20070524

Escrito de autoinculpación evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOS: Procedemento abreviado nº 443/2007

AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL

Procedemento abreviado nº 443/2007

D/Dª________________________________________, maior de idade, con DNI ____________, e domicilio en rúa __________________________________, Concello de _________________, código postal __________, como mellor proceda en Dereito, DIGO

1º) Que teño coñecemento do procedemento abreviado nº 443/2007 que se instrúe nese Xulgado contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, don Bernardo Bastida Sixto, e vintecinco mariscadores máis, por un presunto delicto ou falta de desobediencia á autoridade; consecuencia dos feitos acaecidos nos primeiros días do presente mes de maio, e dentro da mobilización cidadá que pretendía evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOSA en Mugardos. Tal movilización cidadá fíxose polo seguinte:

1. A entrada na Ría de Ferrol do Galicia Spirit incumpre a norma UNE EN 1532 sobre saída de emerxencia o mar en caso de accidente. Tamén a movilizacion cidadá fixose para denunciar publicamente que a Planta de Gas de Reganosa incumpre o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que require un mínimo de dous quilómetros ata o núcleo de poboación agrupada máis próximo; ademais pola inexistencia de estudio de impacto ambiental, inexistencia de plan de emerxencia e evacuación en caso de accidente na planta ou no buque, feitos que imposibilitan a concesión da licencia de obra e actividade da mesma. Dita mobilización cidadá culminou o día 9 de maio ca entrada do buque gaseiro na ría de Ferrol, con forte e violenta intervención das forzas antidisturbios i escolta da Garda Civil do Mar.

2. Que tal saída de emerxencia o mar aberto e un dos condicionados da autorización de construcción que Reganosa ten sen resolver, ademais doutro condicionado tamén sen resolver dun dictame de seguridade que acredite a distancia suficiente ata as poboacións próximas a fin de que non sufran riscos que no deben soportar, segundo require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, segundo tamén recordan os escritos de 22 de Xaneiro e 22 de marzo de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, organismo competente en Galicia para aplicar o devandito artigo 12 do R.D. 1254/99, segundo o artigo 3 do Decreto autonómico 277/2000 de 9 de novembro (DOG 229 de 27 de novembro).

3. Que non é legal a “Acta de posta en servizo parcial para probas durante tres meses”, asinada o 4 de maio de 2007 por Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Enerxía e Industria, Rúa Durán Loriga nº 9-1º, A Coruña, organismo provincial do Ministerio de Industria e competente para outorgar a acta de funcionamento de Reganosa, (artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro), pero que non tivo en conta que Reganosa aínda non rematou as obras e que non ten resoltos todos os condicionados de seguridade para a poboación aos que está suxeita a súa autorización de construcción de 13/2/2004, outorgada pola Dirección Genenal de Política Energética y Minas, dependente do Ministerio de Industria, por todo isto a entrada do gaseiro Galicia Spirit e ilegal

2º) Que eu, en defensa da vida, da riqueza marisqueira da Ría de Ferrol e da legalidade, participei libre e voluntariamente no bloqueo por mar do buque gaseiro Galicia Spirit no seus intentos de entrar na ría de Ferrol os días 6 a 9 de maio pasado, sendo o meu único obxectivo, e dada a conculcación da normativa vixente, polas Administracións implicadas, facer cumprir a mesma.

Por todo o exposto SUPLICO ao Xulgado que teña por presentado este escrito, uníndose ao procedemento antes referido e sexa chamado ó mesmo en calidade de imputado.

Ferrol a ______ de maio de 2007
Sinatura

Nenhum comentário: