Estamos nunha encrucillada, logo de ser unha entidade que tivo certo protagonismo na vida asociativa e reivindicativa desta comarca. Principalmente no ámbito do concello de Ferrol. Pasa o tempo e non damos atopado o noso lugar dentro do movimento social que actua no noso contorno. Sexa polo protagonismo que a oposición a REGANOSA necesita ou por causas internas a nosa própria situación como modelo organizativo e sociopolítico. E por isto polo que, logo de varias reflexions e debates nas diferentes reunions que mantivemos desde o pasado 27 de maio, decidimos afrontar esta nova situación e plantar-lle cara com todas as consecuencias.
Este documento é o resultado dos diferentes debates e reflexións aos que antes facíamos mención. Pretendemos un xeito de debate coas diferentes entidades que conforman e “participan” como tais na PA21 que sexa individualizado con reprersentantes de cada entidade, logo realizaremos unha Asembleia Xeral. As pesoas que participarían no debate serían as que conformam a Xunta Coordenadora Aberta.
Os primeiros pasos sería a elaboración do Documento para o qual xá se apresenta um borrador-guiom e un calendario de xuntas, da própria Xunta Coordenadora e da Xunta Coordenadora coas diferentes entidades, para o qual é necesário contactar directamente coas pesoas que as representan.
Pontos para o Documento:
1º .- Que é a Plataforma Ártabra 21 ?
2º .- Como se xestou ?
3º .- Memória de Actividades.
4º .- Eleicións Municipais 2007.
5º .- A loita contra a planta de gas de REGANOSA.
6º .- Período de adaptación á nova situación.
7º .- Propostas ante o novo período:
a) Seguir como até agora.
b) Disolución
c) Constituir un colectivo
1.- Que é a Plataforma Ártabra 21?
A PA21 é unha entidade que agrupa a 15 colectivos e organizacións da comarca, e que permite a pertenza á mesma de persoas a titulo individual. A PA21 nace en 29 de maio de 2006, coa pretension de permanencia, é por iso polo que se dopta dun programa estratéxico e vai elaborando o táctico de asembleia en asembleia, en forma de resolucións. A PA21 ten un funcionamento asemblear e procura decidir por consenso. As asembleias son cada mes e entre asembleia e asembleia funciona unha Xunta Coordenadora que se reune como mínimo unha vez entre asembleias; funciona como o orgánismo que efectiviza os acordos asamblearios e á vez funciona como unha especie de permanente.
2.- Como se xestou a PA21 ?
A PA21 nasce em Maio de 2006, logo dun proceso de debate de vários meses. A iniciativa xurde dunha asemblea pública da Comunidade Menáncaro, á cal asiste Amadeo da Asociación Veciñal San Fernando e Colectivo Veciñal de Recimil que propom a unidade de acción de todos os colectivos que estabán daquela en conflito e tiñan importantes demandas contra o goberno municipal do PP-IF. A Comunidade Menáncaro, Colectivo Veciñal “Praza de Sartaña Sempre Pública”, Comisión Veciñal pola Recuperación de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Recimil, Plataforma en Defensa dos Montes de Brión e Leixa e Plataforma na Defensa do Transporte Público e Alternativo; respostáron á chamada da unidade, mas tamén organizacións ecoloxistas interesan-se pola iniciativa [SGHN, ADEGA, VERDEGAIA, FUSQUENLLA , LAPIS VERDES, ...] e culturais [Ateneo Ferrolán, Fundaçom Artábria, AC “Fuco Buxan”, ...], também aparecen en escena organizacións políticas [Nós-UP, Esqueda Unida, Unión Libertaria, ...] e as asociacións veciñais “Fontelonga” de Esteiro e “O Rosario” do Inferniño. Miguel Raimúndez, de Ferrol Vello, elabora o primeiro borrador do documento de mínimos. Despois de debati-lo queda claro de que non se ía particiar nas eleicións municipais. No debate de se debían ou non estar os partidos políticos, pois o borrador inicial contemplaba o carácter apartidario da Plataforma na Plataforma hai discrepancias que se susanan ao abandoar a Plataforma algumhas das organizacións que se opuñan á entrada dos partidos. Acorda-se un documento final logo de vários cámbios e contributos significativos ao borrador inicial.
3º.- Memória de Actividades.
- Pronunciamentos públicos, apoios a diferentes colectivos e loitas.
- Asembleas xerais.
- Aloita contra a Planta de Gás
- A loita contra o proxecto de minipiscina e edififício que pretendia sacrificar a Praza Pública de Sartaña, para beneficios privados.
- A loita pola reabilitación do bairro de Recimil.
- A loita pola defensa da Fraga de Menáncaro.
- Aloita da Comisión Cidadán pola Reacuperación e Rehabilitación de Ferrol Vello.
- A loita pola defensa dos montes de Brión e Leixa.
- A loita pola defensa da Praza da Porta Nova, contra a especulación e a usurpación dos espazos públicos.
- Na defensa da veziñanza expropiada de Canido.
- As mobilizacións e actividades.
4º.- Eleicións Municipais 2007.
O que significaron as Eleicións Municipais do 27 de maio de 2007, de punto de inflexiom para a PA21. O cambio de goberno no concello de Ferrol veu supoñer a paralización de muitos dos despropósitos urbanísticos que defendia a dereita quando era maioria no Pleno Municipal. Hai un cambio importante na Casa do Concello e nas políticas que non satisfacen as nosas aspiracións, mas que sin paralizan ao corpo social e asociativo que apoia o proxecto da PA21.
5º .- A loita contra a planta de gas de REGANOSA.
A participación da PA21 nesta loita.
6º.- Período de adaptación á nova situación.
Neste novo período despois das Eleicións Municipais de maio, o barco da PA21 queda atracado, ao asumir as principais reivindicacións que nos mantiñan en actividade o novo goberno municipal. Esta asunción das reivindicacións por parte do goberno municipal non está esenta de contradicións.
Despois dun período de reflexión, un verán polo medio, ve-se que non hai unha boa resposta ás convocatorias, ainda que con sinceridade, a resposta foi moi desigual ao longo das outras convocatorias amnteriores ás eleicións., mais é significativo a falta de interese pola maioria de organizacións e colectivos que asinárom a constitución da PA21.
7º.- Propostas ante o novo período da PA21:
a) Seguir como até agora.
b) Disolución
c) Constituir un colectivo
a) Seguir como até agora.
Non hai posibilidades de funcionar como PA21 que agrupa a várias organizacións e colectivos, se estas mesmas non participan nen teñen interese. Non ten sentido continuar como unha grande Plataforma con aspiracións tan amplas como as que ten a PA21 e que non haxa unha resposta real ante estas aspiracións.
b) Disolución.
A disolución non é desesábel, mais torna-se necesaria se non queremos morrer por inanición. Desde que se realizou o Paseio polos Despropósitos Municipais, a PA21 non volveu dar sinais de existencia, estamos falando do 20 de Maio de 2007. Houbo diversas reunións mais sen quórum suficiente. A PA21 xá non é o que foi no seu momento. Se segue sen haber participación, non nos quedaría outra alternativa mais que a disolución.
c) Constituir un colectivo.
Constituir-se en colectivo cunhas aspiracións mais modestas, pode que sexa a solución mais axeitada, pois seria recoller a herdança da PA21 e manter unha chama acesa como um observatório que denúncie e se é o caso, mobilize e formule alternativas. Participe en pé de igualdade con outros colectivos e organizacións. Así como manter unha actividade de integración na Rede Galiza Non Se Vende, No Foro Social Galego, no caso de se constituir, asín como na Asemblea Cidadá e a Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
_____________________
Enlaces Relacionados:
Documento Constituinte da PA21
Relación de colectivos, asociacións e organizacións que forman parte da Plataforma Ártabra 21
_______________
Orde do Día da Asemblea Xeral da PA21:
Ponto Único:
Análise Organizativa, da participación e da actividade da PA21. Ratificación, Disolución ou Reformulación do Proxecto.
Varios:
- A Rede Galiza Non se Vende e a manifestación do 17 de Febreiro.
- As contas da PA21.
- A acción Global do 26 de xaneiro de 2008 e a constitución do Foro Social Galego.
- Outros
_____________________
Nenhum comentário:
Postar um comentário