Sr Delegado Provincial Consellería Educación
Edif. Servizos Múltiples, 7º Andar
Salvador de Madariaga, s/n - 15008 A Coruña
Tel.: 981 184 701 - Fax: 981 184 785
Correo-e: delegado.coruna@edu.xunta.es
Carmelo Teixeiro Menéndez, con domicilio a efectos de notificacións en Rua XXXXXXXXXXXXX, Ferrol XXXX, teléfono XXXXXXXXX, na súa condición de Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no que están integradas un gran número de entidades cidadás, culturais e ecoloxistas coa finalidade desde o ano 2001 de que a Planta de Gas sitúese no seu lugar previsto desde o ano 1994 en Cabo Prioriño e que a Reganosa sexalle denegada a autorización de funcionamento, EXPÓN:
Pola prensa coñecemos que Reganosa invitar aos Institutos da Comarca para que os seus alumnos visiten as instalacións da Planta de Gas. Adxunto un recorte de prensa do Diario La Opinión de 1 de novembro no que se ve un grupo de Alumnos do Instituto Sofía Casanova de Ferrol, todos eles sen casco protector e con tenis deportivos, dentro das instalacións de Reganosa, á beira dos tanques que almacenan cada un 150.000 m3 de gas natural licuado.
Reganosa desde o mes de maio está en funcionamento en probas. O gas natural licuado é regasificado e en estado gaseoso é comprimido á presión de 80 bares (uns 81 kg/cm2) antes de ser inxectado nos gasodutos a uns 50 metros de onde ven eses alumnos na foto da Opinión. O Gas Natural Licuado non ten cheiro polo que logo de ser regasificado engádenlle un odorante, pero antes pode matar por asfixia sen que as victimas decátense diso. A Planta de Reganosa foi construída encostada a un complexo petroquímico con tanques que almacenan 280.000 m3 de combustibles: fuel, gasoleo, etc. (de metanol hai almacenados uns 15.000 m3), mais outros produtos químicos cancerigenos como o Fenol, formaldehídos etc. para a fabricación de cola de urea. Un incendio nese complexo petroquímico é fácil de que se produza e sirva de detonante para unha catástrofe que pode provocar miles de victimas
Existe un perigo e uns riscos para a poboación próxima, pero máis para quen estean dentro desas instalacións. Esas visitas Reganosa estaas utilizando como publicidade e para ?maquillar? a súa traxectoria de ilegalidades e irregularidades á conta de que os alumnos dos institutos que lles visiten afronten uns riscos que non deben soportar e que neste caso prodúcense coa finalidade torticera de mostrar a eses alumnos como ?cobayas humanos? de visita nunha instalación perigosa para dar a mensaxe falsa de que non existe perigo. Temos noticia de que hai institutos que se están negando á visita. Unha inmensa maioría da poboación de Ferrolterra rexeita a localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol.
Por todo iso SOLICITO adopte as medidas que procedan para que os alumnos dos Institutos de Ferrolterra non sexan utilizados ou instrumentalizados por Reganosa. Acompáñolle como anexo o noso boletíns últimos que lle informan sobre os efectos negativos de Reganosa para a vida humana, para a riqueza marisqueira e patrimonio histórico da Ría de Ferrol.
Sen máis reciba un cordial saúdo.
Ferrol 13 de novembro de 2007.
Carmelo Teixeiro Menéndez.
___________________
_________________
Nenhum comentário:
Postar um comentário