20070630

O espazo deportivo no desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón

Carta de Ferrol Deporte ó Conselleiro de Vivenda.
O espazo deportivo no desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón
Carta á Consellería da Vivenda

Sr. Conselleira de Vivenda – San Caetano
Ferrol, 30 de junio de 2007

Pola presente, eu Xan Antón Ramírez, como secretario da asociación Ferrol Deporte, con domicilio en Aptdo 297 Ferrol, despois de estudiados na derradeira xunta directiva de esta entidade, os documentos facilitados pola Sección de Urbanismo do Concello de Ferrol, sobre o desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón, e visto o reparto das parcelas destiñadas para o espacio deportivo, observamos que:
  • Son parcelas adicadas o deporte as D2, D3 e D4, de 2214m2, 2932m2 e 2115m2 respeitivamente.
  • A denominada D3 se incorpora as parcelas deportivas circundantes, é decir os campos de futbol xa existentes na denominada zona deportiva da Gandara.
  • A denominada D2, e unha continuidade dun parque previsto, e non pode conter instalación algunha cuberta.
  • A denominada D4, vai incrustada no tecido urban, rodeada de dous edificios de 3 pisos mais baixo, o que se convirte nunha nova praza Sartaña.
As conclusión que sacamos destes primeiros datos son:

1) A superficie a todas vistas, é insuficente para dotar unha nova barriada, que mais por riba se supón de veciños novos en edade, con posibilidade deunha población infantil abundante, e polo tanto con mais necesidades de superficie e instalacións deportivas.

2) Unha das parcelas é como xa nin existira pois tan so sirve para reforzar as instalacións xa existentes.

3) As duas parcelas restantes teñen unha superficie tan mínima que tan so se poderán artellar pequenas pistas polideportivas.

4) Tan so unha delas permite facerlle un aparcamento soterrado, polo que o achegamento en medios moviles, tamen será complicado.

5) A nova barriada do Bertón, mais as existentes e circundantes de Ultramar e San Xoan, seguen a ter, nin terán posibilidades, deste xeito, de ter unha instalación deportiva cuberta cun mínimo de capacidade para desenrolar todo tipo de actos non so deportivos, senon sociais.

6) Ferrol segue a necesitar instalacións deportivas de calidade, como a piscina de 50 mts, ou pavillóns que den cabida a outros deportes: xoquei, ciclismo etc. Nestas parcelas, ni tan sequera podería ir instalada a “instalación de ocio” de Sartaña.

Por todo isto:

Solicitamos a URXENTE, revisión do plan parcial do Bertón, e que non se vexa o deporte, unha vez mais, como algo que ocupa “recortes de terreno sobrante”, senon como un dereito do cidadán e un deber da Administración, de xeito contrario se estará unha vez mais coartando a Ferrol, para que se desenrole en todos os seus sentidos e un deles é o dereito ó deporte e polo tanto a unha cultura de saúde pública.

Xan Ramírez
Secretario
__________

20070628

FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE-NE-1473 sobre instalacións e equipos para GNL - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998

FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998

___________________

NON SE DEIXOU ZONA DE EXCLUSION TÉRMICA NO PERIMETRO DA PLANTA TAMPOUCO SE REALIZO A EVALUACION DE IMPACTO AMBIENTAL
_______________________

(EIA) BOE nº 176 de 24 de xullo de 2002 : As instalacións da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) no termo municipal de Mugardos (A Coruña) deberán de cumprir os criterios e requisitos establecidos na norma europea UNE-NE-1473 e nas súas normas de referencia (como é UNE-NE-1532 que regula a saída á mar do gasero en caso de emerxencia), debendo considerarse ademais as especificaciones e recomendacións recollidos na norma norteamericana NFPA-59 A.


REQUIRIMENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE A Cumplir NAS PLANTAS DE ALMACENAXE E REGASIFICACION DE GAS NATURAL LICUADO (GNL) SEGUNDO A NORMA UNE-NE-1473

CAPITULO 4.- SEGURIDADE E MEDIO.

"As instalacións de GNL deben deseñarse de forma que se reduza ao mínimo o risco para a vida e a propiedade tanto no exterior como no interior dos límites de batería. En particular debe realizarse unha análise de riscos e débense ter en conta todas as medidas de seguridade que se definen 4.5."

4.2.5.- Impacto sobre o medio ambiente.

4.2.5.1.- Avaliación do impacto sobre o medio ambiente. "Durante a fase de estudo de viabilidade do proxecto débese efectuar unha Avaliación previa de Impacto Ambiental (EIA) para o emprazamento proposto, de acordo cos regulamentos locais, naqueles casos en que as existencias de GNL e de gas natural pasen o limiar especificado nos regulamentos."

"Unha vez que se elixiu o emprazamento débese realizar un EIA detallado, conforme aos regulamentos."

Na planta de GNL da ría de Ferrol (Mugardos) NON SE REALIZO NINGUNHA EVALUACION DE IMPACTO AMBIENTAL (EIA)

4.5.5.- Disposición da planta de GNL. "O emprazamento dunha planta de GNL con respecto á contorna debe cubrirse cunha avaliación de riscos tal como descríbese no apartado 4.4."

"As distancias de separación deben ter en conta, en especial:

- Niveis de radiación.

- Contornos de límite inferior de inflamabilidad.

- Efectos de explosións.

- Ruídos."

As Análises Cuantitativas de Riscos (ACR). Non é fácil dispor de análise de riscos específicos para estas plantas de GNL. Os estudos xenéricos indican valores determinísticos orientativos e algo discordantes entre eles xa que non tiveron en conta os mesmos factores e condicións de cálculo. Ademais as empresas gasistas non adoitan difundir estes estudos nin tampouco as empresas que os elaboran pois alegan que pertencen aos seus clientes.

Identificamos a continuación os escenarios de accidentes con consecuencias severas neste tipo de plantas e citados nos estudos de riscos aos que tivemos acceso. (cuantificamos ademais a existencia de máis de 150 escenarios de accidentes diferentes tipificados neses estudos e de consecuencias menores).

- Rotura ou desconexión no brazo de descarga de GNL do pantalán.

- Foxe no colector de descarga do buque-gasero aos tanques almacén de GNL.

- Disparo por sobrepresión das PSV do tanque almacén de GNL.

- Fuga no colector das bombas primarias.

- Fuga no colector de descarga das bombas de envío.

