20080407

Proposta para o debate en Asemblea da Rede "Galiza Non Se Vende": Documento Refundido de Organización e Bases

GALIZA NON SE VENDE
Documento Refundido de Organización e Bases


1. ORGANIZACIÓN


Estrutura

Asemblea Nacional de Colectivos (ANC)

Realizarase cada 2 meses de maneira ordinária, ou ben en sesión estraordinária cando asi o soliciten un mínimo de 10 colectivos ou a Coordenadora Nacional.

Coordenadora Nacional (CN)

Estará formada por 6 persoas escollidas na ANC e cada seis meses será renovada a metade da mesma de maneira que ao ano estea feita a renovación total.

Área Informática

O mantemento da páxina web e a lista do correio, precisa dunha atención continuada, polo que xa existen agora os seus responsabeis. A lista dos correios é unha ferramenta fundamental para o intercambio e posta en común das diversas iniciativas e debates entre asembleas, polo que a participación na mesma e fundamental. A paxina web precisa tamén da aportación dos diferentes colectivos, enviando o que consideren, sempre acolléndose aos critérios marcados polo Documento de Bases.


Funcionamento e responsabilidades

1. Asemblea Nacional de Colectivos
  • Rexerase por un procedimento asembleária, plenamente democrático e na que participarán só os colectivos integrantes da RGNSV.

  • A ANC estará aberta a todos os integrantes dos colectivos que a compoñen, mais na toma de decisións so contará un voto por colectivo.

  • Os acordos da ANC serán por mairoría dos colectivos presentes na mesma, sendo necesária a presenza física para participar e votar.

  • A ANC é o único órgano da RGNSV con capacidade de decisión para marcar a estratéxia e o calendário de actuación en función do Documento de Bases acordado.

  • As decisións tomada na ANC serán vinculantes para todos os colectivos que formen parte da rede.

  • A ANC potenciará o traballo dos diferentes colectivos, axudándolle no que sexa preciso coa fin de apoiar as accións que aqueles desenvolvan na defensa da nosa terra.

  • A ANC promoverá a criación de asembleas comarcais ou locais (ali onde sexa posibel) coa fin de relacionar e optimizar as forzas e posibilidades dos diferentes colectivos dunha zona que estean en luita.

  • A ANC promoverá a criación de comisións sectoriais para achegar documentación formativa e asesoramento ao conxunto da rede.

  • A ANC decidirá sobre a entrada de colectivos interesados en formar parte da rede. Deberán facelo por escrito adxuntando unha breve explicación das súas actividades e unha declaración de non formar parte de ningunha organización política ou sindical.

  • A ANC decidirá sobre a posibel expulsión dos colectivos que non cumpran co Documento de Organización e Bases, escoitando previamente os argumentos dos mesmos.

  • A ANC acordará a aportación económico de cada colectivo, que será igual para todos eles.

2. Coordenadora Nacional
  • A CN desenvolverá as súas actividades cinguínduse escrupulosamente ao Doumento de Organización e Bases da RGNSV. O seu traballo asentase sobre a confianza mutua de todas e todos que conformamos a rede.

  • Será tamén función da CN o seguimento entre asembleas de todas as actividades da rede, verificando que todo se desenvolve en base ao acordado na ANC.

  • Coordenará cada ANC mediante: realización da orde do día (incluindo as propostas dos colectivos), moderación da mesma; recollida en acta dos colectivos asistentes á asemblea, os acordos tomados e o resultado das votacións se as houbera.

  • Elevará propostas á ANC de todo tipo, especialmente no campo do asentamento da RGNSV en toda Galiza, promovendo a coordenación, relación e intercambio de inciativas e experiencias entre os diferentes colectivos da rede.

  • A CN será a encarregada de expresar diante dos medios de comunicación a opinión da RGNSV nos temas xerais, incorporando cando fora preciso a colectivos da rede nos temas máis concretos.

  • Nos casos de intervención rápida como a resposta a un tema concreto, a CN recabará dos colectivos integrantes da rede o seu parecer, e a decisión será tomada en base á opinión maioritária.


2. BASES

  • Galiza Non Se Vende é unha rede de diversos colectivos que se organizan asembleariamente nunha estrutura cinguida ao ámbito territorial galego, na que cada colectivo no seu nome, ten plena autonomía para desenvolver o seu traballo. Mais a rede no seu conxunto, é a auténtica protagonista naquelas convocatórias, opinións ou mobilizacións de caracter nacional, asumindo ademáis ese protagonismo en todas aquelas decisións que asembleariamente se decidan.

  • A RGNSV exercerá presión sobre todos os poderes públicos e promoverá a definición dun modelo de desenvolvemento económico sutentable, e dun plano de ordenación territorial que contemple e respecte as reivindicacións e os intereses do pobo galego, por enriba de calquera interese económico, rechazando as políticas públicas que poñen os intereses privados por diante do interés público.

  • A RGNSV potenciará a sensibilización do povo galego mediante a información, a mobilización e a denuncia, de cara a formalizar unha base social responsabel e consciente, potenciando a nosa dignidade como povo e o activo solidario de cada colectivo para afrontar a luita conxunta en defensa dos intereses da terra.

  • Galiza Non Se Vende é un organismo reivindicativo e mobilizador, e polo tanto non terá nunca a función de pactar ou negociar no seu nome, nada coas administracións públicas, responsabeis políticos ou empresas privadas.

  • Na rede non poderán estar integrados partidos políticos nen sindicatos, e nengún organismo dependente dos mesmos.

  • Non se aceitarán colaboracións de grupos empresariais de calqueira tipo, nen axudas ou subvencións de organismos públicos.

  • A defensa da terra implica a defensa da nosa identidade, e polo tanto o galego será a língua oficial da rede, tanto no seu funcionamento interno (documentos, propostas, etc.) como públicamente. A rede promoverá que todos os colectivos que a integran asuman este principio tamén na súa proxección pública.

  • O soporte económico da rede basearase única e exclusivamente na aportación de cada colectivo, que se decidirá na ANC.
______________

Enlaces relacionados:
___________________

Nenhum comentário: