De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de Março de 2007 14:08
Asunto: MANIFESTO 4 de MARZO-07
Veciñas e veciños de Ferrol.
Por terceira vez estamos aquí para defender os espazos públicos, que son os lugares de encontro para toda a cidadanía , sen distincións de clase ningunha. E estamos aquí obrigados pola teimosía daqueles que tentan enganar á xente , dicíndolles "te escuchamos" ou dicindolles " Ferrol o único importante", cando en realidade só escoitan a voz dos seus intereses partidistas.
Como ben sabedes , os espazos públicos son a herdanza máis importante dunha cidade, neles se reflicte a calidade de vida dos veciños e veciñas. Neles acontecen os feitos máis importantes da historia colectiva da cidadanía, e é a nosa obriga e a nosa responsabilidade trasmitir esa herdanza ás futuras xeracións, a poder ser, aumentada e mellorada.
Nembargantes, algúns políticos querennos facer crer , que a calidade de vida non ten nada que ver co desfrute dos espazos públicos e das zonas verdes.
Queren facernos crer que o progreso faise unicamente a base de ladrillo e cemento, e que é necesario utilizar os espacios públicos, para construír edificios e centros comerciais, que despois entregan nas mans de empresas privadas, que acadan grandes beneficios, explotando o que é de todos e todas nós.
Nesta cidade temos exemplos dabondo. Ameazan con destruír paraxes naturais, con cambiar prazas públicas por centros de ocio privados, con demoler barrios enteiros, con cambiar centros culturais por centros comerciais…
Concretamente, na Praza de España da nosa cidade, o Grupo de Goberno do Concello está a executar unha obra ilegal nun espacio público, que é ademaís absolutamente innecesaria.
Unha obra que, de levarse a cabo, suporía hipotecar unha importante parte de aquel espazo público, por un período de 60 anos. É dicir, que durante 60 anos, ese espazo estaría roubado á cidadanía.
E, ¿cómo se xustifica semellante atropelo?
Pois dicindo que a obra é legalizable. Ou sexa, primeiro se constrúe, e despois o Plan de Urbanismo se adapta ó que xa está feito. É unha aplicación práctica da "lei do embudo", xa que toda a cidadanía debe adaptarse ó Plan Xeral de Ordenación Municipal, agás o Goberno Municipal de Ferrol que fai o que lle peta.
¡MAIS A NOSA OPOSICIÓN NON É SÓ PORQUE O EDIFICIO SEXA ILEGAL! A NOSA OPOSICIÓN É PORQUE O EDIFICIO, ADEMAIS DE ILEGAL, É ABSOLUTAMENTE INNECESARIO . ¿ Para que se precisa un edificio de oficinas nunha Praza Pública cando hai centos de locais comerciais baleiros en toda a cidade de Ferrol ?
Saudamos a resolución de Política Territorial instando ao Concello de Ferrol á paralización inmediata das obras, era o que agardabamos e era o que viñamos demandando ¡ A paralización das obras! .Pero queremos que esa paralización se faga de maneira inmediata e non que se dean tres meses de prazo o Goberno Municipal de Ferrol para a sua paralización. Este prazo de tres meses dado pola Xunta de Galicia, máis parece tira-la pedra e esconde-la mán. ¿ Por qué un prazo de tres meses?.
Pero que quede claro.
¡ LEGAL OU ILEGAL, NON QUEREMOS NINGÚN EDIFICIO NA PRAZA!
Estabamos en contra do edificio antes da resolución de Política Territorial, e estaremos en contra do edificio se algún día fose legal construir un edificio na Praza de España.
Non Sr. Juncal, non Sr. Fernández. Non queremos que sigan regalando o patrimonio público a empresas privadas .
Non queremos un urbanismo que consista na expoliación dos espazos pertencentes ó pobo mantidos xeración tras xeración, co esforzo de todos e de todas.
Os ferroláns e as ferrolás queremos que se reurbanicen e melloren as prazas e rúas da cidade, que sexan accesibles e compartibles por toda a cidadanía e non couto privado de negociantes desaprensivos. Queremos que a prioridade número un do urbanismo municipal sexa a mellora das rúas e prazas, as zonas verdes e deportivas, os xardíns e os parques urbanos.
Queremos que se remate de maneira inmediata a tapa do aparcamento da Praza de España para poder desfrutar dela, vostedes saberán por que nono fixeron en catro anos
Sr Alcalde cumpra Vostede co que promete : Escoite á cidadanía que lle está a decir que non quere edificios na Praza de España, nin máis altos nin máis baixos. Ningún edificio na Praza de España.
Faga caso da resolución da Xunta de Galicia e paralice inmediatamente as obras do Hito Emblemático, non agarde os tres meses, fagao xa.
Sr. Alcalde non agarde a que sexa a Xustiza quen lle obrigue a paraliza-la obra fagao Vostede xa.
¡NON Ó EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA!
¡NON ÓS USOS PRIVADOS DUN ESPAZO PÚBLICO!
¡PAREN AS OBRAS XA!
MARZO DO 2007.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Nenhum comentário:
Postar um comentário