- Fuga nas liñas de saída de compresores de gas de boil-off.

- Fuga na liña de fondo do relicuador.

- Fuga de gas natural no colector de gas de envío.

- Encallamiento do gasero, Etc.

Os accidentes anteriores son considerados como "severos" polas consecuencias que provocan tanto no interior como no exterior da planta. As zonas de exclusión térmica ou de amortiguamiento de plantas de GNL coñecidas en España, USA e Canadá, se listan a continuación.

Nota: ZA - Zona de Alerta; ZI - Zona de Intervención)

- ARINAGA (Gran Canaria), fonte INERCO : ZI = 407 metros. ; ZA = 527 metros.

- BARCELONA, fonte PORTO de BARCELONA : ZI =1.200 metros ; ZA = 1.500 metros.

- RABASKA (2006) Canadá : Zona de exclusión decretada pola gasista, de 400 a 500 metros.

- REGANOSA (fonte Tractebel) : Zonas de exclusión de 300 metros.

- McNAB CREEK (Canadá) : Zona de exclusión de 100 Ha. ? (550 metros de radio).

- COVE POINT (MARYLAND - USA) : Zona de exclusión de 1.145 metros de radio.

- ELBA ISLAND (XEORXIA ? USA) : Zona de exclusión de 1.040 metros de radio.

- CACOUNA Energy (Canadá) : Zona de exclusión de 1 km (500 metros radio da propiedade.)

Estas distancias refírense a escenarios de accidentes provocados por fugas de GNL e roturas en tubaxes. Non se tiveron en conta "derrames maiores" provocados por explosións, terrorismo, accións intencionadas, caída de aeronaves ou accións bélicas puntuais.

¡ Na planta de GNL da ría de Ferrol (Mugardos) NON SE DEIXOU UNHA ZONA DE EXCLUSION TERMICA NO PERIMETRO DA PLANTA (hai casas a 100 metros de distancia dos tanques) !

Na actualidade e debido aos atentados terroristas de Nova York, Madrid, Londres e Asia e pola inconmensurable cantidade de enerxía almacenada nos tanques e buques gaseros, estanse demandando pola sociedade nos países de occidente, análise para coñecer as consecuencias de accidentes por fugas masiva de gas, moito maiores que as manexadas anteriormente nas análises de riscos.

Na planta de Ferrol xustifícase moito máis este tipo de análise por dúas razóns fundamentais: A primeira polo difícil acceso do gasero á ría de Ferrol, pois o gasero ten que entrar por unha canle moi longa e tortuosa, con correntes moi importantes que dificultan seriamente a súa navegación. Tanto na canle como na ría xa se rexistraron varios accidentes de buques. A segunda razón é que no interior da ría sitúase a base naval da Armada española e da OTAN polo que estes inmensos almacéns de GNL significarían un obxectivo bélico puntual de incalculables consecuencias para a base naval e cidadanía da ría.

A Ofícina de Control do Congreso (GAO) de EE.UU. preocupada por un ataque terrorista ás instalacións de GNL, emitiu en febreiro deste ano un informe que recomenda realizar un estudo de riscos máis profundo nas plantas de GNL para o suposto dun derrame maior, pois as estimacións de seis estudos analizados eran meras extrapolaciones de probas realizadas a escala moi pequena e/ou por modelos matemáticos. A GAO aconsellou non aprobar novas plantas ata coñecer un estudo máis rigoroso sobre as consecuencias de derrames masivos de GNL.
Este informe do GAO emitiuse logo dunhas xornadas de debate entre 19 expertos en GNL dese país, entre os que se atopaban os profesores Jerry Havens da Universidade de Arkansas, James Fay do Massachusetts Institute of Technology e Harry West da Texas A&M University cos que contactou, en diversas ocasións, este colectivo universitario opositor á planta de GNL de Ferrol e que levou a cabo a edición destes FUNDAMENTOS técnico-legais.

Resumimos a continuación algunhas conclusións de Análises de Riscos elaborados con programas de prestixio internacional (DEGADIS, LNGFIRE, EFFECTS 5.5, CANARY, FEM3A, PHAST 6.42, etc, para escenarios con derrames masivos de GNL.

Para ampliar a Táboa, clicar acima dela

CONCLUSIÓNS:

Polo contido e explicacións anteriores non nos cabe nin a máis mínima dúbida dos incumprimentos técnico-legais da localización da planta de gas situada no municipio de Mugardos, desde o punto de vista de riscos provocados por accidentes severos na propia planta e polo buque gasero, tendendo en conta a norma UNE-NE-1473.

Xa ninguén dubida nesta ría da súa ilegalidade e perigo e supoño que tampouco por parte dos "técnicos competentes" do ministerio correspondente. Os lectores poderán comprobar que en todas as fotografías publicadas por Reganosa non aparece nin unha soa casa nos seus arredores. Por que? Haberá unha intencionalidade en ocultar este feito ou é casualidade?

Esta planta de GNL non se debe, na nosa opinión, situarse como mínimo a menos de 4.500 metros de Ferrol polas razóns expostas máis arriba e non a menos de 600 metros das propiedades limítrofes en zona non habitadas. Mesmo criterio para a ruta de aproximación dos gaseros.

¡ NAS PROXIMIDADES DESTA PLANTA HAI LUGARES HABITADOS A 100 METROS DE DISTANCIA e O POBO DE MUGARDOS A 500 METROS !
_____________________
O blog www.f-cape.org (ferrolterra - Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española, pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.
______________________________

20070622

Unha sonora cacerolada tamborreada recibeu en Ferrol ao terceiro gaseiro para REGANOSA [21.06.2007]

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 22 de Junho de 2007 08:53

Asunto: Unha sonora cacerolada tamborreada recibeu en Ferrol ao terceiro gaseiro para REGANOSA


Cunha sonora cazorelada, tamborreada e pitada dunha hora e media desde as 21 horas hasta as 22,30 horas, unhos 1.500 participantes convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrrol, recibiron a entrada na Ría de Ferrol do terceiro metaneiro con destino as instalacións que a empresa Reganosa está construíndo.

Achégase a nota do contido comunidado aos medios de comunicación nunha rolda de prensa que tivo lugar ás 20:00 horas na que tomaron a palabra Carmelo Teixeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia e Bernardo Bastida Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol.

___________________

Rolda de prensa a raíz da chegada do tercer metaneiro cargado de GNL para Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
21 de xuno de 2007

As actuacións realizadas con motivo dos dous primeiros metaneiros cargados de GNL, Galicia Spirit e Mourad Didouche, pulverizaron os muros de silencio que durante sete anos estaban impedindo se coñecése fóra de Ferrolterra e no resto do mundo o conflito social que desde o ano 1997 os promotores de Reganosa provocaron co apoio da Xunta de Galicia, cunha Planta de Gas que están construíndo dentro da Ría de Ferrol, a pesar de que desde o ano 1994 existe un lugar para iso, onde se está construíndo o Porto Exterior. Nesta nova etapa informativa queremos mostrar o noso agradecemento aos medios que están emitindo contidos de fondo neste conflito. Neste novo marco o pasado día 10 de xuño xa fixemos público o noso reto a un debate en directo e cara a cara cos máximos representantes da Xunta de Galicia, a fin de que desistan no seu apoio a Reganosa e empecen a pensar nunha plataforma gasista galega, por gasoduto ou planta de Gas, con promotores distintos e con proxectos compatibles co desenvolvemento sostible e que respecten a vida humana e o medioambiente.

Con motivo da chegada hoxe dun terceiro buque gasero para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, logo de analizalo na Asemblea Cidadá, descartou para hoxe a utilización de lanchas e acordou unha concentración cunha cacerolada e tamboreada, nos peiraos de Curuxeiras en Ferrol, para as 21 horas, que se iniciará diante dos edificios da Autoridade Portuaria e desprazarase ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do arsenal Naval Militar, despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas, a fin de que a cidadanía poida:

a) Demostrar a súa solidariedade para que sexan sobreseídos os procesos xudiciais en curso contra o Patron Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol e outros os traballadores do mar na Ría de Ferrol, por mor das denuncias que contra os mesmos foron presentadas, por actuacións ou incidentes que se produciron no contexto de actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en defensa da vida da riqueza marisqueira da Ría e da legalidade, realizadas con motivo dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche.

b) Expresar o seu rexeitamento pola pretendida entrada ilegal dentro da Ría de Ferrol dun terceiro buque Gasero, agora o chamado “Cádiz Knutsen” cunha eslora total de 284,4 metros e cargado con 114.400 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen que Reganosa teña todos os permisos, sen terminar as súas obras, sen a autorización de funcionamento que require o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción, entre eles o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo sobre distancias suficientes ata as poboacións, sen que Reganosa nin a Autoridade Portuaria acrediten que se poida realizar a saída ao mar dos buques gaseros no caso dun accidente durante a descarga, coa máxima rapidez e polos seus propios medios, segundo require a norma EN-1532, polo que desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

c) Manifestar e reclamar ao Ministerio de Industria, que o seu organismo provincial na Coruña chamado “Área de Industria e Energía”, dependente da Delegacion do Goberno, non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.

Noutras actuacións e coa finalidade de que Reganosa non entre en funcionamento, acordouse:

a)En próximos días presentar unha querela penal, por infracción das normas de seguridade establecidas, cuxa inobservancia pode ocasionar resultados catastróficos e poñan en concreto perigo a vida, a integridade física das persoas ou o medioambiente.

b)En datas próximas convocar unha gran mobilización en Ferrol, con recollida de firmas para alcanzar o maior numero posible reclamando que non sexa autorizado o funcionamento de Reganosa.

Reiteramos que desde o pasado día 9 de maio, existe un perigo real e aumento da probabilidade de accidente grave cada vez que un metanero cargado de GNL entre a descargar, a sabendas de que en caso de eemrxencia non pode saír ao mar aberto polos seus medios e con toda rapidez, tal e como require a normativa aplicable.

Por todo iso, con esta nova forma de protesta de hoxe, esperamos que as autoridades competentes salgan da súa rutina e entendan que somos nós os que estamos ao lado da orde e da lei, en defensa da vida e da riqueza natural da ría, así mesmo para deixar constancia de que están fóra da lei quen sigan permitindo que as instalacións de Reganosa continúen ameazando a vida de miles de persoas, ao medioambiente da Ría e o emprego dos actuais 600 traballadores do mar. ¡Planta de Gas Fora dá Ría.!
_________________________

20070619

Contestación de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, a unha denuncia do Comisionado de Emerxencias do 061

Para leer o documento, clicar acima da imaxe

Contestación de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, en formato -jpg-, á denuncia de Carlos A. Lareo Porral Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol

Documento de Referencia:
Denuncia do Comisionado para Emerxencias do 061, para Ferrol - Terra
_________________________________

Denuncia de Carlos Lareo, Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol, ante Francisco Barroso, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña

Denuncia de Carlos A. Lareo Porral Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol, ante Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña
________________


O mais abaixo asinante, CARLOS A. LAREO PORRAL, con DNI: XX.XXX.XXX-X, Enfermeiro do servizo de Urxencias Sanitarias-061 de Ferrol, na súa condición de Comisionado para Catástrofes polo citado servizo:

EXPÓN:

Que non lle consta que se tomaron medidas de ningún tipo para prever calquera accidente na planta de gas de Reganosa en Mugardos, e que polo tanto non foi informado este servizo de urxencias sanitarias sobre a existencia de operativos dispostos para tal fin, a pesar de comunicar persoalmente ao concello de Mugardos os riscos que tal industria carrexa por estar anexa aos núcleos de poboación.

Así mesmo fíxose entrega por parte do que subscribe, do Manifesto dos Profesionais de Emerxencias e Urxencias, non só ao alcalde do Concello de Mugardos, senón tamén ao de Ferrol, para testemuñar así que "estase xerando un RISCO INNECESARIO DE CATÁSTROFE, contra a cal, practicamente non caben plans de evacuación oconfinamiento da poboación, dado o elevadísimo e total poder destrutor da mesma" a causa do GNL almacenado, ben nos tanques e/ou sobre todo, nos buques gaseros que entrarán á ría de Ferrol cada poucos días.

Xa que logo, quero denunciar aquí que non coñezo ningún dispositivo de seguridade implementado para prever unha eventual catástrofe, por parte dun ou outro Concello. En Ferrol convocóusenos para explicarnos a posta en marcha da elaboración do PEMU (Plan de Emerxencias Municipal) por mor da nosa denuncia pública (véxase Diario de Ferrol, 8 de marzo de 2006), pero aínda segue pendente de ser elaborado por unha empresa contratada para tal fín. Non se nos informou de nada mais, a pesar de habelo solicitado e non puidemos, polo tanto, incorporar propostas ou alegacións, xa que non se nos participou nada da súa suposta elaboración. Tampouco sabemos se se elaborou finalmente o citado PEMU. En todo caso, este é un plan de emerxencias para Ferrol, e non para prever os riscos de Reganosa.

Polo tanto, denuncio aquí que non me consta que as autoridades competentes tomen as medidas necesarias de seguridade civil cando estamos a poucas datas da entrada en funcionamento da planta de gas e da chegada de buques altamente perigosos ao interior da ría de Ferrol, cargados con 140.000 m3 de GNL, e a escasos 500 metros de grandes núcleos de poboación.

Denuncio que descoñezo cal é o sistema de Xestión da Seguridade e a Política de Prevención de Accidentes Graves que se debe haber implementado para Reganosa, pois ao servizo de urxencias médicas ao que pertenzo non se lle participou de nada respecto diso.

Gustaríame que Reganosa e as autoridades demostren que identificaron todos e cada un dos riscos potenciais, que se tomaron as medidas correctoras necesarias para evitalos e para limitar as súas consecuencias, dentro e fóra do area industrial, elaborando os correspondentes estudos de seguridade e xestión de riscos.

Gustaríame que demostrasen que o deseño, a construción, a explotación e o mantemento das instalacións, equipos, almacenaxe e infraestruturas ligadas ao seu funcionamento presentan seguridade e fiabilidade suficientes.

Para rematar declaro que descoñezo os plans de emerxencia internos e os Plans de Emerxencia Externos, a pesar de que habelo comunicado no seu día aos Alcaldes de Ferrol e Mugardos, á Dirección de Protección Civil da Xunta de Galicia e do Estado español (este via e-mail), e á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galicia, entre outros, de que se están incumprindo as distancias mínimas que calquera somero análise de riscos aconsellaría.

Por todo o cal, en conciencia, expoño o aquí mencionado, para que sirva de testemuño persoal ante a situación de risco que se está xerando coa localización desta planta de descarga, almacenaxe e regasificación de GNL nos arredores de núcleos poboacionais densamente habitados, sen que se dote aos mesmos de operativos de seguridade necesarios, suficientes e mínimos.

O que subscribe traslada a responsabilidade do que suceda á empresa e ás autoridades que llo permiten. Os profesionais de Emerxencias e Urxencias fixeron o mesmo coa firma maioritaria do manifesto que se achega.

E asino a presente a 20 de Febreiro, para que conste e expóñase onde sexa necesario ou preciso.
Sen outro particular.

Carlos A. Lareo Porral
Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol
_________________

Enlace co documento de referencia:

Resposta de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, dependente do Ministerio de Industria
____________

Escrito á Consellería de Política Territorial, ..., solicitando o cese de Amable Dopico Freire, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol

Para leer o documento, clicar acima da imaxe

Escrito á Consellería de Política Territorial, ... da Xunta de Galicia, solicitando o cese de Amable Dopico Freire, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, asinado por 1.176 persoas, por permitir a entrada de buques gaseiros, cargados con GNL, na Ría de Ferrol, para descargar a unha planta regasificadora que non cumpleos condicionandos principais de distancias e suguridade, nen haxa un plano de emerxencias aprobado, para caso de accidente, poñendo en perigo a vida das persoas que moramos á beira da Ría.
_________________________

Escrito ao Ministro de Industria, solicitando o cese de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía, asinado por 1.182 persoas

Para leer o documento clicar acima da imaxe

Escrito ao Ministro de Industria, solicitando o cese de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, asinado por 1.182 persoas, por permitir o funcionamento en probas da planta regasificadora, sen que esta cumpla os condicionandos principais de distancias e suguridade, nen haxa un plano de emerxencias aprobado, para caso de accidente.
_________________________________

Escrito ao Ministro de Interior, solicitando o cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno na Galiza, asinado por 1.209 persoas

Para leer o documento, ampliar clicando acima da imaxe

Escrito ao Ministro de Interior, solicitando o cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno na Galiza, asinado por 1.209 persoas, pola inxustificada carga contra a cidadanía e non velar pola seguridade da cidadanía, diante da ilegal e perigosa de entrada de gaseiros cargados de GNL dentro da Ría de Ferrol, sen haber un plano de emerxencias e a planta regasificadora non cumplir os condiconantes de distancia e seguridade que a lexislación vixente estabelece para este tipo de industrias perigosas.
___________________________________________

canal de entrada e fondeadeiros da Ría de Ferrol

Para ver o documento, clicar acima da imaxe

Os fondeadeiros da Ría de Ferrol.

Fotografía de satelite de Google Earth, con sinalización e indicadores explicativos dos diferentes fondeadeiros estabelecidos na Ría de Ferrol pola Capitanía Maritima e características do canalde de entrada na cita Ría.

Todo buque que pretenda fondear nas augas da zona de servizo do porto de Ferrol [Interior da Ría] rquerirá a autorización previa e expresa da Autoridade Portuaria, segundo a Lei de portos do Estado.

Páxina 4 das Normas de Seguridade de 27 de abril de 2007,para buques metaneiros, elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol

Para ampliar e poder leero documento, clicar acima da imaxe

Páxina 4 das Normas de Seguridade de 27 de abril de 2007,para buques metaneiros, elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol.

A quen lle interese o documento completo témo-lo en formato -pdf-, escribir pedindo o documento a artabra21@gmail.com
_____________________

20070617

Axuda urxente para O Courel !

Axuda urxente para O Courel !

Axuda urxente para salvar o Courel


Amigas e amigos: Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”. Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar:

Na ladeira este da Serra, quedaban fóra as cuncas, xa totalmente aniquiladas do ríos Pacios e Vilarbacú, onde traballan 5 macrocanteiras de pizarra. Pero tamén deixaban fora na ladeira oeste: A cunca do Ferreiriño, para abrir xunto ao Pregue Tumbado do Courel a concesión CUPA II.2 E a metade sur da cunca do Lor, onde estaba previsto abrir 2 novas macro canteiras, CUPA II.3 e ILUSIÓN.2 e legalizar “La campa”, que traballaba xa, sen licencia municipal nin autorización do Consello da Xunta e con unha orden de peche de Urbanismo.
Agora, no 2007/2008, definitivamente o Courel será Parque Natural, un pouco máis extenso ao norte, que na proposta do 2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para as mesmas canteiras e as mesmas novas concesións; moi pronto 9 macrocanteiras canteiras á vez, “explotaran” a Serra.

Esta declaración que se invalida a si mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo 46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das “necesidades” .Do Pregue Tombado do Courel pouco queda que dicir, un fito xeolóxico único en Europa.Pero a metade sur da cunca do Lor tamén é algo único dentro da Rede Natura, unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel, tratase da profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica, de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos naturais”A urxencia deste correo ven dada ante a inminente legalización da canteira “La Campa” por o Consello da Xunta de Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terá que indemnizarse á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos Públicos.

Que lle pedimos as Administracións para o Courel ?


Que declaren o Courel Parque Natural, que inclúa como mínimo as cuncas enteiras dos ríos Lor-Louzara, Soldón, Selmo e Ferreiriño, e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, hidroeléctricas, ....

Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura. E máis agora, que se prometeu case duplicar a superficie total da Rede Natura na Galiza. Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional. Este Plan debe estar implementado cun orzamento digno e suficiente, para a creación de empregos directos, que nós, no resumo do Plan de Desenvolvemento para o Courel, que enviamos a todas as administracións en novembro de 2005, calculamos en máis de 150 traballadores; para os que se necesitaría destinar aproximadamente 3 millóns de euros anuais. Esta cifra non é nada disparatada se temos en conta que no Principado de Asturias, con máis número de parques naturais, ningún recibe menos de 6 millóns de euros ao ano, así no Parque Natural de Somiedo empregaranse durante este ano 7,7 millóns de euros. Neste plan debese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte, ...). Esto propiciaría, entre outras moitas cousas o retorno de emigrantes xubilados, para poder desfrutar por fin da súa Terra e na súa casa. A mellora da imaxe do Courel e a “seguridade de futuro”, multiplicaría a inversión privada e propiciaría a creación de empregos indirectos. Xa se quedou en que a Rede Natura tiña garantida a cofinanciación da Unión Europea. Ademais moitas institucións e fundacións están desexando colaborar; parece ser que unha Corporación Financieira Galega anda mirando de comprar unha Illa Atlántica e ao parecer tamén unha Devesa no Courel, e nos estamos seguros de que comprará tamén, a súa propia canteira que traballa no medio da cunca do Lor, entre Santa Eufemia e “a Campa”, para levar a cabo unha restauración ambiental exemplar”.


Que podes facer ti para axudar ?

Non se trata de axuda económica, pero pedímosche que teñas paciencia, que remates de ler este correo e llo reenvíes as túas coñecidas e coñecidos o antes que poidas. Non encontramos outra maneira para dar a coñecer ao Mundo o que no Courel está acontecendo. Ao final deste correo, van os enderezos electrónicos das distintas Administracións, cópiaos e reenvíalle este correo a esas Institucións.


Recollida de sinaturas.

Imprime nun folio o documento que xuntamos neste enlace, asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos: Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma. Neste caso tes que baixalo en formato Word.Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras. (Debaixo de “Ao Presidente da Xuta de Galicia” pon en letra pequena “Envíeselle copia á Presidenta do Parlamento e a cada unha das Consellerías da Xunta” , isto non é para que o fagas ti, iso é para que o fagan dende Presidencia). As sinaturas recollidas mándaas, por correo, certeficado mellor, a Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.


Ou, se tes tempo e te queres implicar máis.

Sácalle unha copia a cada folio coas sinaturas, entrega o orixinal nun Rexistro Público e que che selen a copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas e cada unha das correspondentes copias. Podes acudir ao Concello, Subdelegación do Goberno, Delegación do Goberno, Correos, Xunta, Gobernos Autónomos, Embaixadas de España, Consulados, etc.

A copia-resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo. Se tes tempo, mellor certificada.

Non estaría mal que te quedaras cunha fotocopia da copia-resgardo, para que se queres, facer un seguimento do teu documento dentro da Administración.Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución, substituíndo “... os que abaixo asinamos” por o nome da mesma.

Non fai falla que te propoñas metas moi ambiciosas, mellor rexistrar menos e axiña que dilatar moito a tarefa. Ademais sempre poderás reiniciar o traballo de novo, se tes ocasión. A campaña durará ata o 21 de xuño de 2007, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.

Podes colgar na túa páxina Web o texto deste correo , ou calquera outro motivo relacionado co Courel (Fotos, “O Courel non se vende”, “Courel Parque Natural”, ....)

Gracias por axudarnos

Unha aperta
O Courel, 25 de abril de 2007

Asociación SOS Courel. Enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com,

Correos para as Administracións:

Moi Importante !! Cópiaos e reenvíalles este correo en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Presidente<secre.presidente@xunta.es>; Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta.es>; C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta.es; Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>; Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>, Confederación H<presidente@chn.mma.es>; c.pita@diputacionlugo.org, concello.folgosodocourel@eidolocal.es, culturaedeporte@xunta.es; Traballo< angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es>, ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>; gabinete.sanidade@sergas.es; C Educación<conselleira@edu.xunta.es>; secretaria.turismo@xunta.es, CIndustria<fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es>; montes.galicia@xunta.es, valedor@valedordopobo.com, registro@defensordelpueblo.es, gp-pp@parlamentodegalicia.es; gp-socialista@parlamentodegalicia.es; ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;C Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>; C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>; Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>; Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es>; gp-bng@parlamentodegalicia.es; Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es>;
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para saber máis do Courel, se tes tempo de ler.

I).- A propósito da canteira “La Campa”.

No BOE nº 160 de 6/7/2006, aparece publicado o Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Norte (Ministerio de medio Ambiente) relativo a información pública del proyecto de restauración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda) a su paso por el paraje de La Campa. T.m. de Folgoso del Caurel (Lugo) y de los terrenos, bienes y derechos necesarios para su ejecución”

No parágrafo 5º do dito anuncio di: “El río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación de pizarra actual como por la escombrera de estériles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.”

O río Redomás ou Luruda (Loruda), afluente do Lor, non é outro que o que está ocupado por “La campa”, situada a 300 metros do Lor; pero se lemos atentamente o anuncio deducimos:

O río está moi contaminado e invadido tanto polas escombreiras como polo propio banco de extracción.

O Ministerio de Medio Ambiente, con fondos públicos, disponse a restaurar un río, desfeito por unha empresa, que funciona sen licencia Autonómica nin Municipal e cunha orde de peche dende o 2002 que non cumpriu en ningún momento. Esta orde foi ratificada polos Tribunais de Xustiza, ata o momento.
Para levar a cabo as obras, vaise expropiar un gran número de fincas, entre elas dúas da propia empresa, de Cupire Padesa.

Pero non se vai recuperar o cauce antigo, di “.... consiste en la apertura de un nuevo cauce para el río Redomás .....”. Despois de ver o Proxecto, puidemos comprobar que se trata de un “transvase total” cara outro río, o Redeirexa; co fin, supostamente, de que a auga non estorbe na canteira.

A maiores prevense outras obras extra, que parece que tería que facer a empresa: “... se diseña una nueva pista de circulación de vehículos paralela al cauce para el servicio habitual de la explotación,..” “.. Se prevé la construcción de dos pasos sobre el río Redomás resueltos mediante marcos de hormigón prefabricado,...””.. Se proyecta la remodelación de la escombrera existente,..” “...se procederá a la revegetación de la escombrera y de las márgenes del río con hidrosiembras y plantaciones, previo aporte de una capa de tierra vegetal o suelos reciclados...”

Este Proxecto, ten un custe de case 4 millóns de euros (3,744 millóns), e sería financiado con Fondos FEDER da Unión Europea. Esta cantidade está moi próxima ás axudas totais que recibiu o LEADER +, que xestionou a Asociación Rio Lor para 7 concellos en 7 anos (4,2 millóns de euros).

2).- O Plan “B”que funciona no Courel.

Este “Plan”, que non está escrito en ningún “papel” e vén de moi antigo, avanza de forma inexorable e non ten nada que ver coa Rede Natura, nin co Parque Natural. Este plan “oculto” consiste en despoboar o Courel para abaratar o aproveitamento “bárbaro” dos recursos naturais e librarse de “estorbos incómodos”. Por incrible que pareza, podemos demostralo cunha análise sinxela:

No 2002, suprimiuse a asistencia médica no Concello dende as 22 horas ata as 8 horas do día seguinte, cando dende que se activa o servicio de emerxencias ata a chegada ao hospital de Monforte, tárdase un mínimo medio de 3 horas, nun concello que queda illado pola neve e o xeo varias veces ao ano.

No 2003, os veciños do Courel pediron que se asfaltara a pista forestal que dende o Courel pasa dereitamente a Poboa de Brollón, para acurtar a chegada ao Hospital de Monforte en máis de unha hora e evitar o impedimento da neve. Non se recibiu resposta algunha.

No 2004 suprimiuse o transporte público, nun Concello onde a maioría da poboación está constituída por persoas maiores.

Os maiores do Courel máis desvalidos, vense obrigados tamén a emigrar. No Courel non hai Centro Residencia e por iso son dispersados polos Centros de toda a provincia de Lugo.

O 9 de marzo de 2006, O Consello da Xunta, sentencia sobre o futuro do Courel, ao decidir reformar a estrada LU-651, para convertela nunha superestrada:

O Consello da Xunta declarou hoxe a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo trazado (un total de 436 fincas) e estudo de impacto ambiental de dita estrada que da servizo a preto de 5.500 habitantes dos concellos lugueses de Quiroga e Folgoso do Courel. O acondicionamento da dita estrada mellorará considerablemente a seguridade viaria e terá unha especial repercusión no desenvolvemento económico da zona, xa que facilitará a circulación dos camións dedicados ao transporte da lousa, principal actividade industrial, que actualmente transitan por unha estrada moi estreita e sinuosa. Prevese que as obras dean comezo no segundo semestre deste ano, estando previsto

Coa reforma desta estrada, LU-651, que se orzamentará con 13,79 millóns de euros para 21 quilómetros, queda aparcada para sempre a vella aspiración courelá da “Estrada Dereita a Monforte”; a media ladeira, seguindo o canón do Lor, aproveitando unha pista forestal existente de 7 quilómetros, para acurtar 25 a distancia ao Hospital, evitando o illamento invernal e cun impacto insignificante.

Queda claro que para o Consello da Xunta, os veciños do Courel, xente maior na súa maior parte, a que mantén vivo o Courel, traballadora tamén, a que inviste as súas pensións honradas na súa Terra, a que aguanta gratis da única paisaxe tradicional que queda, do aparello etnográfico e arquitectónico, e da tradición cultural,.... nun dos mellores espazos naturais da Galiza, .... son menos rendibles economicamente que a producción de lousa.

Nin que dicir ten, que coa reforma da LU-651, “a alguén se lle escapará a man,” e converterán a metade da Serra nunha inmensa escombreira, e a ver quen se atreve a dicir algo porque lle soltarán esa frase contundente de “se poñedes pegas non a facemos e despois a ver que lle contades aos veciños”.

Salvo datos de última hora, ningún veciño do Courel traballa na recuperación e conservación ambiental. Na terra dos mellores soutos e devesas da provincia, non hai destinada ningunha brigada de prevención de incendios, e os aproximadamente 13 traballadores do lume, traballan habitualmente fóra do Concello.

Cando xa está de abondo demostrado, que as devesas, os soutos, as franxas de frondosas, os prados de rega, o labrado, ....constitúen os únicos cortalumes eficaces, aquí no Courel, séguese a desfacer os montes con grandes máquinas e plantando todo de piñeiros.

No final do século XX, á vista de que a Universidade de Santiago, quería construír un Centro Científico en Seoane, e non había solar, os veciños da vila pagaron do seu peto 12.000 euros para amañar un. Despois de 7 anos, outras tantas promesas e o “letreiro” da obra comido polas silveiras, os veciños aínda din que “desta vai” ¿ Quen non entendía o do Parque Natural?

A Ferrería, restaurada ou medio restaurada, hai arredor de 8 anos, con fondos públicos, permanece pechada ás visitas sen que ninguén saiba de quen é a culpa.

O albergue de Folgoso, cofinanciado con fondos LEADER +, despois de case un ano rematado, aínda non se abriu.

Mentres na Xunta estudian como explicarlle aos veciños o paso de Rede Natura a Parque Natural, seguen a correr polo Courel os rumores maliciosos e disparatados da “prohibición de apañar leña para o lume” e o de que “non se poderán apañar as castañas”.

Agora cando xa había orzamento en Medio Ambiente para “tapar con terra” os dous vertedoiros de lixo municipais, o Sr Alcalde non dá encontrado , ao parecer, aos donos das fincas a rexenerar. E alí segue o Castro de Megoxe entullado polo maior deles, ao carón do río Lor. Nós aproveitamos para pedir que non se “tape o lixo”, debe recollerse na súa totalidade e trasladarse a unha planta de tratamento.

20070612

FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas"

FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)

____________________________

"A nosa sociedade asume, día a día, riscos producidos polo desenvolvemento industrial. Pero antes que produtores de riscos somos produtores de utilidades e debemos ser conscientes de que a seguridade debe ser xestionada. Neste punto, entra a Administración do Estado, no seu papel de garante da sociedade. De feito todas as constitucións do primeiro mundo inclúen un parágrafo similar ao seguinte:

O Estado velará para protexer o dereito á seguridade e á saúde dos cidadáns, e a conservación do medio ambiente ... "
___________________________


NOTA de www.f-cape.org.

A forte presión social provocada polo desastre químico de Seveso (Italia) e outros anteriores como Flixborough (28 ?) no Reino Unido, San Juan de Ixhuatepec (650 ?) en Méjico, Bhopal (2.000 ?) na India, etc., motivaron o inicio dunha actividade lexislativa da Unión Europea co fin de previr os accidentes no exercicio da actividade de industrias que manexen sustancias perigosas para os habitantes e o medio ambiente e en todo caso limitar as consecuencias. Esta actividade lexislativa comeza coa promulgación da Directiva 82/501/CEE tamén coñecida como LEI SEVESO en memoria de máis de 30.000 persoas afectadas pola dispersión de dioxina TCDD nun accidente industrial na rexión italiana de Seveso.

Actualmente en España está en vigor o R.D. 948/2005 que recolle as últimas incorporacións da Lei Seveso III e algúns "cambios" motivados pola mala trasposición da Directiva 96/82/CE. De feito a UE enviou un apercibimiento a España porque a lexislación española NON ofrecía a protección adecuada ao público e ao medio ambiente segundo esta Directiva Seveso II e en especial sobre a información ao público, inspeccións de seguridade, plans de urxencia e o control urbanístico de novas instalacións, todos eles de especial relevancia para a prevención e o control de accidentes graves.


REQUIRIMENTOS PRINCIPAIS SOBRE MEDIDAS DE CONTROL DE RISCOS INHERENTES A Los ACCIDENTES GRAVES NOS QUE INTERVEÑAN SUSTANCIAS PERIGOSAS.

A Lei Seveso diferenza os establecementos industriais afectados en dous tipos: de nivel inferior (lower tier) e de nivel superior (upper tier). Esta diferenciación baséase na cantidade e perigo das sustancias presentes no establecemento. A planta de almacenamento e regasificación de GNL de Mugardos está incluída entre as instalacións de nivel superior (upper tier) por ser de maior risco e xa que logo aplicaranse en particular os artigos 9, 11 e 13 do R.D. 1254/1999.
Enumeramos a continuación os requirimentos máis importantes do R.D. 1254 /1999 e que non se tiveron en conta na planta de GNL de Mugardos. Como segue:

Artigo 8 .- Efecto dominó. Non se analizou se existen condicións para clasificar a zona como afectada polo efecto dominou nin se trasladou á cidadanía as consecuencias dunha concatenación de accidentes pola presenza nas proximidades da planta dun almacén masivo de produtos petrolíferos (máis de 300.000 m3) a menos de 400 metros nas instalacións de Forestal do Atlántico. Tampouco se coñecen os Plans de Emerxencia Exterior que contemplen esta circunstancia nin se informou ao público.

Artigo 9 .- Informe de Seguridade. Non se coñece o Informe de Seguridade preceptivo para a posta en marcha da planta nin as conclusións da Xunta sobre o exame do mesmo.

Artigo 11 .- Plans de Emerxencia. Non se coñecen os Plans de Emerxencia Exterior e non temos constancia de que se informou á poboación sobre os mesmos.

Artigo 12 .- Control urbanístico. A implantación de novas instalacións. Segundo o apartado 1 deste artigo: "Os Estados membros velarán por . . . manter as distancias adecuadas entre, por unha banda, os establecementos contemplados na presente Directiva e, por outra, as zonas de vivenda, as zonas frecuentadas polo público e as zonas que presenten un interese natural particular de carácter especialmente delicado".

Por outra banda, no seu apartado 2. recollemos: "Os Estados membros velarán. . . . .para que se establezan procedementos de consulta adecuados para facilitar a aplicación das políticas adoptadas con arranxo ao apartado 1". Os procedementos serán tales que no momento de tomar as decisións dispóñase dun ditame técnico sobre os riscos vinculados ao establecemento, baseado no estudo de casos concretos ou en criterios xerais". (Nota: utilizamos a tradución oficial da O.E. Na versión inglesa da directiva dise expresamente "asegurarase" de que se dispoña unha análise de riscos. . . ., con todo no R.D. se traspuso "poderase" dispor dun ditame técnico ? )

A decisión de localización da Planta de GNL debería facerse segundo a "Guía de asignación do chan" (Land Use Planning) EUSR 18695 EN (ISBN 92-828-5899-5) publicada pola Oficina Oficial de Publicacións da CE. No apartado 2.4 figura 1,"procedemento para novas instalacións segundo Seveso II ¿? vemos o seguinte diagrama de toma de decisións:


Obviamente non se tivo en conta este diagrama pois nin se tivo en conta o RAMINP, tal como demostramos no FUNDAMENTO 1º, nin se realizou unha Análise Cuantitativa de Riscos e ademais á poboación NON se lle consultou a súa opinión. A decisión urbanística tomouna o promotor da planta de gas co apoio da Xunta de Galicia.

Artigo 13 .- Información relativa ás medidas de seguridade. A poboación non recibiu instrucións sobre medidas de seguridade en caso de accidente nin tivo a oportunidade de dar o seu parecer sobre esta instalación tipificada como de nivel superior (upper tier) segundo a Lei Seveso II.


CONCLUSIÓNS:

Polo anterior non entendemos como o Director Xeral de Industria da Xunta puido emitir a carta ao Ministerio de Economía, de data 5 de xaneiro 2004, informando favorablemente sobre cumprimento da planta co R.D.1254/1999 (Lei Seveso II). Tampouco entendemos como o seu homólogo o Director Xeral de Urbanismo puido haber emitido outra carta de data 22 de xaneiro 2004 ao mesmo Ministerio dicindo que "ve necesario completar o Estudo de Seguridade da planta (?) para identificar riscos para a poboación e modificar se é necesario a ordenación urbanística dos chans que poidan ser afectados polos riscos de accidente". É dicir, o que propón é: aceptar a localización e logo "retocar" o plan urbanístico de acordo co estudo de seguridade e desprazar aos veciños de lugares próximos á planta "por cuestións de seguridade".

Esperemos que os xuíces vaian ao fondo deste asunto e poñan a planta no seu sitio.

O blog www.f-cape.org (ferrolterra - Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española, pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.

20070611

Comunicado final da Marcha a Teixeiro leido polo coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [10.06.2007]

Comunicado final da Marcha a Teixeiro leido polo coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Vimos ata aquí para manifestar publicamente que Bastida recupere a liberdade porque a súa prisión incondicional vulnera a constitución de 1978, i e un moi grave abuso nun estado democrático. Tamén vimos aquí co slogan ¡Planta de Gas fora dá Ría!. O Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, non cometeu ningún delito, está no cárcere por liderar e defender os intereses dos mariscadores, e tamén por defender a vida dos cidadáns da Ría de Ferrol, ameazada pola entrada de buques gaseros cargados de gas natural licuado e polo funcionamento en probas de Reganosa.

A xustiza non está para reprimir o liderado do Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol nin o de calquera outro colectivo. Entendemos que é infumable a prisión incondicional ordenada para o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol a fin de reprimir o seu liderado cos traballadores do mar. Esiximos a súa liberdade inmediata canto antes cos argumentos da sentenza de 19-1-1994 da sala 2ª do Tribunal Supremo Sala 2ª no recurso nº recurso 773/1993 para os veciños de Góngora no Val de Aranguren (Navarra), que é aplicable ao conflito social que se está producindo na Ría de Ferrol co caso Reganosa. Na Ría de Ferrol un colectivo de cidadáns estamos defendendo a vida, a riqueza da Ría, é dicir, o medioambiente e tamén defendemos a legalidade. Neste colectivo de cidadáns as primeiras victimas son os mariscadores en perdas económicas e polo risco de que os seus 600 empregos desaparezan, así mesmo que sexan abórtados os máis de 1500 empregos de mariscadores despois de que este realizado o saneamento integral de toda a Ría.

Hoxe aquí lembramos publicamene que na devandita sentenza do Tribunal Supremo consta que “o articulo 45.1º da Constitución Española confire a todos o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como impón o deber de conservalo.” Tamén consta que “É certo que todos habemos de afacernos a resolver os problemas interpersoais e sociais pola vía do Dereito, pero ás veces, cando por unhas ou outras razóns, estes camiños ou resultan difíciles de comprender ou percorrer para os cidadáns ou non existen as reaccións que serían de desexar nas correspondentes condutas, estas han de ser xulgados desde unha clave de proporcionalidade racionalidade e respecto á liberdade, na medida en que esta última sexa compatible cos demais valores constitucionais.”

Por iso hoxe aquí tamen reclamamos que esta sentenza do Tribunal Supremo sexa tida en conta, que sexa respectada a Constitución de 1978 e que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Ademais este colectivo de cidadáns esta reclamando que as autoridades apliquen as leis segundo as cales unha instalación perigosa como unha planta de gas non pode ser unha ameaza para a vida humana e que teñen o Porto Exterior para situar a Planta de Gas de Galicia. Por iso reiteramos o dito o pasado domingo 3 de xuño na manifestación en Ferrol, que o problema social que provoca Reganosa non se pode reducir a un asunto económico cos mariscadores, Reganosa é unha ameaza para a vida humana e as autoridades dun estado democrático non poden permitir que se vulneren as leis existentes.

Os metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche cargados de Gas Natural Licuado, a brutal actuación das forzas antidisturbios e a prisión incondicional de Bastida, provocaron mais problemas que agudizan o conflito social. A súa entrada na Ría de Ferrol é unha ameaza moi grave para a vida. Esperamos que non chegue ningún metenero máis cargado de GNL e que sexa evacuado o existente nas instalacións de Reganosa. Mentres non sexa paralizada a ameaza de Reganosa, haberá mais problemas cada vez que un gasero cargado de GNL pretenda entrar na Ría de Ferrol.

Estamos en condicións de axudar á Xunta de Galicia para que abandone as falsidades herdadas de éra Fraga, tamén no caso de Reganosa, para que haia mais e millores empregos dos traballadores do mar e para que sexa respetado o liderado dos seus Patrons Maiores.

Podemos demostrar á Xunta que a Planta de Gas de Reganosa non é estratéxica, que é falsa a afirmación que está facendo. Así mesmo para que a Xunta abandone a falsidade e pretexto de que a planta de Gas xa está feita. Iso e falso, as obras non estan terminadas e é imposible que Reganosda poida cumprimentar todo-os condicionados da súa autorización de Construción en relación cos riscos para a poboación e o medioambiente. Para falar disto retamos a un debate publico en directo, o Presidente da Xunta, o Viceperesidente, e os Conselleiros de Industria, Economía, Medio Abiente e Economía, por separado ou todos xuntos. Por iso seguimos dicindo

Teixeiro, 10 de xuño de 2007

Non estamos todos falta Bastida!,
Liberdade para Bastida!
Planta de Gas Fóra dá Ría!.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/

20070605

Carta de Bernardo Bastida onde di que se considera un preso político e que comezará unha folga de fame [Loita para expulsar a REGANOSA da Ría]

Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, entregou unha carta en forma de declaración antes de ser levado para a prisión de Teixeiro, na que di que se consideraba un preso político e que comezaría unha folga de fame.

Esta é a copia do escrito en formato jpg, para ampliar clicar acima das imaxens.


20070602

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 2 de Junho de 2007 18:22

Asunto: Inaugúrase a exposición "II República" no Centro Cultural Carvalho Calero noInferniño - Ferrol



O vindeiro luns día 4 de Xuño, a partir das 20.00 h., no Centro Cultural Carvalho Calero inaugúrase a exposición "II República", organizada conxuntamente pola Comisión Ferrolterra A Nosa Memoria e o Ateneo Republicano de Galicia.

O Acto de inauguración contará ca presenza de Carlos Etchevarría Vázquez, Presidente do Ateneo Republlicano de Galicia.

Pregamos a difusión e publicidade deste evento

un saúdo

Miguel Reimundez González