20060624

Festival do Río Castro 2006


Este Sábado, 2 de Xuño, hai unha cita en San Sadurniño, no lugar da Bola, na ribeira do Río Castro e perto do Castelo de Narahío, estamos falando do Festival do Río Castro. Unha cita festiva e de lecer, coa música, os jogos e a gastronomía, mas tamén con a reivindicación ecoloxista e a conservación do patrimonio histórico. A veciñanza da parroquia de Narahío, organizada hoxe na Asociación Veciñal O Castelo, pretendían coa realización deste festival, hai xa 13 anos, chamar a atención polo deterioro e contaminación do río Castro, afluente do río Xubia. A restauración do castelo medieval foi outra das súas reivindicacións, até editaron un estudo do mesmo en forma de libro [*] para a divulgación do patrimonio histórico que posee o lugar.

Mais o Festival ten, tamén, outras reivindicacións que non están reñidas coa diversión, como son a defensa da nosa lingua, a recuperación dos xogos populares e tradicionais, e a música e baile tradicionais, sen faltar nunca grupos inovadores e de fusión.

Nesta edición, XIII, contará con a presenza de Pulalhe o pé, Xochilmica, Os Carunchos e A Matraca Perversa que amenizarán musicalmente a noite.

Tamén estará en Narahío, a charanga Cantigas e Agarimos de Santiago mentras discurre o jantar popular e o concurso de merendas.

O grupo de animación infantil Sapo e o grupo Picompé organizarán xogos, espectáculos de mimo, malabares e globoflexia.

Xa pola tarde comenzará o concurso de xogos e deportes populares con serrado de tronzador, tirando da corda ou petando na chave.

Os artistas Leandro Lamas e Carlos García realizarán un mural que terá o Castelo de Narahío como protagonista.

[*] Narahio, un castelo medieval. M. Piñeiro / A. Veiga Ed. A.VV. O castelo. Galicia

<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Nenhum comentário: