20080521

Argumentario que fai chegar o BNG aos Portavoces Municipais sobre a polémica do traslado da Celulosa de Pontevedra [ENCE - ELNOSA]

______________________________

SECRETARÍA DE ACCIÓN MUNICIPAL

ARGUMENTARIO POLÉMICA SOBRE TRASLADO DE ENCE

1.- Apelar á prudencia e ao rigor, non especular e menos alimentar irresponsabelmente loitas localistas.

2.- Hai que actuar con responsabilidade, discreción e prudencia. Cando exista un proxecto firme, se coñeza e se plantexen ubicacións entón falaremos.

3.- A día de hoxe o importante para nós é que existe a posibilidade de que se formalice un proxecto industrial de grande valor para o país. Un proxecto industrial:

a) Galego, con capital galego.

b) Que por primeira vez faría revertir os beneficios da enerxía eólica que produce o país nun proxecto industrial autóctono, para xerar riqueza e emprego en Galiza.

c) Que pretende non un simple traslado, senón unha nova planta que ademais complete o ciclo produtivo cunha papeleira facendo realidade unha vella aspiración.

d) Que solucionaría o grave problema de ubicación actual de ENCE, en terreos de dominio público marítimo-terrestre, nun espazo que non é apto para esta actividade e que impide o desenvolvemento urbano de Pontevedra e Marín e a recuperación e rexeneración da ría de Pontevedra.

4.- O BNG non está por cambiar un problema dun lugar a outro. Ese non é o obxectivo, hai que traballar, e nesa liña se está traballando desde o Goberno galego, por superar o problema, non por cambialo de lugar. Apóstase por un novo proxecto industrial, unha nova planta que se terá que ubicar loxicamente en espazos industriais preparados para acoller esta e calquera outra actividade industrial.

5.- Polo tanto, está fóra de lugar polemizar sobre hipotéticas localizacións sen coñecer aínda o proxecto industrial e as propostas de ubicación. O importante agora é desexar éxito a calquer intento de construír un proxecto industrial galego potente.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2007 [2008]
_______________

Nenhum comentário: