiso único que establece un condicionado ambiental para o inicio ou continuidade das actividades industriais contempladas no seu ámbito de aplicación. Establece ademais un enfoque integrado no procedemento de autorización, esixindo a plena coordinación administrativa dos organismos implicados na súa concesión.

Esta nova figura de intervención administrativa aglutina e substitúe ao conxunto de autorizacións ambiéntalles existentes ata a data e, establece un condicionado ambiental para o funcionamento de complexos industriais que desenvolvan actividades incluídas no seu ámbito de aplicación. Esta autorización outórgase con carácter previo a outras autorizacións ou licenzas sustantivas exixibles.

Debemos engadir, xa como último punto a tratar dentro desta breve introdución o caso especial de Cataluña. Esta Comunidade Autónoma ten unha Lei propia sobre medio ambiente, Lei 3/1998 de 27 de febreiro, anterior á Lei estatal e que contén certas particularidades que desenvolveremos nun apartado especial.

A AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA: SUXEITOS E CONTIDO

Como xa mencionamos na introdución, os sectores aos que se aplica a Lei PCIC, non son todos os considerados contaminates senón que se cingue unicamente a aqueles sectores industriais que aparecen no Anexo 1 da Lei, considérase que estes sectores son os que máis contaminación xeran e xa que logo os que máis deben controlarse se queren alcanzar os obxectivos de prevención ambiental previstos na Lei.

Este esquecemento dos demais sectores industriais considerados como -menos contaminantes- provocou unha serie de reaccións contrarias na doutrina e o mundo xurídico polo simple feito que, se o que se pretende é protexer o medio ambiente, debe protexerse en todos os ámbitos, desde os máis contaminantes aos que contaminan menos. Entendemos que fose necesario que a Lei profundase máis no seu esforzo de simplificación administrativa e xa que logo que deberían haberse engadido todos os sectores industriais, ata os menos contaminantes que neste momento continúan suxeitos a unha multiplicidad de autorizacións.

Outro aspecto da Lei que merece unha especial mención é aquelas industrias xa existentes que teñen as autorizacións correspondentes en base ao plan anterior á Lei e xa que logo que conseguiron no seu día todas as autorizacións necesarias para cumprir a Lei en materia de Medio Ambiente. Estas Industrias ten agora un prazo para obter a autorización ambiental integrada que termina o 30 de outubro de 2007. O feito que a Lei só fale das -autorizadas- deixa fóra deste prazo aquelas empresas que están traballando na ilegalidade, é dicir, que non cumpren coa normativa vixente ata a data, nestes supostos a súa situación de ilegalidade manteríanse (non poden esperar ata 2007 para regularizar a súa situación) e xa que logo atópanse en situación de ilegalidade co agravante que a nova Lei impón sancións que chegan ata os 2.000.000 de € e nas circunstancias nas que se atopan poderían ser sancionadas de inmediato.

En relación co anterior, e como contrapunto, é interesante falar por un instante do caso de Cataluña, o cal despois desenvolveremos máis profundamente. A Lei 3/1998 de Cataluña, que tamén é unha transposición da Directiva 96/61/CE contemplouse un réxime de adaptación máis suave que o da Lei estatal porque se tiña en consideración ás instalacións existentes e non autorizadas (as que non tiñan todos as autorizacións da Lei antiga), a estas outorgábaselles un prazo de dous anos e medio para que obtivesen a autorización ambiental.

Respecto ao contido desta Autorización Ambiental Integrada debemos fixarnos principalmente no artigo 22 da propia Lei que establece cal debe ser o contido mínimo da Autorización Ambiental Integrada. Este contido mínimo debe establecer as medidas de protección do aire, auga e chan, incluídas as medidas relativas aos residuos e, en xeral, do medio ambiente no seu conxunto. Entre outras cousas deberá fixar os valores límite de emisión das sustancias contaminantes, cuxa determinación haberá de basearse nas mellores técnicas dispoñibles. Non especifica a Lei cales serán estas técnicas que haberán de servir para fixar os valores límite de emisión, pero as define, dunha forma moi xenérica, así di que -técnicas- significa a tecnoloxía utilizada xunto á forma en que a instalación foi deseñada, construída, mantida, explotada, ou paralizada; -dispoñibles-: técnicas desenvolvidas a unha escala que permita a súa aplicación no contexto do sector industrial correspondente, en condicións económicas e técnicas viables, tomando en consideración os custos e beneficios, tanto se as técnicas utilízanse ou producen no Estado membro correspondente coma se non, sempre que o titular poida ter acceso a elas en condicións razoables; -mellores-: as técnicas máis eficaces para alcanzar un alto nivel xeral de protección do medio ambiente no seu conxunto.

O PAPEL DESTACADO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E O PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DA AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA

Un dos aspectos destacados desta Lei é o rol que se lles designou ás Comunidades Autónomas. O procedemento que debe realizarse para obter a Autorización Ambiental Integrada pasa imprescindiblemente polas Comunidades Autónomas sen esquecer a potestade de Concellos ou Organismos de Concas que manteñen potestades similares ás que mantiñan antes da aprobación da Lei.

En primeiro lugar, e como feito máis destacado diremos que a Autorización Ambiental Integrada é un permiso que concede o órgano competente da Comunidade Autónoma na que se sitúa a instalación que o solicita.

Desde o punto de vista de control, as Comunidades Autónomas deberán dispor da información, en cada unha das instalacións industriais, das emisións, os focos das mesmas, os valores límites de emisión e as melloras técnicas dispoñibles aplicadas. Estes datos serán remitidos ao Ministerio de Medio Ambiente para a elaboración do Inventario Estatal de Emisións e a súa comunicación á Comisión Europea a efectos da elaboración do Inventario Europeo de Emisións Contaminantes.

En segundo lugar, e xa máis centrados no procedemento diremos que, o prazo máximo que ten a Comunidade Autónoma competente para resolver unha solicitude é de dez meses, pasado o cal, sen haberse notificado resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude. Neste punto a Lei PCIC sepárase do criterio establecido na Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común que consagra como regra xeral o silencio administrativo positivo nos procedementos iniciados a instancia de parte.

Dentro do procedemento administrativo previsto na Lei PCIC, intégranse as necesarias actuacións en materia de avaliación e as esixidas polas normativas sobre riscos de accidentes nas que interveñan sustancias perigosas. Así mesmo, esíxese unha serie de informes ao longo da tramitación do procedemento de obtención da Autorización Ambiental Integrada, talles como o informe urbanístico do Concello en cuxo territorio situar a instalación ou o informe do organismo de conca nos supostos nos que a actividade sometida á Autorización Ambiental Integrada precise autorización de vertedura ao dominio público hidráulico.

Doutra banda, o procedemento para o otorgamiento da Autorización Ambiental Integrada substitúe ao procedemento de otorgamiento da licenza municipal de actividades clasificadas regulado polo Decreto 2414/1961 polo que se aproba o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas. No entanto, a nova Autorización non substitúe á citada licenza municipal que segue sendo exixible por separado.

A Lei PCIC establece un prazo máximo de duración de oito anos, transcorrido o cal deberá ser renovada e, no seu caso, utilizada por períodos sucesivos.

A FINALIDADE DA AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA

A autorización ambiental integrada constitúe a pedra angular dun novo esquema edificatorio de protección ambiental, ante todo revolucionario en comparación coa concepción tradicional na defensa do medio natural desenvolvida ata o momento.

Para iso a intención do novo sistema autorizatorio, o seu propósito último, non é outro que redefinir as estruturas da protección ambiental apostando pola prevención e o control integrados da contaminación.

A finalidade da autorización ambiental atópase expresamente prevista no apartado 1 do artigo 11 da Lei. O fin da autorización é, neste sentido, dúplice ou cunha dobre vertente, tanto no procedimental ou formal, como no sustantivo ou material.

Comezando polo aspecto procedimental, coa autorización ambiental integrada trátase de condicionar o exercicio das actividades sometidas ao réxime integrado da prevención e o control da contaminación. Iso a través dun único e complexo procedemento no que se pretende que quede asegurada a coordinación entre as diferentes Administracións con competencias na materia. En última instancia, esta simplificación administrativa que trata de instaurar a Lei PCIC, susténtase na axilización dos trámites e na redución das cargas administrativas dos particulares cando, como ata o momento sucedeu, teñen que enfrontarse a procedementos múltiples, difíciles e, por que non dicilo, extremadamente custosos en tempo e diñeiro ata ante distintas Administracións. O desafío que se introduce coa autorización ambiental integrada é importante, máxime cando, o procedemento autorizatorio en toda a súa extensión tan só poderá prolongarse ata un prazo máximo de terminación de 10 meses tal e como xa vimos antes.

Polo que respecta ao plano sustantivo ou material, a definición dun sistema integrado de prevención e control da contaminación pasa por integrar nun único acto de intervención administrativa todas e cada unha das diversas autorizacións ambientais sectoriais existentes ata o momento e que por si soas e independentes unas doutras se fan precisas para permitir o exercicio da actividade e a explotación dunha instalación industrial. A esas autorizacións refírese o artigo 11 no seu apartado 1. b). Con todo na enumeración que se realiza en devandito precepto non se inclúe, entendemos que de modo consciente, a mención á licenza municipal de actividades clasificadas pola imbricada subsistencia deste réxime nos termos que se expresan no artigo 29 da Lei PCIC.

A integración nunha única autorización da variada gama de títulos autorizatorios ambientais que deben solicitarse por unha actividade non é plena. Esta circunstancia obriga a modular necesariamente a consideración da categoría que estamos analizando como autorización integrada.

Ademais, ocorre que a propia sistemática empregada na Lei PCIC non só non axuda a crer nas posibilidades da autorización como autorización integrada, senón que constitúe, a feixes, unha mala mostra da técnica lexislativa empregada. Iso polo seguinte. O artigo 11 titúlase finalidade da autorización ambiental integrada. Devandito precepto divídese á súa vez en 4 apartados dos que sorprendentemente tan só o primeiro deles é o que se dedica en esencia á finalidade da autorización ambiental integrada.

Non só o propósito integrador da autorización ambiental non se alcanza totalmente, senón que se algunha dúbida existise desta afirmación, pode comprobarse o alcance do que sostemos concretamente nos outros 3 apartados restantes do artigo 11 que estamos considerando. Por unha banda estase afirmando que se opta, a través dun só procedemento, pola integración nun único título autorizatorio de todas e cada unha das autorizacións previstas no resto da lexislación ambiental, para a continuación pór de manifesto que a autorización integrada precede o otorgamiento no seu caso, doutras autorizacións que igualmente sexan obrigatorias, entre as que se atopa a licenza municipal de actividades clasificadas, ou que a súa otorgamiento serao sen prexuízo doutras autorizacións e concesións que sexan precisas para a ocupación ou utilización do dominio público de acordo coa normativa en materia de augas e costas. De modo algún pode considerarse que o precepto sexa afortunado para manifestar unha finalidade integradora da autorización, a diferenza do artigo 12 da Lei catalá 3/98, de 27 de febreiro, tamén referido á finalidade da autorización ambiental e onde aí si se consegue ofrecer á vista do intérprete e do aplicador da norma unha coherencia sustantiva e procedimental na consecución desa mira de integración. Pola contra, esa finalidade non é enteiramente cumprida no texto do artigo 11 da Lei PCIC, nin moito menos a resultas da análise detallada da regulación contida no conxunto do texto, e máxime cando no mesmo artigo citado invítase a pensar precisamente o contrario.

O CASO ESPECIAL DE CATALUÑA; A LEI 3/1998 SOBRE A INTERVENCIÓN INTEGRAL DA ADMINISTRACIÓN AMBIENTAL EN CATALUÑA

A Lei 3/1998 de 27 de febreiro diferénciase das demais leis xerais en que se limita á intervención administrativa integrar en función da natureza e importancia das actividades e en relación á Directiva 96/61.

O obxecto desta lei é establecer o sistema de intervención administrativa das actividades susceptibles de afectar ao medio ambiente, a seguridade e a saúde das persoas no ámbito territorial de Cataluña. Como podemos comprobar o seu obxecto é moito máis ambicioso que o comprendido na Directiva 96/61 pois non se limita ao campo do medio ambiente senón que alcanza tamén a protexer outros bens xurídicos de primordial interese.

O seu ámbito de aplicación esténdese a todas as actividades públicas ou privadas, susceptibles de afectar ao medio ambiente, a saúde ou a seguridade. As autorizacións e sistemas de control ambientais sectoriais agrúpanse para levar a cabo un enfoque integrado no procedemento de valoración dos diferentes tipos de emisións ao aire, ao auga e ao chan, de modo que se evite a transferencia de contaminación entre os distintos medios.

Establécense tres sistemas de prevención, utilizándose a técnica lexislativa da listaxe de actividades por anexos á lei. Así temos:

- Réxime de autorización ambiental da Administración autonómica, para as actividades do Anexo I (as máis importantes a efectos económicos e ambientais).

- Réxime de licenza ambiental por parte do Concello, para as actividades do Anexo II (con previa cualificación nalgúns casos e municipios da actividade por parte da Administración autonómica).

- Réxime da comunicación ambiental (deber de comunicación ante o Concello) para as actividades do Anexo III. Os Concellos, mediante regulamento poden substituír este réxime de simple comunicación, polo de licenza de apertura, que se pode tramitar simultaneamente coa licenza de obras se esta fose preceptiva.

Advírtese, que a través da Lei 3/1998 aproveitouse a ocasión para mellorar e renovar a regulación das chamadas actividades clasificadas sometidas ao Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas do ano 1961, que, con ser unha norma adiantada ao seu tempo, xa se atopa desfasada. Por suposto que a técnica lexislativa non permite derrogar un regulamento de carácter estatal de modo que mediante a Disposición Adicional Sexta déixase sen aplicación en Cataluña o citado RAMINP.

En liñas xerais podemos dicir que a transposición da Directiva comunitaria 96/61 atópase balizada de escollos, tanto polos problemas competenciais que expón como pola implicación dos diferentes niveis administrativos que conforman as Administracións Públicas no noso país (Estado, Comunidades Autónomas e Entidades Locais). O lexislador catalán merece un xuízo favorable, máxime cando é o primeiro exemplo de control e prevención integral ambiental no noso país. A Lei 3/1998 crea, un sistema propio de intervención administrativa para a Comunidade Autónoma catalá, instaurando tres sistemas de prevención: a autorización ambiental autonómica, a licenza ambiental municipal e a comunicación ambiental.

BREVE MENCIÓN Á ETIQUETA ECOLÓXICA

O aumento da sensibilización ambiental entre os consumidores cara aos problemas ambientais ocasionou unha maior esixencia de produtos cuxa produción e procesamiento teña un menor impacto ambiental.

Esta esixencia fixo que nos últimos anos xurdan no mercado un gran número de etiquetas ecolóxicas para clasificar os produtos segundo a súa agresión ao medio ambiente.

O Ecoetiquetado ten como obxectivos principais promover que os produtos fabríquense co menor prexuízo posible para o Medio Ambiente, e informar aos consumidores sobre as repercusións ambientais dos produtos que consome.

Así por exemplo, a Etiqueta Ecolóxica Europea ( EEE), Regulada polo Regulamento (CEE) Nº 880/92 do Consello, é de carácter voluntario e abarca toda a Unión Europea, sendo recoñecido, xa que logo, en calquera dos Estados Membro independentemente do país onde se obtivo.

Este Ecoetiquetado dá ademais a potestade ao consumidor para que escolla os produtos que cre que son menos contaminantes e tamén así pode el colaborar na conservación do medio ambiente dun xeito máis ou menos pasivo.

CONCLUSIÓNS

Un dos aspectos positivos que achegou esta nova norma é o decrecimiento da Burocracia ambiental, é dicir, a redución do ?papelorio?. Logrouse reducir a unha soa autorización todo ou case todo o relacionado con actividades industriais contaminantes. Isto a de axudar a que tamén sexa máis fácil manterse dentro da legalidade, estar -autorizado-.

Neste punto atopámonos co problema antes exposto na Lei das empresas non autorizadas e como a lexislación catalá, todo e ser anterior, resolveu o problema cunha solución sinxela pero eficaz. Talvez a Lei Estatal debería haberse fixado máis na Lei catalá xa que, en concepto son o mesmo, unha transposición da Directiva 96/61/CE. O feito que a Lei catalá fose anterior debería haberse estudado en profundidade polo lexislador estatal e corrixir os erros que aquela puidese ter e copiar o realmente interesante e compatible co concepto de Lei estatal.
_______________

20080225

Escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

SR.CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

As entidades Fusquenlla, ADEGA -Trasancos, Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol e Verdegaia notifican que a principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase para mediados dese mesmo mes. As presentes entidades solicitaron nesa data á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal considerable con respecto a outros anos. A moratoria levouse adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.

O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción ocasionaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago, unha vez enchido este, e por rebouse, considerándose que sería maior a afección que no suposto dun enchido forzado a base do transvase do Eume.

Así, na páxina 341 do Estudo de Impacto Ambiental sinálase o seguinte:

“Para la alternativa del llenado pasivo se han obtenido valores de calidad negativos en el 47,69% de los indicadores ambientales analizados, lo que supone una afección negativa en casi la mitad de los parámetros estudiados.(…) La calidad ambiental alcanzada estaría por debajo de los niveles de restauración que requiere el hueco de mina…”

Na páxina 343 indícase:

“En la evaluación ambiental obtenida para la alternativa del llenado pasivo… todos los indicadores ambientales analizados sufrirían impactos ambientales negativos, directos, acumulativos y/o sinérgicos, a corto plazo, permanentes, irreversibles, continuos y críticos, porque supondrían el desarrollo de un proyecto aleatorio sin ningún tipo de control ni habría posibilidad de aplicar las medidas correctoras adecuadas para lograr un mínimo de calidad ambiental exigido.”

Atopámonos, pois, cun empeoramento da situación, xa que se opta agora polo peor dos escenarios e, visto o que se dixo enriba, cun considerable incremento dos riscos que este proxecto conleva. ENDESA non é descoñecedora dos cambios climatolóxicos actuais, que, de repetirse en anos posteriores, impedirían o Enchido Forzado a base dun transvase. Así e todo, non desiste do seu empeño a pesar das nefastas repercusións que tería. Pouco importa que isto afecte ao Parque Natural das Fragas do Eume, a mellor representación de bosque atlántico europeo, nin o perigo de contaminación de acuíferos, nin os cambios atmosféricos que afectarían á poboación de As Pontes, con repercusións inluso sobre a saúde das persoas. Agora si, queda claro que o seu único obxectivo é acadar a máxima rendibilidade na empresa.

No proxecto optouse polo escenario de enchido número tres, descartando os outros tres, por producir graves afeccións ao medio. Polo tanto, e non sendo seguro, debido aos cambios climatolóxicos, que se poida facer o transvase nas condicións expresadas no proxecto, e respectando o caudal ecolóxico, este ano non se podería comezar o enchido. Iniciar co Enchido Pasivo é unha temeridade que as administracións, atendendo ás súas obrigas de vixilancia e coidado do medio ambiente, non deben permitir. Na nosa opinión, estase incurrindo nunha infracción medioambiental grave ao non levar adiante a opción escollida. A autorización deuse en base a esa elección.

Por estas razóns, as entidades citadas novamente denuncian este asunto ante a Consellería de Medio Ambiente e con notificación á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que cese o enchido e se realice o inmediato desaloxo, por medio de bombeo, das augas acumuladas no fondo da mina. Malia que isto supón unha contaminación suplementaria á xa existente para o río Eume, aínda non tería un carácter irreversivel, cousa que si ocurriría unha vez que o volume de auga fixese imposivel o bombeo.

Escrito ao Fiscal Xefe do TSXG Fiscalia de Medio Ambiente

SR. FISCAL XEFE DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA – FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE

As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol e Verdegaia notifican a situación na que actualmente se atopa o proceso de enchido con auga do oco da mina de As Pontes, que foi obxecto de alegacións e recurso por parte da SGHN-Ferrol, ademais da presentación dunha queixa, actualmente en trámite, diante do Comisario de Medio Ambiente da Unión Europea. Conxuntamente coas demais entidades notificantes fixéronse sendas solicitudes de investigacións á Consellería de Medio Ambiente, dado que os estudos feitos ata o momento correron a cargo da empresa ENDESA. Por parte da Consellería de Medio Ambiente non houbo contestación.

ANTECEDENTES:

1. Na localidade de As Pontes (A Coruña), un xacemento de lignito pardo nas últimas décadas foi obxecto de explotación mineira a ceo aberto co obxectivo de subministrar combustivel á central térmica ubicada nas súas inmediacións. Como consecuencia deste proceso orixinouse un descomunal oco que, no momento actual, cómpre xestionar co obxecto de recuperalo ambientalmente.

A opción proxectada pola empresa ENDESA GENERACIÓN S.A. consiste en rechear ese oco con auga procedente, na súa case totalidade, do río Eume, que descorre preto do lugar. Para tal fin presentou no seu día un proxecto ao que a SGHN – Ferrol alegou debido a que nel non se declaraba o caudal ecolóxico do río Eume, dato fundamental para entrar a valorar os impactos que as detraccións de auga van supor para o río e os sistemas ambientais a el asociados.

Solventado este punto con datos proporcionados pola propia empresa, elabórase un novo proxecto, tamén baseado en encher o oco con auga, e preséntase para a súa aprobación. De novo a SGHN – Ferrol alega e recibe resposta negativa ás súas alegacións. O proxecto é aprobado e o recheo é autorizado nos termos en que foi redactado.

A continuación, a SGHN – Ferrol presentou recurso de alzada diante da Consellería de Medio Ambiente, recurso que non foi respostado en ningún momento. As sucesivas tentativas de acadar unha entrevista co conselleiro de Medio Ambiente tampouco foron atendidas, malia ter transcorrido xa case tres anos dende ese momento. Na actualidade, a poucos meses do fin das actividades mineiras, vaise achegando o comezo do recheo coa auga detraída do Eume, e aumenta a urxencia de dar solución axeitada ao problema. Por estes motivos, e debido ás grandes ameazas que, ao noso xuizo, xenera a execución do proxecto, demandamos unha solución axustada á maior garantía ambiental para a zona afectada pola explotación mineira.

2. Aínda que a actuación descrita no proxecto contempla, basicamente, os procesos de enchido e xestión do lago que se pretende crear, cremos necesario establecer o escenario, coa fin de poder valorar axeitadamente a situación ambiental do espazo físico antes, durante e despois da actuación.

Neste senso, cómpre sinalar que a área afectada pola actividade mineira e industrial conta cunha superficie de 3.200 Ha, das que 700 corresponden á mina e 1.400 á escombreira. Isto ten provocado un impacto social e natural infravalorado, a desaparición de case 60 núcleos de poboación rural, a desestruturación dun territorio, un extremo e vertixinoso condicionamento das posiveis formas de desenvolvemento dun territorio tan radical e irreversivelmente transformado, a desaparición repentina dun modo de vida integrado na cultura do rural, o que significou a perda de identidade das persoas que sufriron a expropiación.

Na zona da explotación produciuse a destrución absoluta, non só dos elementos bióticos, senón tamén do sustrato que os mantiña. Parte dos cursos superficiais de auga foron destruídos, outros desapareceron parcialmente e/ou sufriron perda da calidade das súas augas como resultado das actividades mineiras e industriais. As consecuencias paisaxísticas foron tremendas e doadas de apreciar.

A este panorama hai que engadir que as actividades mineiro-industrais das Pontes, coas desmesuradas necesidades de auga para abastecer o seu complexo, xustificaron tamén a construción do Encoro da Ribeira, coa conseguinte desaparición, por asolagamento, dunha extensa superficie de bosques e matogueiras de alto valor ecolóxico. Tampouco se pode esquecer a problemática que orixina a mesta rede de tendidos eléctricos, orixe de talas de arborado, colisión e electrocución de avifauna e riscos de danos graves á saúde das persoas pola exposición continuada ás ondas electromagnéticas. Por outra banda, os transformadores da rede eléctrica presentan a posibilidade de producir contaminación por fugas de sustancias tóxicas.

No apartado de verquidos, cómpre salientar que a Central Térmica empregou o río Eume para desfacerse das augas resultantes das súas actividades, moi ácidas e con sólidos en suspensión. As medidas paliativas destas agresións non se tomaron ata 1983, ano en que se comezou a tratar as augas residuais con cal, e 1991, ano de construción da Planta de Tratamento de Efluentes Líquidos.

Respecto das emisións de vapor, produce alteracións no microclima local, aumentando a humidade atmosférica e a temperatura, favorecendo o ataque de fungos patóxenos a cultivos e arborado. En relación coa choiva ácida, asociada ás emisións de SO2 e de NOx, provoca danos nos cultivos e na vexetación, corrosión nos materiais, acidificación dos solos e máis da auga. Tamén son importantes as emisións de mercurio á atmosfera, con graves consecuencias para o ambiente e a saúde das persoas.

Todo este escenario xustifica, e en gran maneira, a necesidade de acometer un ambicioso plan de actuacións que restitúan ao territorio un valor natural equiparavel ao que posuía antes de comezar as alteracións, recuperando no posivel as condicións previas. A xustificación e coidado á hora de estavelecer estas medidas está dobremente motivado se temos en conta que durante décadas este espazo transformouse no soporte de actividades mineiro-industrais con graves efectos sobre o medio ambiente. No momento en que a minaría vai deixar de ser unha actividade a desenvolver neste contorno, cómpre considerar detidamente as distintas opcións, pois novamente se está a decidir sobre o futuro de As Pontes para un período de décadas.

Tampouco hai que perder de vista a situación actual, nun mundo no que a sostibilidade das actuacións que se emprendan é peza fundamental no deseño dos proxectos, pois ningunha das decisións que se tomen pode deixar de considerar seriamente os efectos ambientais. Neste contexto cobra singular valor o papel que está chamada a xogar a auga, ben escaso e de consideravel valor, recurso estratéxico máis importante canto máis avance o século.

No proxecto que estamos estudando contemplamos dúas realidades contrapostas, un oco desmesurado, froito dos esforzos humanos, e un volume consideravel de auga (superficial e en acuíferos, tan importantes que xa a Unión Europea estaos inventariando e planificando a protección), creado, non por azar, e inserto nun complicado e delicado ciclo natural. Pois ben, estamos a piques de, en aras de resolver un problema (o noso problema), crear algún máis, para que quizáis dentro de anos haxa que reprantexar a cuestión, analizar e identificar os problemas e buscar novas solucións. A necesidade de rechear un oco só pode xustificar o emprego de auga como material de recheo se a calidade desa auga non sofre merma e o medio do que se detrae pode, realmente, soportar esa detracción.

Xa entrando na análise do proxecto presentado, causa sorpresa que, aínda que o expediente recoñece o consideravel valor ecolóxico do espazo no que se vai realizar a actuación (Parque Natural das Fragas do Eume, LIC Serra do Xistral, LIC Xuvia–Castro-Forgoselo, Encoro da Ribeira, Encoro do Eume, Val Inferior do Eume), ao irense desenvolvendo as distintas partes das actuacións, apréciase unha marcada preponderancia dos intereses produtivistas (pesca deportiva, actividades deportivas acuáticas, turismo, praia fluvial, campo de golf, …) sobre os ambientalistas.

Por outra banda, dadas as características do proxecto presentado (acidez e toxicidade das augas, detracción de caudais da cunca do Eume, alteracións climáticas, infiltracións nos acuíferos e desestabilización do macizo, …), as medidas a adoptar deben ser estritas en canto á conservación e seguridade, para evitar que por imprevistos, omisión ou erros se produza un desencadeamento de prexuizos que case sempre terían a consideración de graves ou moi graves, aínda máis se temos en conta os valores ecolóxicos da zona.

CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “RESOLUCIÓN DE DATA 11 DE AGOSTO DE 2005 DO PRESIDENTE DO ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA RELATIVA AO ANTEPROXECTO DE REFERENCIA”:

a) Segundo figura no apartado de Antecedentes deste documento, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio informaron favorablemente un proxecto que recibiron e analizaron cando estaba incompleto, xa que, segundo consta no punto 16 do apartado de Antecedentes, o documento “Taludes de la mina de As Pontes. Evaluación de la estabilidad final y durante el llenado con agua” foi presentado con data 21/12/2004, posterior ás datas nas que os organismos informantes recibiron o expediente. Tendo en conta que ese documento resulta imprescindible para poder avaliar a viabilidade do proxecto, non é aceptable un pronunciamento favorable sen o seu estudo completo.

b) En relación á inestabilidade dos taludes e, en xeral, de toda a estrutura, a propia Resolución que estamos a comentar recoñece a necesidade de controlar de forma exhaustiva durante o enchido e na situación posterior as presións intersticiais, para comprobar que se axustan ás presións realizadas no estudo e non se induza ningún tipo de inestabilidades nos taludes. Tamén se recoñece a necesidade de controlar os movementos que se poidan producir nestes durante o enchido e na situación final ata a estabilización das presións intersticiais, con especial atención aos taludes onde se prevexan menores coeficientes de seguridade.

Consideramos que sen ter o 100% de seguridade non se pode levar a cabo esta obra, polos perigos que acarrexa. Hai que ter en conta que, unha vez comezado o enchido, a situación faise irreversible e, no caso que nos ocupa de estabilidade dos taludes, os problemas comezarían non nos primeiros momentos do recheo, senón na metade do proceso, xa que nos niveis máis profundos a maior estabilidade do macizo asegura un resultado favorable. Os problemas aparecerían en cotas máis altas.

CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “LLENADO DEL HUECO FINAL DE LA MINA DE AS PONTES - INFORME HIDROGEOLÓGICO”:

Do libro “Mapa Geocientífico del Medio Natural – Provincia de A Coruña, E: 1/100.000”, publicado en 1984 pola Dirección de Aguas Subterráneas del IGME (Instituto Geológico y Minero de España), extráense as seguintes conclusións:
  • A zona na que se ubica a Mina das Pontes está enclavada en Depósitos Cuaternarios (predominio de QE Eluvial e presencia de QAl Aluvial).

  • En canto ás Condicións construtivas, a zona na que se ubica a Mina das Pontes está incluída dentro da Formacións permeables – Zonas desfavorables ao verquido.

  • No Mapa de Interpretación Xeotécnica – Condicións Construtivas, a zona na que se ubica a Mina das Pontes está marcada con fondo azul, que sinala Maiores restricións xeolóxicas á construción.
Dos datos acadados, e contradicindo o exposto en diversas partes do proxecto, extráense varias conclusións:
  • Permeabilidade dos materiais, e, polo tanto, perigo de contaminación dos acuíferos circundantes.

  • Inestabilidade dos taludes, e en xeral de toda a estrutura.

  • Materiais xeolóxicos pouco axeitados para a actuación proxectada.
Abundando máis no tema anterior, compre salientar que na páxina 75 do documento de Estudio de Impacto Ambiental que acompaña o proxecto, consta textualmente, nos seus parágrafos e o seguinte (suliñamos as frases que nos parecen máis significativas) :

Como consecuencia, se observa una serie de fenómenos exógenos de cierta importancia constructiva, al aparecer abundantes áreas con deslizamientos activos o en potencia, sobre todo en zonas de elevada altitud a lo largo de planos de pizarrosidad, así como potentes depósitos de materiales arcillosos procedentes de la alteración química, de potencia variable y una cierta inestabilidad puntual, o de lajas y bloques paralelepípedos de alteración mecánica, muy inestable y que tapizan muchas laderas. En el entorno de la zona de estudio la morfología sigue siendo muy acusada, dándose las mayores irregularidades sobre los montes de Caxado, al Norte de la zona de estudio, lo que condiciona la aparición de abundantes deslizamientos a lo largo de los planos de tectonización, bien al efectuarse el descalce en su base, bien al cargarlas a favor de dichos planos y de las pendientes topográficas.

Esta área se caracteriza por una alta capacidad de carga y por la existencia de asientos que, si aparecen serán de magnitud nula o muy reducida. Los problemas que pueden aparecer y que reducirán la capacidad de carga y aumentar la magnitud de los asentamientos estarán relacionados con zonas de alteración (arcillosas y saturadas) o con posibles deslizamientos de lajas al eliminar su base o cargarlos en la misma dirección que los planos de esquistosidad y a favor de las pendientes naturales, o desmoronamientos y caída de terenos sueltos y bloques”.

En todos estes parágrafos evidénciase a incerteza na que se basean os cálculos obtidos, tendéndose a analizar a situación dende o punto de vista do estado actual do vaso, pero sen facer un prognóstico que teña en conta as características futuras, no momento en que o vaso estea enchido con auga e os sistemas de drenaxe hoxe existentes deixen de actuar.

Deberían entón concentrarse en analizar interrogantes tan fundamentais coma estes:
  1. Resposta do sistema ante as presións causadas pola masa de auga.

  2. Unha vez recuperada e posta en marcha a circulación natural das augas, hoxe freada polo sistema de drenaxe, prever a maneira en que vai actuar todo este complexo xeolóxico nas condicións de extrema inestabilidade na que actualmente se atopa.
Semella evidente que nesas circunstancias o desmoronamento dos taludes será seguro, debido ao elevado risco de fracturación. A análise de experiencias similares avalan estes temores.

No propio Estudo de Impacto Ambiental (páxina 5) advírtese da necesidade de asegurarse de evitar estes riscos:

“O Proxecto debe evitar ou mitigar todos os inconvintes derivados do descontrol dos aportes, con procesos de erosión das ladeiras por escorrentías superficiais, deslizamentos das pizarras do borde da formación e outros procesos de inestabilidade xeomorfolóxica que, xunto á pésima calidade das augas de mina, poideran xerar unha situación ambiental negativa, crítica e irreversible; se esta situación chegase a producirse sería permanente no tempo a escala humana, e sería unha fonte de deterioro para a Cunca do Río Eume”.

Na mesma liña de significar a inestabilidade e permeabilidade da zona na que se vai realizar a actuación, e basándonos na lectura do texto do propio documento “LLENADO DEL HUECO FINAL DE LA MINA DE AS PONTES - INFORME HIDROGEOLÓGICO”, podemos entresacar textualmente frases que argumentan a favor das nosas alegacións (o suliñado dalgunhas partes é noso) :

Parágrafo da páxina 16: “En la actualidad, la auscultación de los distintos sistemas está motivada por la necesidad de determinar con la mayor precisión posible las presiones intersticiales presentes en la base del macizo, ya que dicha zona es potencialmene débil ante las solicitaciones producidas por la excavación”.

Parágrafo da páxina 17: “El complejo comportamiento hidrogeológico de las rocas metamórficas en general dificulta la evaluación de características tales como: la infiltración eficaz, la profundidad de la franja fracturada y/o meteorizada, el volumen de huecos intercomunicados, las reservas hídricas, etc”.

Parágrafo da páxina 17: “El flujo de agua en estos casos se produce a través de fisuras, fracturas y fallas, y es difícil de estimar sus características hidráulicas; como consecuencia del desconocimiento de la interconexión entre las distintas discontinuidades y la naturaleza y características de sus rellenos”.

Parágrafo da páxina 17: “En el caso que se presenta en la Mina de As Pontes, el reducido espesor de recubrimiento y la intensa tectonización permiten definir una banda de entre 80 m y 100 m de profundidad de fracturación superficial, consecuencia de la descompresión superficial producida por el avance de la explotación”.

Parágrafo da páxina 19: “ACUÍFERO PALEOZOICO LIBRE: Comprende los materiales paleozoicos aflorantes en los bordes de la cuenca. La circulación del agua se produce preferentemente a través de fracturas abiertas a causa de la distensión por motivos tectónicos, la descompresión producida por la excavación y por la reactivación de las fallas situadas en la zona del cabalgamiento”.

Parágrafo da páxina 20: “Debido a la complejidad geológica del borde Norte de la cuenca (presencia de cabalgamientos, fallas directas e inversas, diques de cuarzo e intercalaciones de milonitas) se presentan, dentro de estos subsistemas, multitud de barreras hidráulicas que complican enormemente su estudio”.

Parágrafo da páxina 26: “La permeabilidad y porosidad del sistema hidrogeológico de la Escombrera Interior no pueden deducirse de datos analíticos de muestras y es necesario repasar la experiencia previa adquirida durante la construcción, rehabilitación y mantenimiento de la Escombrera exterior”.

As condicións hidrolóxicas que presentan as dúas escombreiras son totalmente diferentes, o que non permite facer un balance axeitado da comparación entre elas.

Parágrafo da páxina 27: “En las pizarras existentes se pueden considerar acuíferos en los que la circulación se produce preferentemente a través de fracturas abiertas a causa de la distensión por motivos tectónicos, la descompresión producida por la excavación y por la reactivación de las fallas situadas en la zona del cabalgamiento”.

Da lectura destas notas pódese deducir a indefinición e a falta de previsión que conleva o proxecto, e que reviste maior gravidade toda vez que quen o propón ten coñecemento dos riscos a que se somete, pasando por alto o cumprimento do Real Decreto 116/1984:

Artigo 2.2.

Impacto ambiental. - El titular de la explotación presentará un estudio del impacto ambiental de la actividad sobre los recursos naturales de la zona y el medio en general, evaluándose los efectos transitorios y definitivos, con el fin de planificar la restauración y protección ambiental necesaria.

No proxecto non se avalían os efectos definitivos.

CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “PRONÓSTICO SOBRE LA CALIDAD DE AGUA DEL LAGO FINAL DE AS PONTES DURANTE LA FASE DE LLENADO:

Consideramos que, según consta na páxina 49 do documento “Pronóstico sobre la calidad del agua del lago final de As Pontes durante la fase de llenado”:

Las aguas naturales, no afectadas por la minería están caracterizadas por una mineralización muy baja y una capacidad neutralizante comparativamente exigua. Los cálculos correspondientes al apartado b.) que incluyen una “maximalización” de los caudales de llenado aprovechables del río Eume (>2,5 metros cúbicos por segundo), revelan claramente que incluso grandes caudales de aporte, no realistas, no controbuyen a un apreciable incremento del pH”.

Con respecto das augas do río Maciñeira, do Canal Norte-Illade e do río Peleteiro, parte das augas que van quedar como aporte do lago cando xa non se detraia máis auga do río Eume, na páxina 39 do documento antes citado indícase:

Llama la atención la extremadamente escasa capacidad neutralizante (efecto tampón) de todas estas mencionadas aguas, lo cual es atribuíble a las circustancias geológicas del lugar (rocas ricas en silicatos)”.

En relación coa evolución das concentracións de sulfatos, no mesmo estudo, páxinas 65 e 66, indícase que no período de enchido esas concentracións baixan, pero:

Después se vuelca la tendencia decreciente y las concentraciones vuelven a subir una vez finalizado el proceso de llenado.

Esta evolución podría deberse a los menores aportes de entrada de aguas pobres en sulfatos y con ello a la ausencia del efecto de dilución...

...a la finalización del llenado, entonces los aportes de las aguas de la escombrera exterior y de los taludes residuales de mina, especialmente caraterizados por elevadas cargas de sulfatos, se hacen dominantes.

Con respecto das medidas correctoras tomadas para neutralizar a calidade das augas do lago dise na páxina 66 do mesmo documento:

Debido a los aportes continuos de ácido y cargas de los taludes y de las subcuencas de aportación colindantes afectadas por la minería, una neutralización única de esta índole no sería duradera. Para asegurar su eficacia se deberá llevar a cabo una neutralización posterior en intervalos progresivos de tiempo...”

Estas referencias parecen indicar que o proceso de aumento do pH cesará pouco despois de que se deteñan os aportes de auga do Eume e o proceso se invertirá a favor da acidificación do medio e do aumento de concentración de sulfatos, ferro e manganeso. Polo tanto, ao finalizar o proceso non se acadará o equilibrio desexado, nestas condicións é imposible que se manteña en condicións viables o ecosistema por medio de continuadas enmendas correctoras.

Por outra parte, os desequilibrios que esta situación pode acarrear non se contemplan nin siquera como hipótese de traballo e investigación. Os resultados negativos sobre as augas do río Eume, unha vez tratadas na pranta TEL fainos dubidar da eficacia dos sistemas depurativos existentes.

Dos datos anteriormente expostos sacamos de conclusión que non é posible conseguir a neutralización das augas e a aparición de metais pesados. Co que non se podería levar adiante as prescripcións da Directiva 2000/CE, de Política de Augas :

1. Prólogo, punto 11/:

Tal como se establece en el artículo 174 del Tratado, la política de la Comunidad en el ámbito del medio ambiente debe contribuir a alcanzar los siguientes objetivos: la conservación, la protección y la mejora de la calidad del medio ambiente, y la utilización prudente y racional de los recursos naturales; asimismo, debe basarse en el principio de cautela y en los principios de acción preventiva, de corrección de los atentados al medio ambiente preferentemente en la fuente misma, y de quien contamina paga.”

2. Artigo 1. Obxecto: apartados b, d/:

El objeto de la presente Directiva es establecer un marco para la protección de las aguas superficiales continentales, las aguas de transición, las aguas costeras y las aguas subterráneas que:

b) promueva un uso sostenible del agua basado en la protección a largo plazo de los recursos hídricos disponibles;

d) garantice la reducción progresiva de la contaminación del agua subterránea y evite nuevas contaminaciones

3. Artigo 4. Obxectivos medioambientais: apartado 1.a) (i.i.i.).:

Al poner en práctica los programas de medidas especificados en los planes hidrológicos de cuenca:

a) para las aguas superficiales

(iii) los Estados miembros protegerán y mejorarán todas las masas de agua artificiales y muy modificadas, con objeto de lograr un buen potencial ecológico y un buen estado químico de las aguas superficiales a más tardar quince años después de la entrada en vigor de la presente Directiva, de conformidad con lo dispuesto en el anexo V, sin perjuicio de la aplicación de las prórrogas establecidas de conformidad con el apartado 4 y de la aplicación de los apartados 5, 6 y 7 y no obstante lo dispuesto en el apartado 8.

4. Artigo 4. Obxectivos medioambientais: apartados b) (i) e (ii):

b) para las aguas subterráneas

(i) los Estados miembros habrán de aplicar las medidas necesarias para evitar o limitar la entrada de contaminantes en las aguas subterráneas y evitar el deterioro del estado de todas las masas de agua subterránea, sin perjuicio de los apartados 6 y 7 y no obstante lo dispuesto en el apartado 8, y sin perjuicio de la letra j) del apartado 3 del artículo 11;

(ii) los Estados miembros habrán de proteger, mejorar y regenerar todas las masas de agua subterránea y garantizarán un equilibrio entre la extracción y la alimentación de dichas aguas con objeto de alcanzar un buen estado de las aguas subterráneas a más tardar quince años después de la entrada en vigor de la presente Directiva, de conformidad con lo dispuesto en el anexo V, sin perjuicio de la aplicación de las prórrogas determinadas de conformidad con el apartado 4 y de la aplicación de los apartados 5, 6 y 7 y no obstante lo dispuesto en el apartado 8, y sin perjuicio de la letra j) del apartado 3 del artículo 11.

Con respecto destes artigos é preciso remarcar a irreversibilidade do proceso e o posible crecemento exponencial das consecuencias adversas que xeraría: contaminación do Río Eume e dos sistemas a el asociados, contaminación dos acuíferos, imposibilidade de utilizar estas augas para uso humano, etc..


CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DEL PROCESO DE LLENADO DEL HUECO DE MINA DE AS PONTES:

* A oxidación das piritas (FeS2) provoca unha acidificación das augas, algo especialmente grave no caso das augas da mina, escombreira e subcunca Norte. Ademais, os compostos ferrosos pasan a férrico e estes á súa vez forman hidróxido férrico incrementándose a acidez. Os pHs que se manexan no proxecto son ácidos ou moi ácidos acadando niveis letais para certas especies de vertebrados como peixes e anfibios, polo que non é esperable unha recolonización desta masa de auga por parte destes e outros grupos zoolóxicos (invertebrados).

* Os niveis de Manganeso tras o proceso de enchido da mina mantéñense en niveis practicamente idénticos aos do escenario inicial, incluso aumentando lixeiramente nalgún dos escenarios de enchido propostos, cando no propio proxecto recoñécese que estes niveis poden resultar tóxicos.

* Á hora de valorar a pertinencia de establecer no oco da Mina un recheo a base de auga que, no mellor dos casos, orixinaría (¿ao cabo de canto tempo?) un lago de maior ou menor calidade biolóxica e, según indicios máis pesimistas, unha balsa de augas ácidas e tóxicas de difícil ou case imposible xestión, pódense ter en conta moitas consideracións. É precisamente no documento que estamos a analizar no que atopamos, na páxina 93, algúns aspectos que nos parecen fundamentais e que salientamos a continuación:

… los afloramientos de las pizarras, ricas en sulfuros y que en conjunto, afloran a lo largo de unos 2.500 m de longitud aproximadamente en el borde de la lámina de agua. En estos casos la oxidación de los sulfuros piríticos puede originar suelos puntuales, y sobre todo, disoluciones del suelo, extremadamente ácidas con pH inferior a 3,5 y altas concentraciones de Al, Fe y sulfatos, es decir condiciones propias de suelos sulfato-ácidos con horizontes sulfúricos en condiciones oxidantes”.

Procesos de Alteración y Generación de Acidez.

En relación a la calidad final de las aguas del futuro lago, la zona de actuación presenta un inconveniente principal que deriva de la litología del vaso y de los procesos de alteración mineral y edafogénesis (acidolisis a acidolisis fuerte) que están teniendo lugar. Concretamente, la exposición a la intemperie de algunos minerales sulfurosos (pirita fundamentalmente) variables entre 0 y >3% en las pizarras negras (Monterroso, 1995) que afloran en el extremo NW del hueco de mina, constituye una fuente de acidez para las aguas del futuro lago. Los efectos del proceso de oxidación de las piritas de la acidolisis son patentes por el color rojizo de los óxidos de hierro en los regueros de los taludes y en las canalizaciones que conducen las aguas de lixiviado (fotos 3 y 4) y son descritos a continuación debido al interés que presentan en relación con la calidad final de las aguas del futuro lago”.

Con todas estas eivas non se poderían levar adiante as esixencias lexislativas en materia de residuos e máis a Lei de Augas, que obrigan a unha rexeneración das augas contaminadas, á prevención para non contaminar novas masas de auga, e prohíben expresamente as actividades contaminantes. A este respecto, cómpre citar, da Lei de Augas modificada 29/85:

1. Artigo 84:

Son objetivos de la protección del dominio público hidráulico:

a) Prevenir el deterioro del estado ecológico y la contaminación de las aguas para alcanzar un buen estado general.

b) Establecer programas de control de calidad en cada cuenca hidrográfica.

c) Impedir la acumulación de compuestos tóxicos o peligrosos en el subsuelo capaces de contaminar las aguas subterráneas.

d) Evitar cualquier otra acumulación que pueda ser causa de degradación del dominio público hidráulico.

e) Recuperar los sistemas acuáticos asociados al dominio público hidráulico.

Reglamentariamente se establecerán los niveles de calidad correspondientes a los estados indicados en el apartado a) y los plazos para alcanzarlos.

2. Artigo 89:

Queda prohibida, con carácter general, y sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 92, toda actividad susceptible de provocar la contaminación o degradación del dominio público hidráulico, y, en particular:

a) Acumular residuos sólidos, escombros o sustancias, cualquiera que sea su naturaleza y el lugar en que se depositen, que constituyan o puedan constituir un peligro de contaminación de las aguas o de degradación de su entorno.

b) Efectuar acciones sobre el medio físico o biológico afecto al agua, que constituyan o puedan constituir una degradación del mismo.

c) El ejercicio de actividades dentro de los perímetros de protección, fijados en los Planes Hidrológicos, cuando pudieran constituir un peligro de contaminación o degradación del dominio público hidráulico.

3. Artigo 94:

Cuando el vertido pueda dar lugar a la infiltración o almacenamiento de sustancias susceptibles de contaminar los acuíferos o las aguas subterráneas, sólo podrá autorizarse si el estudio hidrogeológico previo demostrase su inocuidad.”

A existencia da escombreira exterior, de 1.400 Ha de superficie, supón unha fonte continua de contaminación das augas, considerándose no proxecto a de maior repercusión sobre o conxunto das augas, xunto coas augas da mina

Para xustificar a non afección do Río Eume arguméntase, na páxina 292 do Estudo de Impacto Ambiental:

“O tramo entre a mina e o Embalse do Eume foi fortemente afectado nos inicios da explotación mineira (1979-1990) sen que ata hoxe se lograra unha recuperación completa.

Por elo unha afección a esta zona ten un menor impacto e incluso o descenso do caudal permitiría a realización de actuacións de limpeza e acondicionamento do fondo … e a retirada dos lodos con alto contido en manganeso susceptible de ser solubilizado ou suspendido coa conseguinte afección á calidade da auga para usos potables …”

Este parágrafo está cheo de despropósitos: remover os lodos pode dar lugar a unha catástrofe ambiental sen precedentes na zona, hai que ter en conta que o espazo comprendido entre a Central Térmica e o Embalse do Eume está convertido actualmente nunha balsa de lodos con elevadas concentracións de metais pesados de enorme perigosidade.

Por outra banda, déixase constancia dos niveis de caudais que se van rexistrar confirmando os nosos temores de que non se respetarán os caudais ecolóxicos.

A lexislación ambiental é ben clara ao respecto, a Lei 10/98 de Residuos establece no seu artigo 12.1.:

Las operaciones de gestión de residuos se llevarán a cabo sin poner en peligro la salud humana y sin utilizar procedimientos ni métodos que puedan perjudicar al medio ambiente y, en particular, sin crear riesgos para el agua, el aire o el suelo, ni para la fauna o flora, sin provocar incomodidades por el ruido o los olores y sin atentar contra los paisajes y lugares de especial interés.”

O risco que podería supor a remoción destes lodos para a saúde humna e os ecosistemas existentes obrigaría a planificar calquera das medidas que se tomasen ao respecto. Polo que se deduce do que se indica no proxecto, estas actuacións faránse sen a debida planificación e sen a presentación do proxecto específico, tratándose dunha masa de auga tan afectada haberá que programala en prazos que fagan viable calquera proposta, como así o propón a Directiva 2000/CE de Política de augas:

1. Prólogo – 31):

En los casos en que una masa de agua esté tan afectada por la actividad humana o su condición natural sea tal que pueda resultar imposible o desproporcionadamente costoso mejorar su estado, podrán establecerse objetivos medioambientales menos rigurosos con arreglo a criterios adecuados, evidentes y transparentes, debiendo adoptarse todas las medidas viables para evitar el empeoramiento de su estado.

2. Artigo 1. Obxecto a/, b/, d/:

El objeto de la presente Directiva es establecer un marco para la protección de las aguas superficiales continentales, las aguas de transición, las aguas costeras y las aguas subterráneas que:

a) prevenga todo deterioro adicional y proteja y mejore el estado de los ecosistemas acuáticos y, con respecto a sus necesidades de agua, de los ecosistemas terrestres y humedales directamente dependientes de los ecosistemas acuáticos;

b) promueva un uso sostenible del agua basado en la protección a largo plazo de los recursos hídricos disponibles;

d) garantice la reducción progresiva de la contaminación del agua subterránea y evite nuevas contaminaciones.

Co proxecto de rexeneración do oco da mina das Pontes non se cumprirán ningún destes requisitos, pois suporá un deterioro adicional con respecto das condicióbns existentes, podendo causar graves consecuencias, mesmo para a saúde humana. Os efectos serían moi graves no momento da detracción da auga do Eume e tributarios, incluso co perigo de mobilización de metais pesados existentes nos sumidoiros, e ademais serían permanentes no tempo e de consecuencias imprevisibles.

Non hai que esquecer que nos atopamos diante dun espazo natural de altísimo interese medioambiental, por representar un dos poucos sistemas de bosque atlántico existente hoxe en Europa.

Dende hai décadas, e dende diferentes entidades medioambientalistas e distintas personalidades do ámbito universitario vense demandando a restauración dos espazos danados pola actividade de minaría e máis da central térmica na Cunca do Río Eume. Este proxecto daría ao traste coas esixencias de restauración a longo prazo esixibles pola lexislación, agravándose cada vez máis a situación.

No documento de Estudo de Impacto Ambiental conclúese que o proxecto non afecta outras áreas de interese recoñecido (nomeadamente, o tramo do río Eume comprendido entre As Pontes e Pontedeume, no que podemos atopar figuras tan singulares e importantes como unha parte significativa do Parque Natural das Fragas do Eume, o Encoro do Eume, o Val Inferior do Eume e o ecosistema resultante do encontro das augas fluviais coas augas mariñas na ría de Ares). Aínda que se recoñece que o Encoro do Eume vai ver reducidas as súas entradas de forma temporal mentres dure o proceso de enchido, considérase que volverá á situación inicial unha vez colmado o oco da mina.

Só se nos ocorre un comentario e é moi sinxelo, de pura cuestión aritmética: os aproximadamente 470 hm cúbicos de auga que van encher o oco da mina, que dito sexa presenta unhas dimensións certamente considerables, van saír integramente dun río, o Eume, e non lenta e mesuradamente, senón nun período que semella moi curto, tres anos e medio. Auga detraída nun río é auga que non chega a ese río, concebido necesariamente non como corrente de auga que se encamiña ao mar, senón, e esta é a súa riqueza, como sucesión case inesgotable de hábitats, escenarios e refuxio para unha salientable e valiosa diversidade biolóxica, recoñecida pola comunidade científica mundial e as administracións públicas (aí están as diversas figuras de protección: Parque Natural, Lugar de Importancia Comunitaria, etc.). Quitarlle auga a un río (que existe en tanto que a reciba), aínda que se lle “conceda” un 30% en concepto de caudal ecolóxico, poida que non signifique a súa desaparición, máis é, cando menos un impacto serio para o río (e todo o que o acompaña); impacto que comeza no punto no que se realiza a detracción e remata onde remata o río, no mar. En consecuencia, estariase conculcando o apartado 2 do artigo 6 do R.D. 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuir a garantizar a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, entre outra lexislación concordante, dado que, tanto os hábitats naturais como as especies que motivaron a inclusión das Fragas do Eume como Lugar de Interese Comunitario veríanse afectados.

A Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galiza indica:

Artículo 29.Aprovechamiento y uso de los bienes y recursos incluidos en espacios naturales protegidos.

1. El aprovechamiento y uso de los bienes y recursos incluidos en el ámbito de un espacio natural protegido se realizará de manera que resulte compatible con la conservación de los valores que motivaron su declaración, tal y como se dispone en los instrumentos de planeamiento.”

Artículo 64.Infracciones graves.

Serán infracciones graves:

2) La destrucción o degradación severa del hábitat de especies vulnerables o de interés especial, en especial de los lugares de reproducción, invernada, reposo o alimentación incluidos en los espacios naturales protegidos.

Artículo 66.Circunstancias para la graduación de las sanciones.

1. Serán circunstancias a tener en cuenta para la graduación de las sanciones que puedan imponerse por las distintas clases de infracciones:

a) La existencia de intencionalidad.

b) La naturaleza e irreversibilidad de los perjuicios".

Consideramos que estes tres agravantes interveñen nesta actuación: Intencionalidade, pois coñecéndose as graves repercusións que sobre o medio pode conlevar, as dificultades que entraña levalas a bo fin, sabendo que posiblemente ese fin non sexa acadable polas pésimas condicións que concorren (masa de auga con escaso poder neutralizante, sistema xeolóxico moi inestable e fonte de acidez continua, verticalidade dos taludes, imposibilidade de fixar con vexetación, etc.) preténdese continuar con esta actuación sen outro interese que acadar o maior beneficio económico posible; irreversibilidade: sen que para nada importe a destrución deste medio tan valioso dun xeito irreversible.

Posible escenario no caso de que as previsións non se cumpriran:

1. se a calidade das augas non acada un nivel mínimo, contaminaríase o río Eume dende a Central Térmica ata a súa desembocadura coas augas de rebouse do lago, cos danos ecolóxicos que isto acarrearía, durante un período de tempo indeterminado ata que se evite o rebose ou a calidade das augas mellore.

2. creación dun lago coas augas envelenadas, que sería un serio perigo para as formas de vida xa existentes e impediría a aparición doutras moitas.

3. imposibilidade de utilización do lago para as actividades previstas no proxecto.

4. posible envelenamento, por filtración das augas do lago, dos acuíferos circundantes, o que ocasionaría a propagación dos riscos antes enumerados a zonas máis alonxadas.

5. graves consecuencias para a saúde humana.


CONSIDERACIÓNS RESPECTO DO DOCUMENTO “DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL EN DATA 8 DE XULLO DE 2005”:

No punto 6 da páxina 3 preséntanse unha serie de medidas para garantir ás augas do lago un valor medio do pH das augas do río Eume, incluíndo o seu procesamento nas instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) da Central Térmica.

Consideramos que calquera pequeno erro de cálculo no proceso de enmenda con cal podería derivar en graves problemas de toxicidade para a fauna e a flora.

No mesmo punto 6 da páxina 3 considérase a posibilidade de utilizar no proceso de enchido as augas provintes da Central Térmica (dado o seu carácter claramente neutro) como as súas instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) para efectuar un tratamento adicional das augas de rebouse do lago antes do seu vertido ao río Carracedo.

Dende o noso punto de vista, trátase aquí de realizar unha actuación arriscada e non totalmente xustificada, ao menos se tomamos en consideración as conclusións que aparecen reflectidas na páxina 146 do documento de Estudo de Impacto Ambiental que acompaña o proxecto. Nesta páxina podemos atopar, textualmente, o que segue:

Conclusiones.

La calidad biológica de las aguas del Río Eume se reduce notablemente aguas abajo del núcleo de As Pontes, coincidiendo con el descenso del pH y de la concentración de oxígeno disuelto, factor limitante de primer orden para la fauna en general y los macroinvertebrados en particular. En esta zona se produce la reducción tanto en el número como en la calidad bioindicadora de las familias de macroinvertebrados acuáticos: Así, aguas arriba se determinó una calidad biológica aceptable, denotándose únicamente ciertos indicios de contaminación probablemente ocasionados por vertidos derivados del núcleo urbano de As Pontes. Por el contrario, la calidad biológica de las aguas del río por debajo de la central térmica disminuye considerablemente, y según el Índice B.M.W.P. se trata de aguas contaminadas, pudiéndose imputar la ausencia de muchas familias de macroinvertebrados acuáticos en esta zona a la inestabilidad de los parámetros físico químicos (pH) que limitan la productividad primaria. …

O mesmo ocorre se se pensa na hipotética situación que aparecería unha vez enchido o oco da mina. Con independencia do pH rexistrado nese momento, semella que a tendencia máis probable é un incremento da acidez das augas, se temos en conta que os tributarios do lago creado (segundo indica o mencionado “Pronóstico sobre la calidad del agua del lago final de As Pontes durante la fase de llenado” na páxina 39) teñen escasa capacidade neutralizante (efecto tampón), atribuíble ás ciscunstancias xeolóxicas do lugar (rochas ricas en silicatos).

Na páxina 4 tómanse en consideración os riscos existentes para a fauna piscícola debido ás condicións presentes na auga do lago durante os primeiros anos.

Esta consideración debe extenderse á totalidade dos organismos, acuáticos ou non, que están sometidos ao mesmo tipo de risco.

Ao longo do punto 5 da páxina 4 explicítase o réxime de caudais ecolóxicos mínimos a manter no río, así como a implantación dun módulo limitador das detraccións de caudais.

Implicitamente recoñécese neste punto que os estudos sobre os caudais do río Eume deben ser máis detallados. En consecuencia, semella pouco lóxico e carente de senso científico continuar cun proxecto que presenta unha eiva tan considerable. Por outra banda, as aportacións de augas limpas calcúlanse a partir de datos anteriores ao ano 2002, sendo os anos 2003 e 2004 os que menor caudal rexistraron, debido á seca que aínda hoxe continúa. Sobre os datos manexados no Proxecto estáblecense unha serie de valoracións que non son reais, senón tan só hipotéticas. Os caudais de estiaxe rexistrados nos últimos anos provocarían unha ralentización da neutralización, con respecto aos datos manexados no proxecto.

No apartado 1 da páxina 13 inclúese como medida correctora do pH a instalación de humidais ou balsas reductoras como sistemas pasivos, segundo se describe no "Proyecto descriptivo de instalaciones de depuración de las aguas del lago antes de su descarga" instalaríanse vexetación lacustre sobre un sustrato non especificado. Finalmente quedaría recuberto por unha lámina de auga duns 45 cm como máximo. Esta medida correctora parécenos insignificante, debido á pouca superficie da cuberta vexetal para neutralizar a auga que entra e a limitada capacidade do sistema de balsas, o que reduce considerablemente a súa eficacia.

Na páxina 292 do Estudo de Impacto Ambiental, na que se fala do sistema límnico como paliativo dos efectos negativos da actuación indica:

“O sistema límnico producido exercerá un control importante, tanto sobre os episodios de augas ácidas que poden producirse nas ladeiras, como sobre os contidos de metais pesados en disolución e partículas en suspensión que serán inmobilizadas maioritariamente nas capas profundas do sistema lacustre”

Sen embargo, esta información contradise coa existente na páxina 146, na que se expresa a profundidade do futuro lago, a saber, 200m na cunca oeste e 60m na cunca leste e se indica:

“Nos lagos de rexións temperadas as temperaturs das distintas capas poden chegar a igualarse, no inverno, orixinando a mestura das súas masas, situación esperable para o campo leste”.

De tal maneira, o futuro lago non pode ser clasificado como meromíctico, onde non se produce recirculación completa. Polo tanto, en inverno, coa mestura das augas, os problemas de acidez e afloramento de metais pesados empeoraría, posibilidade que non se prevé no proxecto, e rompendo cos cálculos de proxección da neutralización.

Nestes cálculos tampouco se contempla o feito de que no verán pode haber anos nos que non haxa rebouse ao Eume, chegando a baixar a lámina de auga ata 50 cm con respecto do nivel de rebouse, segundo se indica no proxecto. Tamén será unha causa de aceleración dos procesos de acidificación unha vez que os efectos da dilución, unha vez rematado o trasvase, desaparezan.

No primeiro parágrafo da páxina 14 apreciamos unha contradición cando se recoñece a validación da estabilidade dos noiros, e, acto seguido se recomenda como medida preventiva a instalación de sismógrafos. Tampouco semella razonable sinxelamente “recomendar” unha serie de precaucións que se xulgan necesarias.

Independentemente das precisións antes sinaladas, detectamos unha serie de omisións sobre aspectos de gran importancia:

* Non se valoran nin describen os posibles efectos destas actuacións sobre o río Eume, incluído o Parque Natural / Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.), o encoro de Goente, nas marismas do curso baixo, na desembocadura na Ría de Ares... Quedan sen fixar as posibles medidas para rectificar eses posibles efectos, que ao noso entender serían:

1. consecuencias da modificación considerable dos caudais, xa que na fase de enchido non se acadarían os niveis de caudais invernais.

2. erosión das marxes do río, unha vez restablecidos os caudais normais, dado que parte da vexetación que fixa as marxes desaparecerá durante os anos de enchido do lago, isto acarrea o arrastre e deposición de lodos na desembocadura.

3. descenso da masa de auga, con repercusións na flora liquénica, briofítica e pteridofítica, tres dos principais valores que conlevaron a declaración do Parque Natural das Fragas do Eume/Lugar de Importancia Comunitaria, existindo unha clara e estreita relación entre o microclima e a conservación destas especies.

4. repercusións sobre a fauna acuática, sobre todo no grupo dos invertebrados, afectando ás comunidades animais e, en xeral, á cadea trófica.

5. o descenso de aportes de auga doce afectará a dinámica do ecosistema marismeño na zona da desembocadura do río Eume na ría de Ares, afectando igualmente os bancos marisqueiros.

* Non aparece un proxecto alternativo para o caso de que as previsións non se cumpran e xurdan problemas sobre a marcha (que as augas que rebousen do lago enchido sexan dañinas para o medio, que os noiros non resistan as novas presións, que aparezan filtracións aos acuíferos, ...). Nun proxecto desta envergadura, e coa magnitude dos danos que poderían xurdir dende o punto de vista ambiental, económico e de saúde pública, parécenos imprescindible ter previstas unha serie de medidas paliativas dos efectos máis prexudiciais.
* Botamos en falta, a valoración das consecuencias que na saúde humana van supor as modificacións climatolóxicas que con seguridade terán lugar.
* A evaluación de impacto e o plano de seguimento do enchido non recollen aspectos hidrobiolóxicos, e cando se fala do seguimento da fauna e flora do futuro lago os parágrafos están baleiros de contido. Só se inclúen frases feitas e recomendacións excesivamente vagas. Isto ponse de manifesto no feito de que en ningún momento se contempla a posibilidade de que, no lago ou nos humedais que se crearán para reducir a acidez das augas, aparezan especies de insectos vectores de enfermidades, como por exemplo psicódidos e culícidos, ou especies que provoquen reaccións alérxicas, como os quironómidos (todos eles son dípteros). De feito, as balsas con vexetación proxectadas serán "balsas en las que el flujo de agua está ralentizado sobre una capa de residuos orgánicos en descomposición...", condicións ideais para que se desenvolvan estes dípteros.


CONCLUSIÓNS:

* As características xeolóxicas, dende o punto de vista tectónico e litolóxico, as abondosas fallas activas e as fracturas, ademáis dun terreo fundamentalmente formado por rochas metamórficas fan aparecer significativos riscos de deslizamentos, así como de posibles filtracións aos acuíferos. Son perigos tan grandes como difíciles de evitar.

* A calidade final das augas do lago non está en absoluto garantida, existindo pola contra grandes posibilidades de que o lago non acade uns niveis mínimos de habitabilidade, o que por rebouse extendería os problemas cara o río Eume.

* As detraccións de auga ao Rio Eume son excesivas e causarían un grave prexuizo ambiental.

* Trátase dun proceso irreversible. Unha vez comezado non ten volta atrás.

* En ningún caso as pésimas actuacións levadas a cabo dende o comezo da explotación deben repercutir máis do que xa o fixeron ata a actualidade sobre as augas do río Eume. Por iso cremos que a única solución factible para asegurar esta condición é encher o oco con áridos. O custe económico desta operación non pode representar un obstáculo a ter en conta.

* Como consecuencia dos previsibeis impactos ambientais que afectarían aos habitats naturais e ás especies de interese comunitario que motivaron a inclusión do Parque Natural das Fragas do Eume como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.), estariase conculcando o apartado 2 do artigo 6 do R.D. 1997/1995 do 7 de decembro, entre outra lexislación ambiental concordante.

Non corresponde a estas entidades dar alternativas ou solucións a este problema, que era previsible en todo o seu alcance, dende o momento no que comezou a explotación de lignito pardo, fonte inesgotable de problemas para o noso territorio, aparellando tremendas perdas económicas no sector agrícola, gandeiro e forestal, demais doutras para as que nos se chegou a facer estudos, e polo tanto non foron detectadas, non sen querer, como son as repercusións na saúde humana, a día de hoxe, e aínda coa agravante de ser a Central Térmica de As Pontes o segundo foco europeo de emisións de CO2 e máis de SO2, non existen estudos epidemiolóxicos que amosen os efectos sobre a saúde humana . Como cuestión de fondo cómpre salientar o feito de presentar Galiza un dos PIB máis baixos de Europa.

Despois de expoñer estas razóns, e aínda sabendo que existen outras solucións máis satisfactorias e menos dañinas para o medio que o recheo do oco mediante un transvase con auga, non se pode aceptar que esta sexa a solución elixida, en base a posibles criterios económicos. Se a esta empresa se lle aplicaran as sancións implícitas nas diferentes lexislacións (locais, autonómica, estatais e europeas), por delitos medioambientais excedería con moito o custe que supón unha boa restauración.

SITUACIÓN ACTUAL

Este panorama mantíñase ata finais do ano 2007. A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase para mediados dese mesmo mes. As presentes entidades solicitaron á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal considerable con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.

O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción acarrexaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago, unha vez enchido este, e por rebouse, considerándose que sería maior a afección que no suposto dun enchido forzado a base do transvase do Eume.

Así, na páxina 341 do Estudo de Impacto Ambiental sinálase o seguinte:

Para la alternativa del llenado pasivo se han obtenido valores de calidad negativos en el 47,69% de los indicadores ambientales analizados, lo que supone una afección negativa en casi la mitad de los parámetros estudiados.(…) La calidad ambiental alcanzada estaría por debajo de los niveles de restauración que requiere el hueco de mina…

Na páxina 343 indícase:

En la evaluación ambiental obtenida para la alternativa del llenado pasivo… todos los indicadores ambientales analizados sufrirían impactos ambientales negativos, directos, acumulativos y/o sinérgicos, a corto plazo, permanentes, irreversibles, continuos y críticos, porque supondrían el desarrollo de un proyecto aleatorio sin ningún tipo de control ni habría posibilidad de aplicar las medidas correctoras adecuadas para lograr un mínimo de calidad ambiental exigido.”

Atopámonos, pois, cun empeoramento da situación, xa que se opta agora polo peor dos escenarios e, visto o que se dixo enriba, cun considerable incremento dos riscos que este proxecto conleva. ENDESA non é descoñecedora dos cambios climatolóxicos actuais, que, de repetirse en anos posteriores, impedirían o Enchido Forzado a base dun transvase. Así e todo, non desiste do seu empeño a pesar das nefastas repercusións que tería. Pouco importa que isto afecte ao Parque Natural das Fragas do Eume, a mellor representación de bosque atlántico europeo, nin o perigo de contaminación de acuíferos, nin os cambios atmosféricos que afectarían á poboación de As Pontes, con repercusións inluso sobre a saúde das persoas. Agora si, queda claro que o seu único obxectivo é acadar a máxima rendibilidade na empresa.

No proxecto optouse polo escenario de enchido número tres, descartando os outros tres, por producir graves afeccións ao medio. Polo tanto, e non sendo seguro, debido aos cambios climatolóxicos, que se poida facer o transvase nas condicións expresadas no proxecto, e respectando o caudal ecolóxico, este ano non se podería comezar o enchido. Iniciar co Enchido Pasivo é unha temeridade que as administracións, atendendo ás súas obrigas de vixilancia e coidado do medio ambiente, non deben permitir. Na nosa opinión, estase incurrindo nunha infracción medioambiental grave ao non levar adiante a opción escollida. A autorización deuse en base a esa elección.

Por estas razóns, as entidades citadas novamente denuncian este asunto ante a Consellería de Medio Ambiente e con notificación á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que cese o enchido e se realice o inmediato desaloxo, por medio de bombeo, das augas acumuladas no fondo da mina. Malia que isto supón unha contaminación suplementaria á xa existente para o río Eume, aínda non tería un carácter irreversivel, cousa que si ocurriría unha vez que o volume de auga fixese imposibel o bombeo.

En Ferrol, a 20 de febreiro de 2008

_________________

20080224

O camiño do pobo

O camiño do pobo

VOTO EN BRANCO MANOEL SANTOS 24.02.2008

Malia que aínda é cedo para avaliar que efectos pode ter a Rede Galiza Non Se Vende -RGNSV- na sociedade e na política galegas, pois é un movemento recente e non dabondo instaurado no maxín popular, a exitosa manifestación do domingo 17 pode marcar un antes e un despois, quer no papel e influencia dos movementos sociais independentes, quer no xeito de exercer presión sobre a política, que esquece moi a miúdo de onde vén. Hai uns tres apuntamentos que, sempre coas reservas que supón a noviza rede, fan pensar que estamos nun momento histórico. En primeiro lugar, parece que a RGNSV deu no albo na súa demanda central e isto entrou en sintonía con boa parte da poboación, pois o movemento medra exponencialmente. A defensa do territorio é cada vez menos demanda e máis necesidade para as galegas e os galegos. Porén, "terra viva e vida digna para tod@s" non é unha reivindicación exclusivamente verde, como as que agromaron no mundo logo de maio do 68, senón que a rede a enmarca no sistema economicista global que pon o interese duns poucos por diante dos da maioría. É pois, por riba de todo, unha loita antiglobalización.

En segundo lugar está o xeito de traballar, a rede en si. Decenas de colectivos, sen apoio político, nin mediático, nin económico -todo o contrario-, aprenderon a conectarse e confluír nunha loita común ben significativa. A miúda pero xeneralizada cobertura dos medios de comunicación á mobilización do 17 é un éxito do traballo en rede e non unha consecuencia da responsabilidade deses medios, cuxa tendencia é sempre a de ocultar a realidade social e enxalzar a virtualidade política. Non quedou máis remedio que contalo, pois había moita xente. A RGNSV nace na conxuntura planetaria da formación de redes horizontais de acción e presión como resposta á ofensiva do capital sobre a política e o agachar de orellas desta última.

E en terceiro lugar está a independencia do movemento. Se cadra é a primeira vez na historia de Galiza que tantas persoas saen á rúa sen ningún pai político detrás. Foi a manifestación da emancipación popular respecto do poder político. A Quintana encheuse como calquera Día da Patria -e sen escenario-, cantou o himno e berrou ese "Galiza ceibe, poder popular" que, desta vez, foi máis popular ca nunca. Velaí un novo camiño para o pobo, un camiño necesario.
_______________